Skip to Content

"Páxina non atopada".

Cando saín da páxina do centro saíume a mensaxe "Páxina non atopada". Non se ve ningún menú nin contido. Cando entro como administrador ou usuario vexo os contidos e os menús, pero se premo en "inicio" volve a saír "Páxina non atopada. Que está pasando. É un problema de permisos?

Cambio do Tema

Nestas que fixemos un cambio de tema sen ter o coidado de velos bloques activos, non sei como pero o cambio afectou tanto a vista do usuario como o de administrador co caldesapareceu o panel de administración. Tratei de acceder mediante centros.edu.xunta.es/miinstituto/system/admin, permíteme colocar o meu nome de usuario e contrasinal pero na páxina non aparece o panel. Cómo podemos solucionalo?

Páxina non atopada : páxina de inicio.

Efectivamente vemos que no voso centro sae a mensaxe páxina non atopada:

Os permisos están correctamente xa que non os modificástedes. Pero o que si se modificou foi a páxina de inicio na ruta: Inicio » Administrar » Configuración da páxina , na Información da páxina:

No recadro ten que ter unha exprexión coñecida por drupal, un nodo recoñecible (node, taxonomy_menu/3/16, ...). Vostedes tiñan un url tipo: http://centro.edu.xuta.es, e eso non é un nodo ou contido de drupal



forum | by Dr. Radut