Skip to Content

Crear enquisas con varias preguntas

Queremos crear unha enquisa con diversas preguntas nunha soa páxina,e que se faga o reconto final de datos ¿pódese facer con drupal?. Teño entendido que co moodle necesitaríamos un módulo chamado feedback que non temos instalado ¿poderíamos instalalo? Grazas

Enquisas

En Drupal hai as Webform que son formularios que poden ter varias enquisas na mesma páxina e logo podemos observar os usuarios que participaron e os resultados.

 Efectivamente, en Moodle existe o módulo Feedback que fai enquisas de distintos tipos e logo o administrador e usuarios poden ver os resultados

En moodle xa hai unha enquisa que na mesma páxina só permite unha pregunta, pero poden engadirse tantas enquisas como se queiran nun mesmo curso.

Realmente non se considerou a consulta tipo feedback necesaria. Se a considerades imprescindible habería que engadirlla aos centros que a quixeran e na próxima actualización tela en conta.

Se vos a engadides, logo non vos poderiamos facer a actualización xa que nos daría un erro e non poderiamos ir buscando en cada centro que módulo foron engadindo pola súa conta.



forum | by Dr. Radut