Skip to Content

Integración das buscas en Google e en Drupal

Google ofrece o código para incrustar nun espazo web de xeito que apareza unha caixa de busca e a posibilidade de buscar en Internet ou no propio espazo web. Nós probamos a meter este código nun bloque de Drupal pero non atopa nada no interior da nosa web, a pesar de que a páxina principal está de primeira nos resultados cando escribimos "cpi feal". Así que a solución sería facer visible a caixa de busca interna de Drupal, pero o ideal sería integrar os dous servizos na mesma caixa. Deixo o código de Google con busca interna e externa por se algún programador é quen de combinar a busca externa de Google coa busca interna de Drupal, non debería ser tan complicado:
Google
En Internet
Neste espazo web


forum | by Dr. Radut