Skip to Content

Novidades de Drupal 5.7

Agradeceríamos que fixérades unha pequena guía para explicar o uso das novidades en Drupal: reproductores (mp3, flv, mov), nice menus, paging... Por exemplo, estivemos loitando co "1 Pixel Out" para reproducir mp3 pero non hai forma. Cando o poñemos como reproductor predeterminado da error. Podemos recurrir ao reproductor de flash que si funciona, pero o ideal sería utilizar cada cousa para o seu. Tampouco vemos a forma de centrar os reproductores nas páxinas web.

Cambios na creación de menús?

Antes de nada grazas polas tres respostas e aclaro que a configuración por defecto dos novos reproductores os ten desactivados e sigo sen facer que funcione o "1 Pixel out". Por outra parte, quixen facer un novo bloque co seu menú, seguindo os intrincados pasos de sempre, e non puiden: - engadín unha nova categoría - engadín os seus termos - e cando engadín un novo menú co mesmo nome que a categoría non pasou o de sempre: o novo menú aparece ao principio da lista e non dentro de "Navegación", de xeito que non é posible asignarlle a categoría creada inicialmente. Hai que cambiar de procedemento co novo Drupal?

Menús (cambios no "Taxonomy Menu settings")

Agora hai que facer un paso máis.

Fixeches a categoría e os termos correctamente, pero agora engádeselle un paso máis.

Hai que ir a configuración do Taxonomy Menu settings (Administrar > Configuración da páxina > Taxonomy Menu settings ) e alí activar o menú creado como Normal.

Loga xa che vai aparecer na configuración dos menús e procedes como sempre.

Se te fixas, agora entre as configuracións do Taxonomy Menu settings tamén podes optar pola de que non se mostren os menús que non teñen asociados contido.

Creo que xa detectamos o problema na actualización do Moodle e parece que o voso espazo xa funciona correctamente.

Moitas grazas pola colaboración

Un saúdo

 

Bloques, menus, categorías

Levo dous días intentando crear un bloque, estou un pouco desesperada. COnsigo ver o bloque, pero de ahí non paso o paso da navegación non me sae, algo falla.Necesitaba unha ruta para torpes.Ë como si fixera todas as cousas pero sin enlazar. Outras veces si fun capaz de facelo. Moitas grazas Ana Piñeiro Frian -Teis. Vigo

Como crear un novo bloque paso a paso.

1. O primeiro paso será a creación dunha Categorías (p.e. Inventos) e dos seus termos (Antigos, Modernos).

2. Un segundo paso é a creación dun menú que deberá ter o mesmo nome que a categoría creada no paso anterior (Inventos). Aínda que non é obrigatorio que se teña que chamar igual, este feito facilitará moito as labores de administración e mantemento da páxina, sobretodo para o futuro. IMPORTANTE: simplemente teremos que crear o menú e non deberemos de engadir ningunha opción de menú.

3. Agora deberemos de realizar a "conexión" entre os dous pasos anteriores, de tal xeito que teremos que asociar a categoría co menú correspondente (categoría <=> menú). Antes de nada debemos de indicarlle á plataforma que a categoría creada no paso 1 vai a "convertirse" en menú. Para isto deberemos de ir á opción Administrar > Configuración da páxina > Taxonomías - Menú. Neste apartado observaremos todas as categorías do noso sitio Web e todas elas presentarán dúas opcións para seleccionar: Non ou Normal. Por defecto está seleccionada a opción de Non, o que indica que esa categoría NON vai a converterse en menú (e dicir, non poderemos crear un menú con ela). A opción que nos interesa seleccionar é Normal, para que deste xeito esta categoría se poida converter en menú. [Este paso é unha novidade que presenta o Drupal a partires da versión 5.7, actualizada recentemente].

4. Imos ao apartado Administrar > Construcción da páxina > Menús. Nesta sección buscaremos o menú de Navegación (o último da lista)  e nel buscaremos a categoría creada no paso 1 (neste caso a categoría "Inventos"). Observaremos que dela xa colgan os termos correspondentes creados tamén no paso 1. Prememos sobre o botón Editar situado na fila da categoría e, unha vez na ventana de edicición, buscaremos na opción "Elemento pai" o menú que lle corresponde (Inventos), creado no paso 2. Comprobamos que as dúas opcións seleccionadas coinciden (Inventos <=> Inventos) e prememos sobre o botón "Enviar".

5. Unha vez asociados a categoría co seu menú, na lista de menús iremos sobre a liña da categoría para premer agora sobre a opción "desactivar" para evitar que posteriormente se repitan na páxina o nome do Menú e o nome da Categoría.

6. Finalmente iremos a opción de Bloques para decidir onde queremos situar o novo bloque que xa aparece automaticamente e leva o mesmo nome que o menú creado no paso 2 (Inventos). Decidimos entón se o situamos no lateral dereito, esquerdo... así como o peso que debe ter para posicionalo máis arriba ou abaixo na web.

Con isto xa temos o proceso concluído e xa debe de aparecer na nosa páxina.

Posteriormente quedaría o tema dos permisos, xa que unha vez creado un novo menú (categoría, termos, menú e bloque) deberemos de ir ao apartado Administrar > Mantemento de usuarios > Taxonomy Access: permission para determinar e establecer os permisos que terán os diferentes roles que teñamos creados para acceder a esta sección.

Agardamos que esta información lle sexa de utilidade e aproveitamos para adiantarlle que proximamente ofreceremos esta e outra información sobre a administración dos espazos Drupal no portal do proxecto: http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/.

Moitas grazas e un saúdo.

Grazas

Xa probei o novo procedemento para a creación de menús e funciona, ainda que é verdadeiramente laborioso, menos mal que non temos que crear menús todos os días!. En fin, por suposto que vós non tedes a culpa. Tamén comprobei que o noso Moodle xa carga todas as imaxes. Moitas grazas por todo e seguiremos "testeando" os novos sistemas para avisar de posibles problemas. Angel

Manual

Aínda non rematou o proceso de actualización e non se puxo o manual das novas funcionalidades.

De todos os xeitos os módulos SwfTools e Pagins xa van configurados por defecto na actualización.

Co módulo swftools pretendemos que se reproduzcan automaticamente os arquivos adxuntos nunha páxina se son en formato mp3 ou flv.

Esperamos rematar o máis pronto posible coa migración e achegaremosa información sobre os novos módulos



forum | by Dr. Radut