Skip to Content

Ventana de vídeo non desexada

Engadimos como contidos dúas imaxes (unha foto do instituto e un mapiña de Google Maps) e aparécenos, antes das respectivas miniaturas, un control como para visualizar un vídeo ¡ISO SÓBRANOS! Tamén preferiríamos que non saíra a miniatura, senón directamente a imaxe en tamaño normal. Como está publicado na portada, é doado de comprobar in situ: http://centros.edu.xunta.es/iesagraderaices Xa supoño que son dúbidas de "pouca entidade" pero por agora estamos arrancando e temos que facer todo polo método de "ensaio e erro" e polo método "axudádenos, por favor!". Manuel Carande

Solucionado.

Ola Manuel.

O tema xa quedou arranxado. O que pasaba eran dúas cousas:

1. Por unha banda a imaxe estaba publicada como tipo de contido Imaxe, por iso creou e metía unha miniatura, e ao premer sobre esta accediamos á imaxe orixinal.

O que fixen foi publicar un contido de tipo Páxina e nesta páxina engadín a imaxe que tiñades da entrada do voso centro.

2. Por outra banda, o módulo de subir videos e audio (multimedia) estaba configurado para que tamén interpretase as imaxes, por iso aparecía unha ventana como para amosar un vídeo.

Agora xa quedou ben configurado para que ao subir imaxes non volva a pasar esto.

Un saudo.

Moitas grazas, así dá

Moitas grazas, así dá gusto. Eu apunteime no cursiño de Drupal, Coppermine, etc, pero non me aceptaron. Un saúdo. Manuel Carande

Gracias

Nós, de momento, non sabemos nada desos curso.

Estamos á vosa disposición

Un saúdo

----------

Pablo Nimo Liboreiro
Asesor de Sistemas Informáticos - Zona Noia



forum | by Dr. Radut