Skip to Content

Configuración RSS

¿Cómo podo facer para que O RSS recolla calquer tipo de contido novo que se publique na nosa Web? Un saúdo.

Configuración dun bloque con RSS

Podedes consultar o contido: Configuración dun bloque para a presentacion de Novas a través de RSS  

Asesor SIEGA - Noia  

Configuración RSS

Ola compañeiros.

Si mal non entendo o que queredes é que un software de xesión de noticias RSS recolla as novas da web do centro.

Neste caso o que temos é o seguinte:

1.- Configurar o programa de xestión de novas co enlace que nos proporciona a plataforma Drupal.

Cada vez que premedes nun menú da vósa páxina, aparece abaixo á esquerda un cadrado laranxa. Poñendo o rato enriba e premendo no botón dereito do rato poderemos copiar a dirección do enlace: "copiar a ruta do enlace".

Esa será a ruta que teñamos que introducir no noso lector RSS

2.- Lanzar o CRON manualmente: para que o drupal emita noticias é necesario lanzar o CRON manualmente. Por norma xeral este proceso é automático pero por motivos de seguridad a Consellería teno limitado.
Cando lanzamos o CRON estamos activando unha lista de procesos pendentes como poden ser as notificacións ó correo electrónico que non estuveran activadas ou a emisión de novas novas a traves da canle RSS.

NOTA: Na categoría Departamentos da web do voso centro non poderedes facer isto xa que está configurado todo como un mesmo contido tipo "libro". Esto tamén é un problema de por si xa que se perden funcionalidades dinámicas como os permisos, visións ou tamén sindicación RSS.

Espero servirvos de axuda, pero si quedou algunha dúdida aquí estamos.

Un saúdo

 

Asesor SIEGA - Noia



forum | by Dr. Radut