Skip to Content

Video streaming

Tentei por varias veces inserir un video en modo streaming na nosa páxina, seguindo paso a paso o que indicades no titorial, pero non sei o que pode fallar, que non son quen de conseguilo. -Paso o video a .FLV -Baixo e descomprimo o arquivo do que dades o enlace -Sigo os sete pasos. Edito o arquivo .txt -Subo a carpeta comprimida cos cinco arquivos a files de Drupal, mediante net2ftp -Pego a etiqueta, cambiando "webdocentro", pola nosa propia. Pero non me aparece nin a ventá do reproductor. Agradecería a vosa axuda.

Video

Dende o verán pasado, xullo do 08, colocar un video é moito máis doado.

Simplemente tes que adxuntar o flv nun contido tipo páxina e xa xe aparece automáticamente a ventá de reproducción e drupal.

Resumindo:

1-Video flv

2-Creo contido páxina (título, texto e lugar de publicación)

3-Adxunto video flv

4-Envio

Xa se tería que ver o video

Novo método de introducir flv

Teño a plantilla danger4k e este novo método que decides de crear contido e adxuntar flv non me funciona, ¿faltaralle algunha cousa na configuración da plantilla? Por outra banda a barra lateral dereita quedase na dereita pero máis abaixo da páxina de inicio en determinados ordenadores aínda que teñan a mesma resolución, que está a pasar?

Video

O de adxuntar videos FLV xa o viña facendo. O que quero é que a ventá do reproductor non apareza de cor negra, senón que se poida editar esa portada. Graciñas.

video

Adxuntar un video FLV, sen máis, xa o vimos facendo. O que queremos é poder modificar, segundo o noso desexo, a portada negra que aparece no reproductor. O que ao parecer faise desde "video streaming".


forum | by Dr. Radut