Skip to Content

Subir documentos PDF

Gustaríame saber como podo subir documentos en formato PDF. Por ex.: o impreso oficial de admisión de alumnos na sección de Secretaria.

Adxuntar arquivos

Adxuntar arquivos:

Na parte inferior da páxina de edición do noso contido podemos atopar un enlace que di Ficheiros adxuntos. Premendo sobre este enlace aparece unha casilla xunta a un botón Examinar que nos permite buscar o arquivo que desexamos adxuntar navegando polas carpetas do noso ordenador.
Unha vez localizado o arquivo prememos sobre o botón Adxuntar e empezará a carga do arquivo. Esta carga pode levar máis ou menos tempo dependendo de diversos factores: tamaño do arquivo, velocidade da conexión de rede, ...
Cando a carga finalice aparecerá unha liña onde podemos ver información sobre o arquivo e xunto a el podemos ver dúas casillas: Borrar (desmarcada) e Lista (marcada), como se aprecia na seguinte imaxe.

Listar arquivos adxuntos:

A casilla Lista que aparece marcada por defecto no momento de subir o arquivo significa que os arquivos que xuntemos na páxina que estamos editando aparecerán nunha lista ao pé da páxina.
Se desmarcamos esta opción de Lista, o arquivo seguirá estando adxunto á páxina só que non aparecerá ningunha referencia ao mesmo.
O marcar ou desmarcar esta casilla Lista pode ser unha boa opción para amosar ou ocultar un arquivo adxunto. Se queremos que esté dispoñible debemos de marcar a casilla e se queremos ocultalo abondará con desmarcar a casilla.
A outra casilla, opción Borrar, é obvia: se a marcamos eliminaremos o arquivo adxunto e xa non estará dispoñible en ningún momento.

Enlazar arquivos adxuntos mediante hipervínculos:

Outra opción que se pode utilizar é a de crear un hipervínculo ao arquivo adxunto. Isto permite que o enlace ao arquivo esté dispoñible desde onde decidamos e non só desde o pé da páxina en forma de lista.
Debaixo da descrición do arquivo adxunto podemos ver a ruta do mesmo. Para crear un hipervínculo deberemos de copiar esta ruta e empregala como destino do hipervínculo.
Se creamos un hipervínculo a un arquivo adxunto, este enlace funcionará independentemente de que o arquivo adxunto teña ou non teña marcada a casilla Lista vista no punto anterior.
Na seguinte imaxe podemos observar un contido que presenta o arquivo adxunto tanto listado ao pé da páxina (opción Lista) como enlazado desde unha frase do propio contido mediante un hipervínculo.



forum | by Dr. Radut