Skip to Content

Problema co rexistro na aula virtual do alumnado con contas en hotmail

Veño de comprobar que cando un usuario quere rexistrarse empregando unha conta de correo de hotmail, por exemplo (non comprobei outros servidores, agás edu.xunta.es, que non dá problemas), a plataforma indica que se envía o correo coas instruccións de confirmación, pero en realidade non é así. Tendo en conta que a maioría do alumnado ten contas dese estilo, quixera saber como se pode facer para resolver este problema. Moitas gracias. Antonio Rivas Coordinador TIC do IES Pontepedriña

Contas de correo

Ola Antonio.

Desde as aplicacións que están na máquina de centros.edu.xunta.es non é posible o envío de correos electrónicos a contas que non sexan as corporativas: as de @edu.xunta.es (profesorado) ou as de @eduxove.xunta.es (alumnado).

Fai uns meses tivemos noticias de que estas contas do alumnado ían a desaparecer, por problemas ou esixencias da Lei de protección de datos de menores. De momento aínda están en funcionamento, pero probablemente a comenzo do novo curso xa deixen de existir.

Estase mirando a posibilidade de configurar dalgún xeito as aplicacións para que sí permitan o envío a contas doutros servidores (hotmail, gmail...)  posto que por unha banda as contas corporativas de alumnado van a desaparecer e, por outra banda, cada vez xa son máis os centros que están empregando co seu alumnado estas aplicacións dinámicas: drupal e moodle.

Entón, de momento non é posible o envío pero esperamos que en breve sí se poida facer. Nese momento publicaremos a noticia na portada deste portal de Webs dinámicas.

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut