Skip to Content

"Descubrindo Guinea Ecuatorial"

Ola compañeiros: Dende o Ceip A Sangriña presentamos un traballo realizado durante o curso pasado polos alumnos de 2º e 5º de primaria. O punto de partida foi a lectura dun libro titulado "Un amigo en la selva" por parte dos rapaces de 5º. A motivación foi tal, que, tras unha sesión na que os propios alumnos lles contaron aos rapaces de 2º o argumento, os mestres puidemos apreciar a mágoa que sería non organizar un pequeno proxecto que contribuíra á súa formación, sobre todo no ámbito das Competencias Básicas. Asi que... puxémonos mans á obra: A actividade principal do proxecto foi a realización dun Wiki (chamado WikiSangriña) na que os propios alumnos e alumnas ían investigando todas aquelas dúbidas que naceran tras a lectura da novela. Creamos nunha táboa un pequeno punto de partida, e así comezou todo. Pouco a pouco, estaban tan inmersos no traballo proposto, que o "pequeno proxecto" prácticamente durou todo o curso.Por suposto, valeu a pena. A avaliación realizouse mediante varias vías, pero prácticamente todo o proceso se levou a cabo mediante as TICs. As actividades da aula virtual empregadas foron: - Wiki, como motor do proxecto. - Unha vez rematada a WikiSangriña, traballamos cos foros para comprobar a motivación. Por suposto que este tipo de actividades (foros) tamén serviron para reforzar aspectos de expresión escrita e ortografía e poder comprobar as mellorías no ámbito lingüístico desde comezo de curso. - A actividade "chat" da aula virtual serviu como vía de comunicación mestres-alumnos, tratando de fomentar normas básicas coma a do respeto ao compañeiro, silencio na aula... - A creación dun glosario, tamén elaborado polos rapaces, de forma que os mestres puidéramos comprobar que os alumnos entendían os conceptos traballados, asi como demostraban un dominio dos procedementos informáticos básicos (búsqueda por internet en diccionarios online/selección de texto/copiado e pegado...) - Por falta de tempo, non puidemos preparar Cuestionarios, que serían empregados a modo de "Trivial". Unha pena, pois houberan dado moito máis xogo para motivar ao alumnado do resto do centro... Como supoñemos que unha imaxe vale máis que mil palabras, aqui tedes a ligazón para poder acceder ao mesmo como convidados: http://centros.edu.xunta.es/ceipasangrina/moodle/course/view.php?id=31 Se tedes dúbidas, ou comentarios, non dubidedes en contactar. Un saúdo a todos e todas, Juan Casado & Mª Josefa Baz. Ceip A Sangriña - A Guarda.


forum | by Dr. Radut