Skip to Content

Desplegar os bloques

Ola a todos e a todas: Quixera saber como podo facer para que na páxina os visitantes poidan desplegar ou contraer os submenus que aparecen dentro de cada bloque, tal e como aparecen por exemplo nesta mesma páxina. Un saúdo e grazas polo voso traballo.

Módulos na segunda versión da versión 5.7

Boas compañeiros, efectivamente o noso amigo Juan do CEIP A Sangriña está no certo, pero aínda que fixerades iso non poderiades disfrutar desa funcionalidade polo seguinte. A actualización da versión de drupal 5.1 á 5.7 durou varios meses, e cando considerabamos que algún módulo era interesante engadíamolo ó modelo. O que ocorreu e que os últimos centros actualizados levaron instalados máis ḿodulos que os primeiros, e un de eles é o que permite esa funcionalidade.

Podedes ver como xa tendes a funcionalidade que solicitades. É automático simplemente instalando o módulo. Iso si, si queredes que por defecto aparezan despregados os menús seguide as instruccións de Juan do CEIP A Sangriña.

Xa vos acabamos de instalar tamén o resto de módulos que vos faltan e esta é a súa descipción:

Notify:  Permite a cada usuario configurar si lle chegan ó correo electrónico os novos contidos publicados. O envío masivo realizaríase unha vez lanzado o CRON (ver: http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/268)

JavaScriptTools, entre outras cousas permite:

  • Configurar os bloques para agochalos ó gusto do visitante (como nesta páxina)
  • Configurar a presentación dos menús para que poida ser contraída ou expandida polo visitante (función que solicitabades).

Printer-friendly: Permite que o administrador configure como se ve a "versión para imprimir". Isto é interesante para que cando un visitante quere imprimir un contido non lle aparezan todos os elementos da páxina (enlaces, bloques, etc...)

Mapa do Sitio: Como temos nesta páxina, é moi interesante para ver globalmente a estructura da páxina, así como para ofrecer o enlace RSS ós visitantes que lles interese suscribirse. Podedes ver: Activar Mapa do Sitio http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/572

 

Un saúdo. 

Grupo de Asesores SIEGA

 

 

 

Non sei si temos instalados ese módulos

Ola, son Alfonso do C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán, quixen instalar o módulo JavaScriptTools pero aparece en gris (non mo deixa seleccionar). No caso de que xa estean instalados necesitaba unhas instruccións un pouco máis pormenorizadas para facelo. Desculpade as molestias e a miña torpeza, un saúdo e moitas grazas.

Bloques e menús despregables

Boas Alfonso, como podes ver na vosa páxina o módulo xa está funcionando. Podes clicar á esquera de "Organigrama" para ver como se desprega o menú. Agora sodes vós quenes tendes que decidir si por defecto aparece expandido ou contraído, iso podedes configuralo na edición de cada un dos menús a través do seleccionable "Expandir". Podedes revisar a mensaxe neste tema de Juan do CEIP  A Sangriña (http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/581#comment-501)

En relación ós bloques, e aínda que o módulo está activado, teredes que ir configurando un a un cada bloque. Administrar - Construcción da páxina - Bloques - Configurar (o bloque que sexa), e a primeira das opcións que vos dá xa é a referida a esa función. Para que podades comprobar o seu funcionamento xa vos activei a función para o bloque da vósa páxina "O Centro" (clicando sobre o título do bloque este contráese.

Saúdos

Grupo de Asesores SIEGA.

Moi interesante, certamente.

Descoñecía que algúns centros contaran con estes módulos, polo que non podía nin sequera intuílo. Na nosa web non os temos instalados, acabo de comprobalo. Agradeceríavos que, cando tiverades un momentiño, nolos enchufarades. Seguro que lles sacamos proveito! Unha aperta, e seguide así.

Módulos

Boas Juan, a última actualización foi tan costosa que cando rematamos decidimos poñernos a traballar cara a migración a multisite, coa que por certo, non nos atopariamos con este tipo de problemas, xa que cada centro terá os mesmos módulos.

Xa vos quedan instalados os novos módulos.

Unha aperta.


Grupo de Asesores SIEGA

Exportación a PDF?

Vin que un dos módulos recién instalados permiten exportar a pdf, sen embargo falta aparentemente o conversor. ¿Non habería forma de poder poñelo en marcha? Sería unha posibilidade moi interesante a ter en conta de cara aos visitantes, polo que representa o standard PDF. Iso si, a "versión para imprimir" e a creación do mapa do sitio, implicando RSS son realmente bestiais!

Exportar en PDF

No momento das probas do módulo a conversión a pdf deunos problemas e decidimos aprazalo xa que tiñamos cuestións máis prioritarias.

Co cambio a multisite tentarémolo de novo. Compartimos que é unha opción interesante.

Un saúdo

Grupo de Asesores SIEGA

Isto si que é eficiencia!

Caramba, isto si que é chegar e bicar o santo. Asi da gusto! Xa teño diversión mañá a tarde para investigar que é todo isto novo que aparece aqui. Mil grazas!

Como admin, e partindo da

Como admin, e partindo da base que os submenús xa están creados: 1.- Administrar->Menus-> verás a construción dos diferentes menús. 2.- Baixa ata o submenú que queiras (asegúrate de que ten posibles despregables nel, senón non se mostrará nada), e nel selecciona "editar" 3.- Busca a casiña "Expandido". Se está ticada, automáticamente se mostrará coas súas categorías. Se non, o visitante poderá facer clic sobre o icono para que se despregue. Sorte!

o.k.

o.k.


forum | by Dr. Radut