Skip to Content

desplazamento das barras da plantilla

Ola, resulta que cando miro a web como calquera persoa, e no mozilla e lle dou a ler mais desaparece a columna da esquerda e a da dereita desplazase moito para abaixo, que fago para que isot non ocorra? e tame´n porque sempre aparece ver blog de admin? ainda que non esté conectada? Grazas Lorena

Desprazamento das columnas. Bloques.

Boas Lorena e Juan.

Suscríbome a todo o que dixo Juan e engado dúas pequenas cousas. Por un lado, sí é certo que o bloque calendario despraza a columna un pouquichiño, pero só un pouco. Quen realmente é o responsable dese desprazamento é o bloque "Ligazóns" onde tes as imaxes cos enlaces, e máis concretamente, a responsable directa é a imaxe de "Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística". Fíxate como a resolución horizontal da imaxe é maior que a da columna en estado "normal".

Recoméndoche:

1.- Desactivar "temporalmente" os bloques calendario e ligazóns

2.- Descargarte a extensión para firefox "MeasureIt": https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/539

3.- Con esta nova extensión poderemos medir a resolucións dentro do noso navegador. Mediremos resolución horizontal da columna (que xa che digo que vai ser 185px). Esta será a dimensión máxima que poidamos utilizar para os elementos que coloquemos nos bloques (incluídas imaxes). No voso caso a imaxe da que falabamos antes mide 250px de ancho. Co cal, sobra todo dende 185 ata 250. 

 

Por outro lado, a razón de que apareza continuamente "blogue de admin" é que estades a crear contido como artigos de blog do usuario "admin". A forma correcta para crear contido tipo páxina: "Crear contido" -> "Páxina".

Espero que che servira, senón coméntanolo e desmenuzamos un pouco máis a explicación.

Gracias Juan! e Saúdos Lorena!

Un sáudo e ánimo!

Pablo

-----------------

Grupo de Asesores SIEGA 

Impresionante :D

Tremendo, Pablo.Da gusto ler explicacións como esta. Eu non acababa de entender a que se refería con "ver blogue de admin" ata que me decatei pasado un tempo que Lorena publicaba todo como blog "de forma inconsciente". Por iso non lle veía moito sentido á pregunta, entendendo que ela construía a web a base de noticias do blog a propósito! (e por tanto non tería sentido o que calquera invitado non puidera ver ditas publicacións) Parece moi interesante esta extensión que comentas, se ben (tras ler as instruccións de manexo) a min non me sae ningún botón de activación en ningunha das barras. Semella que coa ultima actualización do firefox, algo cambiou e a extensión necesita un update :( Juan Casado, CEIP A Sangriña - A Guarda

Non podo editar, asi que me

Non podo editar, asi que me respondo a min mesmo para decir que acabo de atopar o famoso botón da extensión abaixo de todo á esquerda... Carai, que pequeno e que mal sitio para colocalo! (nin en 27" de monitor chegas a aprecialo claramente!) Grazas unha vez máis! Juan Casado, CEIP A Sangriña - A Guarda

UNHA COUSA LISTA

MOITAS GRAZAS AOS DOUS!!! SI JUAN AMIN TAMÉN ME PASOU O MESMO NO MOZILLA, E QUE VAIA SITIO PARA POÑER O BOTÓN...EN FIN XA LOCALICEI O PROBLEM DA MEDIDA E O AMAÑEI, PERO AGORA É O SLIDE QUE PUXEN O QUE ME FAI O MESMO, RESULTA QUE SI O FAGO MAIS PEQUENO POIS ROMPESE, DIME QUE STÁ BALEIRO...(XA VEREI DE QUE É), POR OUTRO LADO AINDA TEÑO QUE MIRAR O DE PUBLICAR NO BLOGUE DE ADMIN...QUE NON TIVEN TEMPO!!! MOITAS GRAZAS DE NOVO!!!O QUE QUERÍA FACER É ESE CAMBIO DE COLOR DA PLANTILLA, PABLO TI SABES? JUAN? E QUE A QUERO LARANXA...POR OUTRO LADO ENCÁNTAME A WEB DE PEDRO ANTONIO CERVIÑO...E NISO ME POÑO AÍNDA QUE ME LEVE 10 ANOS!!! GRAZAS WAPOS!!!

Algunhas ideas...

Estupendo, Lorena, todo se vai amañando. O do Slide realmente é unha chorrada: é unha aplicación algo caprichosa na que, unha vez publicado o contido en Drupal, se modificas o tamaño posteriormente ponse algo boba e di que o álbum está corrupto (ou algo asi, falo de memoria). Un xeito de amañalo pode ser o seguinte procedemento: 1.- Accedes á páxina de Slide. Alí seleccionas e copias o código embed html da galería para o drupal. 2.- Co código embedd na memoria do pc, accedes ao contido a editar en Drupal, seleccionando todo o que alí está facendo referencia a slide e borrándoo posteriormente (Fíxate que terá cambiado bastante desde a primeira vez que o copiaches; é normal, non te preocupes). 3.- Pegas o código xa copiado previamente do slide no punto 1. 4.- Modificas o tamaño en todos aqueles sitios onde vexas as etiquetas referentes a height e width. 5.- Publicas, enviando para a páxina o contido modificado. Debería estar listo... aogra podes comprobar se todo foi ben ;) Sobre cambiar de color a plantilla, direiche (ainda que supoño que xa o sabes) que hai uns temas que permiten a modificación de cor desde o panel de administración. Hai un módulo chamado "color" que se está activado permite o cambio de cores da paleta sen saber nada de CSS nin estilos web. Comproba que o tema que tes seleccionado é compatible con este módulo para ver se o podes cambiar deste xeito. Felicidades polo empeño e os logros acadados; da gusto ver que a xente está entusiasmada con este tipo de cousiñas administrativas que son bastante liosas e que, pese ás horas adicadas en aprender, non desisten coas circunstancias! Juan Casado, CEIP A Sangriña - A Guarda

O feito de que toda unha

O feito de que toda unha columna se desplace pode ser por varios motivos. Non teño acceso á túa páxina, loxicamente, así que vou tratar de supoñer o que sucede aparentemente: parece que o calendario sobresale lixeiramente do marco do Drupal (se te fixas crea un pequeo scroll lateral). Iso pode ser debido a que a plantilla non estaba 100% probada con dito calendario, ou ben as fontes mudaron de tamaño nalgún momento e fan que desplace parte da columna. A solución que che propoño é que probes a ocultar temporalmente o calendario, e comproba se se seguen movendo as columnas. En caso afirmativo, xa sabes que debes movelo de sitio, ou ben suprimilo en caso de que non o utilices. É práctico cando traballas co tipo de contido chamado "Evento", pero pouca máis utilidade ten en canto a CMS. En caso negativo, serán probablemente os responsables de WD os que che teñan que botar unha man por se houbera unha mala configuración nalgún lado. O tema do blog de admin que preguntas será porque o tes posto para que calquera persona o poida ler. Se non vas usar o blog como módulo de drupal, podes ocultalo tamén... ou mudarlle os permisos para que só o poidan ver certos roles. De todos modos, acceder sempre a Drupal como Admin conleva certos riscos. Quizá deberías comenzar a empregalo cun rol de profesor, e acceder como admin só nos casos puntuais en que queiras modificar algo da configuración. Por exemplo, supón que accedes á web desde un pc público e esqueces pechar a sesión ao rematar... Calquera podería sentarse nese pc e fastidiar todo! Ademáis, seguro que as familias agradecen máis ver un "enviado por Lorena" en vez de "enviado por Admin". A min me resulta moito máis ambiguo dese xeito, desde logo! Como ves, Drupal é lioso e moi potente á vez. Tenta de ir pouco a pouco, e verás que en nada o dominas se maiores dificultades. Moito ánimo! Juan Casado, CEIP A Sangriña - A Guarda

ainsss grazas!!!

pois non funciona Juan! xa quitei o calendario e xa o volvin poñer porque seguía igual...a onde teño que dirixirme para que me axuden? Agora vou intentar facer o outro a ver que tal...

Vaia!

Que lle imos facer! Xa che comentaba que podían ser varias as causas, e esa podía ser unha delas. Espera daquela a que, a partir de mañá que xa volvemos a traballar, te indiquen algo os responsables de Webs Dinámicas. Seguro que contestan pronto! Por certo, Lorena: antes decateime dunha cousiña acerca do teu CEIP e unha posible vacante de música que sae no concurso de traslados. Como non ten nada que ver coa web, ¿poderíasme escribir un mail? Gustaríame preguntarche algunhas cousas ... ;) O enderezo é, tal cual ves o nome nesta web, engadindo o de sempre trala @. Moitas grazas! Juan Casado, CEIP A Sangriña - A Guarda


forum | by Dr. Radut