Skip to Content

Utilizar Java

Ola a todos. Un compañeiro de matemáticas ten realizados uns traballos para subir á páxina web do centro que requiren a utilización da máquina virtual Java -creo que ten que ver co programa Descartes-. Parece ser que é posible facelo xa que hai centros que o teñen na súa web feita con Drupal. Alguén nos podería orientar? Como temos que facer para que funcione? Saúdos dende o IES Monte Castelo

Paquetes de contidos educativos

A día de hoxe non é posible utilizar o acceso FTP necesario para subir ó Drupal este tipo de actividades. Non o consideramos necesario xa que a función de Drupal non é aloxar contidos pedagóxicos, senón de servir de ferramenta colaborativa e de comunicación ó conxunto do centro.

O lugar indicado para subir este tipo de actividades sería Moodle a través dos recursos correspondentes de subida de paquetes ou xestionando os propios ficheiros.

Revisade o Manual recomendado de Jesús Baños Sancho (descarga en .pdf) sobre Moodle, onde explican como subir actividades, e si tendes dúbidas consultádenos.

Un sáudo e ánimo!

-----------------

Grupo de Asesores SIEGA 



forum | by Dr. Radut