Skip to Content

Dar permiso ao rol profesorado para que poida "promocionar á páxina principal"

Ola, estivemos tentando cambiar permisos, roles... para que un dos roles que temos creados, "profesorado" poida promocionar á páxina principal un determinado contido. Como podemos darlle ese permiso?

Administrar tipos de contido

Para conseguir otorgar ese permiso habería que activar a opción de "Administrar tipos de contido" (Administar > Mantemento de usuarios > Control de acceso > node módulo) pero esta opción NON É RECOMENDABLE para os usuarios que non sexa do rol Administrador, xa que este permiso non solo otorga a posibilidade de publicar en portada senón que concede permisos de administración sobre calquera contid, independentemente de quen sexa o autor. Deste xeito calquera podería modificar/eliminar o contidos de calquera usuario.

Para conseguir que o profesorado que non teña permisos de administración poida crear contidos que aparezan en portada a solución é a seguinte:

  • Crear un novo tipo de contido chamándolle por exemplo "Portada" ou "Páxina de portada", etc.
  • Na configuración deste novo tipo de contido seleccionase a opción de "Promocionado á páxina principal".
  • Concédeselle o permiso dentro de Control de acceso ao rol de profesorado para que poida crear este tipo de contido así como para que poida editar os seus contidos propios (os creados por el) marcando a opción de "edit own portada content" (esta opción aparecerá cando o novo tipo de contido estea creado).

Deste xeito o profesorado poderá dispor dun novo tipo de contido que utilizará cando desexe publicar algo na portada do sitio web.

Si este contido tamén se quere que se poida publicar nalgunha categoría haberá que habilitar o permiso editando a categoría desexada (o ideal será que figure en todas).

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut