Skip to Content

Foto do centro na cabeceira

Gustaríanos incluir a imaxe do centro na cabeceira da web, é posible facelo coa plantilla NewsFlash que estamos empregando? Deberíamos editar o código da plantilla?

 

Grazas

Logo do centro

Polo que observo na vosa páxina xa tedes un logo personalizado, polo que supoño que xa atopástedes a solución.

IES San Paio - Logo de cabeceira

logo do centro

Non, non está resolto, o que queremos é engadir a imaxe do centro ao longo da cabeceira, quedaría debaixo do nome ocupando prácticamente toda a cabeceira. Unha solución sería aumentar o tamaño do logo pero teria que modificar o código da plantilla.

 

Grazas

Logo do centro

Entón o que convén e optar pola solución que xa fixeron varios centros: crear unha imaxe para o logo onde apareza o centro (como queredes) pero tamén incluír na propia imaxe o nome do centro educativo. Así despois na configuración plantilla que estades empregando teredes que desactivar o Nome do centro e xa quedará perfecto.

Un saúdo.

Logo do centro

Pois fixen o que me recomendache e non queda como nos gustaría, a imaxe non ocupa toda a cabeceira, só o tamaño que a plantilla ten determinado para o logo, desactivei o nome do centro, pero non soliciono nada, algunha outra idea?

 

Grazas

Envíanos a imaxe do logo

Envíanos a imaxe do logo que desexades empregar e miramos a ver que se podería facer...

O tema onde a queredes colocar supoñemos que é o que tedes actualmente, ou é para un tema direrente?

O noso enderezo supoño que xa o coñecedes, pero aí vai de novo: websdinamicas@edu.xunta.es

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut