|
Utiliza Software Libre! Iniciar sesión |
Novos contidosEdición de contidos webEn numerosas ocasións recibimos incidencias de comportamentos estraños nas páxinas web despois de publicar algúns contidos, comportamentos como:
Estas anomalías responden sempre a unha metodoloxía errónea á hora de realizar a edición e publicación dos contidos. Esta metodoloxía é a de aproveitar o traballo feito noutros formatos para “pegalos” directamente no contido web. Así, unha práctica común é que se copien contidos dende documentos de LibreOffice (ou OpenOffice) e se peguen no editor do contido web, ou o que é peor e aínda máis habitual, dende Microsoft Word, xa que este último introduce un gran número de códigos como veremos a continuación. Ao realizar a acción de copiar non solo se copia o contido, os textos e imaxes (o que vemos) senón que tamén se copia un montón de código de estilos que o programa editor introduce no texto (código que non vemos). Cando pegamos este contido na web non solo se pega a información senón que tamén se pegan os estilo e isto é o que provoca que os navegadores presenten un comportamento aparentemente estraño. Si queremos evitar problemas a forma correcta de realizar as nosas publicacións será editando o contido directamente desde o editor web e non pegar nada que proveña doutros documentos. Claro está que en numerosas ocasións desexamos aproveitar o traballo feito e non volver a “perder” o pouco tempo que temos volvendo a teclear parágrafos e parágrafos de información. Neste caso propoñemos dúas alternativas.
O que temos que procurar e nunca realizar a práctica de pegar directamente desde un documento con formato ao editor web.
Enviado por xoseluis en Mér, 2011-11-09 21:08. categories [ ]
Módulos de Durpal 5.7 instalados no modelo de centros.edu.xunta.esNa instalación de websdinámicas que viñamos utilizando no servidor de "centros.edu.xunta.es" estamos a utilizar os seguintes módulos que aparecen selecionados na seguinte imaxe:
Enviado por pablonimo en Ven, 2010-07-09 09:48. categories [ ]
9º Curso Aberto: Actividades realizadas co Notebook para traballar no Encerado Dixital InteractivoNome do curso: Actividades realizadas co Notebook para traballar no Encerado Dixital Interactivo Aula Virtual: CEIP Pedro Barrié de la Maza-SADA
Enlace: http://www.edu.xunta.es/centros/ceippedrobarriedelamaza/aulavirtual/course/view.php?id=2 Área/temática: Formación Docente en competencias TIC Profesora resposable: Conchi García Data recepción do correo: 15/06/2010
Enviado por pablonimo en Xov, 2010-06-17 14:24. categories [ ]
8º Curso Aberto: Tecnoloxía Industrial IINome do curso: Tecnoloxía Industrial II Aula Virtual: IES Antonio Fraguas Enlace: http://www.edu.xunta.es/centros/iesantoniofraguas/aulavirtual/course/view.php?id=12 Área/temática: Tecnoloxía Industrial de 2º de Bacharelato Profesor resposable: Marcos Vázquez Rozas Data recepción do correo: 27/05/2010
Enviado por pablonimo en Ven, 2010-05-28 09:11. categories [ ]
7º Curso Aberto: TICs 1º BacharelatoNome do curso: TICs 1º Bacharelato Aula Virtual: IES Manuel Murguía (Arteixo) Enlace: http://www.edu.xunta.es/centros/iesmanuelmurguia/aulavirtual/course/view.php?id=7 Área/temática: Tecnoloxías da información e as comunicacións 1º Bacharelato Profesor resposable: Miguel Gómez Duaso Data recepción do correo: 20/05/2010
Enviado por pablonimo en Xov, 2010-05-20 11:43. categories [ ]
6.- Curso Aberto: Informatica 4º ESONome do curso: Informática 4º ESO Aula Virtual: IES Manuel Murguía (Arteixo) Enlace: http://www.edu.xunta.es/centros/iesmanuelmurguia/aulavirtual/course/view.php?id=6 Área/temática: Informática 4º ESO. Profesor resposable: Miguel Gómez Duaso Data recepción do correo: 20/05/2010
Enviado por pablonimo en Xov, 2010-05-20 11:36. categories [ ]
Configuración dun bloque para a presentacion de Novas a través de RSS
Requisitos:
Os usuarios crean contido na categoría que configuraremos como “Novas”. ÍNDICE 1.- Proceso de configuración do bloque:
2.- Cuestións a ter en conta:
Enviado por webmaster en Xov, 2009-09-17 14:02. categories [ ]
Activar o Mapa do Sitio
Administrar → Construcción da páxina → Módulos.
Activamos Site Map e gardamos a configuración Administrar → Mantemento de usuarios → Control de acceso → aggregator módulo → Configurar permisos.
Deberemos permitir só ó rol administrador “administrar orixes de novas”, e decidir que roles poden “acceder a orixes de novas”.
Administrar → Configuración da páxina → Mapa do Sitio.
A ter en conta:
Enviado por webmaster en Xov, 2009-09-17 09:53. categories [ ]
Cargar usuarios dende arquivo externo txtCaracterísticas do arquivo de texto:A primeira liña contén as variables que indican os datos a cargar de cada usuario. Cada liña seguinte conten os datos de cada usuario separados por comas Ex1: Datos mínimos requeridos username, password, firstname, lastname, email pepe, 1234, pepe, martinez, pepemartinez@ed.es juan, 1234, juan, glez, juangonzalez@ed.es Ex2: Datos opcionais convintes. En caso contrario o administrador terá que cubrilos institution, department, city, country, lang, auth, timezone Ex3: Datos tamén opcionais a completar a través do cales se lles pode indicar aos usuarios, os cursos, o tipo de usuarios, se petencen a algún grupo,... idnumber, icq, phone1, phone2, address, url, description, mailformat, maildisplay, htmleditor, autosubscribe, course1, course2, course3, course4, course5, group1, group2, group3, group4, group5, type1, type2, type3, type4, type5, role1, role2, role3, role4, role5 Notas: Os tipos en moodle serán (typeX): Tipo 1= Estudante Tipo 2= Profesor editor Tipo 3= Profesor non editor Se non indicamos tipo, por defecto serán estudantes. Os cursos son: courseX Téñase en conta se queremos asignar varios cursos e tipos a un mesmo usuario que course1 está relacionado con type1. Os campos si/non respóndese na variable con 1/0. Observese no seguinte exemplo válido a variable "maildisplay" Exemplo válido: username, password, firstname, lastname, email, lang, idnumber, maildisplay, course1, group1, type1 pepe, 12345, Pepe, Martínez, pm@correo.es, gl, 3663737, 1, Ed.Física, Section 1, 1 tito, ab347, Fernando, González, fergon@correo.es, gl, 6736733, 0, Inglés, Section 3, 3 (Pepe Martínez está matriculado como estudante no curso de Ed. Física e mostra o seu correo) (Fernando González é profesor non editor do curso de inglés e non fai público o seu correo electrónico) Importante observar que cada rexistro (usuario) vai nunha liña seguida aínda que aquí pode ser que non se vexa así polos tamaños de pantalla empregados. O ficheiro deberá estar gardado coa codificación UTF8 para evitar erros na carga de usuarios como por exemplo cortar as cadeas de texto a partires das vogais acentuadas.
Enviado por webmaster en Ven, 2007-01-05 00:32. categories [ ]
|
LigazónsO máis visto...Últimos artículosNovas por RSS |