|
O CFR | Zonas
de Asesoramento | Estadísticas
A FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO
QUE IMPARTE ENSINANZAS NON UNIVERSITARIAS NA PROVINCIA DE OURENSE
Estructuras
de Formación
|
|
- Regulación.
Decreto 245/1999, do 29 de xullo (DOG do 1 de setembro
de 1999) :
- Regula a formación permanente do profesorado
que imparte ensinanzas de nivel non universitario
en centros públicos e privados concertados da
Comunidade Autónoma de Galicia.
- Transforma os antiguos CEFOCOP nos
actuais Centros de Formación e Recursos
nos que, así mesmo, se intrgran os Centros
de Recursos (CERES)
|
- Breve reseña histórica.
Decreto 42/1989, do 23 de febreiro (DOGA do 31 de
marzo de 1989) :
- Polo que se regulan os Centros de Formación
Continuada do Profesorado (CEFOCOP) de niveis
non universitarios:
definición, funcións, dependencia orgánica,
características das actividades e organización.
Orde do 25 do 10 de 1991 (DOGA do 14 de novembro
de 1991) :
- Creación de varios Centros de
Formación Continuada do Profesorado
entre eles o de Ourense.
Decreto 245/1999 do 29 de xullo (DOG do 1 de
setembro de 1999)
- polo que se regula a formación permanente
do profesorado e os Centros de Formación Continuada
do Profesorado (CEFOCOP) se constitúen en Centros
de Formación e Recursos ó tempo que se integran
neles os Centros de Recursos.
|
- Ubicación e descrición da sede central.
- Localización:
Edificio propio en:
Rúa da Universidade S/N, A Cuña.
Mariñamansa 32005 Ourense.
Tfno. 988241533. Fax. 988246261
e-mail: cfr.ourense@edu.xunta.es
- Outras direccións e teléfonos:
Dirección Xeral de Ordenación educativa e
Formación Profesional
15771 Santiago de Compostela
Fax. 981546551 / 981546542
Servicio de Formación do profesorado
Teléf. 981-546513 / 14 / 15
|
|
|
|
Planificación
da Formación
|
|
Corresponde á Administración educativa dentro
dun Plan Marco de formación do profesorado de duración
plurianual, que aprobará o Conselleriro de Educación
e Ordenación Universitaria periodicamente, no que
se expresarán os obxectivos e as liñas prioritarias
de formación para o período correspondente.
|
- Desenvolvemento.
O Plan Marco desenvólvese a través de Plans anuais
de formación aprobados pola Dirección Xeral de Ordenación
Educativa e Formación Profesional.
Os Plans anuais conten as accións formativas que se
desenvolverán en cada curso escolar. Estas realizaranse
a través do Servicio de Formación do Profesorado e
dos Centros de Formación e Recursos, sen perxuízo
da posible participación doutras institucións.
|
- As estructuras de formación
.
A Consellería de Educación e Ordenación, a través
da Dirección Xeral competente, corresponde establece-los
principios xerais que orienten a formación do profesorado,
a partir da análise de necesidades formativas e das
demandas do profesorado. Corresponelle, así mesmo,
a súa programación, coordinación, seguimento e avaliación.
Para cumprir estas e outras funcións conta coas seguites
estructuras:
- Comisión Asesora de Formación do Profesorado:
É nomeada polo conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria e presidida polo director xeral
de Ordenación Educativa e Formación Profesional.
Está integrada por representes da Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria, das Consellerías
da Xunta de Galicia que colaboren na formación
do profesorado e das universidades galegas.
- emitir informes sobre o Plan Marco, os plans
anuais, a normativa de carácter xeral
- asesorar sobre os procesos de seguimento
e avaliación dos mesmos
- coñecer e valorar resultados e facer propostas
de mellora.
- Servicio de Formación do Profesorado da Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria no que
se integra o Equipo de Asesores Especialistas
de área ou materia, familia profesional, ensinanzas
de réxime especial, educación infantil e orientación
educativa que ten como función colaborar no desempeño
das funcións que ten asignadas a Dirección Xeral
competente.
|
|
|
|
Funcións
e Composición do CFR
|
|
O Centro de Formación e Recursos
de Ourense:
- Depende orgánicamente da Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria.
- É un órgano que ten como obxectivos
a formación permanente do profesorado,
o intercambio de experiencias e reflexións
sobre os procesos educativos e a dinamización
pedagóxica dos centros como elementos
que contribúen á mellora da calidade do
ensino.
- Está formados por un director/a, un
secretario/a, un consello directivo e
un equipo de asesores de formación.
- Ten as seguintes funcións:
- Detectar e recolle-las necesidades
e demandas de formación nos centros
e propoñer iniciativas e accións formativas.
- Coordinar e xestiona-las actividades
que integran o Plan Anual de formación.
- Impulsa-la investigación, a
innovación e a experimentación didácticas.
- Facilitar un servicio de documentación,
elaboración e difusión de material didáctico
e pedagóxico ós profesores e ós centros
de ensino.
- Realizar actividades de intercambio,
debate e difusión de experiencias
educativas entre ó profesorado.
- Impulsar e apoia-la participación
do profesorado en seminarios permanentes,
grupos de traballo, proxectos de formación
en centros ou calquera outra modalidade
de formación.
- Contribuír á dinamización social e
cultural das zonas educativas de
especial dificultade do seu ámbito
de influencia.
- Favorece-lo coñecemento e a utilización
efectiva de materiais e recursos
técnicos.
- Consta de:
- A sede central, en Ourense
- As seccións de
- O Carballiño
- O Barco de Valdeorras
- Verín
- O/a coordinador/a de cada centro educativo,
baixo a coordinación da xefatura de estudios,
desenvolverá as seguintes funcións:
- Colaborar co Centro de Formación
e Recursos na planificación e realización
das actividades de formación no propio
centro.
- Promove-la reflexión, o intercambio
de experiencias e a resolución de problemas
relacionados coa formación entre o profesorado
do centro
- Planificar e organiza-las actividades
de formación do profesorado realizadas
polo Centro.
- Recolle-las necesidades de formación
detectadas no centro e canalizalas ós
Centros de Formación e Recursos.
- Propicia-los apoios demandados polo
Centro en canto a recursos pedagóxicos
e didácticos que poidan facilita-los
Centros de Formación e Recursos
ou outras institucións formativas.
|
|
|
|
Ámbito
|
|
Ámbito territorial do Centro de Formación
e Recursos e centros adscritos.
- O ámbito territorial do Centro de
Formación e Recursos de Ourense
é provincial. Esta constituído por cerca
de 240 centros educativos, distribuídos
da seguínte forma:
- Centros de Educación Infantil
e Primaria (CEIP): 173
- Públicos:134
- Privados: 39
- Centros de Educación Secundaria
(IES, CPI): 53
- Públicos: 36
- Privados: 17
- Centros de Ensinanzas en Réxime
Especial: 9
- Escolas oficiais de Idiomas:
1
- Escolas de Artes: 1
- Conservatorios de Música:
- Dependentes da Consellería de educación:
1
- Dependentes dunha entidade distinta:
6
- Academias homologadas de Perruquería
e Estética: 3
- Centros educativos non provinciais
Adscritos: 2
- Atende ademais a profesorado de centros
das provincias limítrofes que, por razón
de proximidade do seu domicilio, ten máis
fácil participar nas actividades do Centro
de Formación e Recursos de Ourense. O
Centro de Formación e Recursos
de Ourense conta con seccións en
- O Barco de Valdeorras
- Verín
- O Carballiño
- Profesorado. Están adscritos ó Centro
de Formación e Recursos tódolos
profesores/as que prestan servicios nos
centros educativos de niveis non universitarios
da provincia de Ourense. Son uns 3.500
profesores/as.
|
|
|
|
Servicios
e Actividades
|
|
Servicios que ofrece e actividades.
- Organización de cursos, encontros, xornadas, conferencias,
exposicións de materiais e recursos elaborados polo profesorado
do seu ámbito, Proxectos de formación en centros, Seminarios
Permanentes e Grupos de Traballo.
- Servicio de documentación bibliográfica. Asesoramento a
centros educativos. Lugar de encontro do profesorado.
- Desenvolvemento e seguimento de programas ofertados pola
Administración educativa.
- Sede de Grupos de Traballo e Seminarios Permanentes.
Apoio técnico e material a traballos de investigación e innovación.
Debate e difusión de experiencias docentes.
- Difusión de innovacións e reformas educativas
- Edición da revista "Fardela". Banco local de recursos didácticos.
- Modalidades de Formación: Actividades presenciais:
Cursos, xornadas, encontros, talleres... A participación
nestas actividades é basicamente de carácter individual.
- Cursos: un ou varios expertos dirixen (con metodoloxía
teórico-práctica) a formación científico-didáctica nun tema
de interese para a práctica docente.
- Xornadas: pretenden espallar experiencias contrastadas
- Encontros: teñen como finalidade favorece-la reflexión
e o intercambio de experiencias e materiais didácticos.
- Talleres Didácticos e Obradoiros: actividades de
carácter práctico que teñen como obxectivo favorece-la elaboración
de materiais e recursos didácticos.
- Proxectos de Formación e Asesoramento a Centros:
Constitúen unha modalidade moi axeitada para a formación nos
propios centros para que a formación do profesorado redunde
na formación e a aprendizaxe dos seus alumnos/as. É unha formación
decidida e programada polo propio profesorado coa colaboración
e o asesoramento do Centro de Formación e Recursos
nas condicións establecidas na convocatoria. Preténdese, a
través deles, fomentar e impulsa-los proxectos pedagóxicos
dos centros baseados na coordinación departamental, interdepartamental
así como de niveis e ciclos para a fixación de obxectivos,
a planificación do currículo e da acción titorial a traveso
do traballo en común e da construcción colexiada de respostas
educativas axeitadas ó contexto do centro.
- Seminarios Permanentes: Formados por un grupo de
profesores/as que seleccionan un aspecto concreto para traballar,
desenvolven actividades, elaboran materiais, contrastan o
realizado e dano a coñecer. Son unha fórmula eficaz para potencia-la
reflexión en grupo, elaborar conxuntamente materiais e recursos
de aula e investigar e experimentar novos modelos didácticos
nun contexto participativo.
- Grupos de traballo: Responden á modalidade de formación
que ten como finalidade fomenta-lo traballo en equipo, actualiza-los
contidos científicos e didácticos e reflexionar sobre os procesos
de ensino-aprendizaxe. Pretenden promove-la reflexión sobre
a práctica a través do traballo en grupo.
|
|
|
|
|
|