Test interactivo de autoavaliación

NIVEL ASIGNATURA
3º ESOBioloxía e Xeoloxía
4º ESOBioloxía e Xeoloxía
1º BacharelatoBioloxía e Xeoloxía
2º BacharelatoBioloxía
CC. da Terra e do M. Ambiente
Xeoloxía
INSTRUCCIÓNS PARA FACER O TEST
1 Escolle unha asignatura na lista da esquerda e pasarás á seguinte páxina.
2 Selecciona unha ou varias unidades didácticas ou, se o prefires, toda a asignatura.
3 Elixe a dificultade das preguntas: baixa, media, alta ou deixa "indiferente" sinalado.
4 Elixe o número de preguntas que sairán de cada vez: 10, 15 ou 20. Por defecto sairán 15.
5 Contesta ás preguntas e pulsa no botón "Aceptar".

FUNCIONAMENTO DO TEST
O programa busca na base de datos todas as preguntas que cumplen as condicións elexidas e selecciona aleatoriamente o número delas previamente escollido, mostrándoas dun xeito tamén aleatorio.
As preguntas poden ser de dous tipos, verdadeiro/falso ou de varias respostas (4 ou 5) das que só unha é verdadeira.
As preguntas que se deixen sen contestar non serán contabilizadas nin sairán correxidas.
O resultado do test informará das preguntas totais contestadas, das acertadas e das falladas, sen descontar nada por estas últimas xa que non se trata de "aprobar o exame" senón de autoavaliar os coñecementos.
Na corrección das preguntas aparecerán os seguintes símbolos:
Resposta acertada Resposta fallada Resposta correcta no caso de terse fallado
A aplicación e a base de datos que fan funcionar o test fixéronse gracias a unha licencia de estudios. Trátase, por tanto, dun servicio da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Ambos códigos informáticos están xa preparados para recibir miles de preguntas máis de calquera das asignaturas de secundaria. Se eres profesor de secundaria e queres colaborar, escribe un correo electrónico á seguinte dirección: jacortes@edu.xunta.es. Gracias por usar o test.

Copyright © 2003 Xunta de Galicia
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Deseño e Programación: José A. Cortés
A Coruña, Xaneiro-Maio 2003