CEIP DE ARZÚA

Rúa Baltasar Pardal s/n

15810 – Arzúa  (A Coruña)

Teléfono: 981500291

Fax 981500291   

ceip.arzua@edu.xunta.es

http://centros.edu.xunta.es/ceipdearzua/

 

Acceda á versión íntegra do proxecto

 

Obxectivos do proxecto

 

Achegamento das TICs a alumnado con diferentes discapacidades ou necesidades:

o   Dificultades visuais:

·         Aumento de tamaño

·         Posibilidade para manipular obxectos e símbolos

o   Dificultades de audición:

·         Emprego da ruta visual para a aprendizaxe

o   Dificultades motoras: parálise cerebral, síndrome de Down, ...

·         Posibilidades de adaptación de punteiros, teclado..etc

o   Dificultades na atención: hiperactividade, déficit de atención, alteración comportamental

·         Incremento de motivación

·         Incremento de diversidade

o   Adquisición e dominio de nova lingua :

·         vocablos polas dúas vías:visual e auditiva

·         Diálogos, contos

·         Actividades baixadas da Internet

Achegamento das TICs ao alumnado de Educación Infantil:

·         Incremento da atención, motivación...

·         Mellora na súa aprendizaxe.

Emprego da pantalla dixital individualizada nos casos necesarios.

 

Dominio do hardware e softwareos do encerado dixital interactivo por parte do persoal docente mediante o seu manexo e coñecemento de actividades (recorrendo a Internet).

Emprego das funcións básicas do encerado dixital, manexando as ferramentas e os métodos.

Participar  nas posibilidades multimedia  da pantalla.

Dominar as posibilidades de configuración en rede, e de acceso a internet.

 

Aplicación do encerado dixital como recurso didáctico e docente no ensino do alumnado de Infantil, alumnado con necesidades educativas especiais y alumnado estranxeiro que se incorpora ao centro.

Práctica docente con cada aula ou grupo de alumnos.

 Explorar distintos programas educativos para a súa aplicación na aula.

 Programas educativos dispoñibles na rede.

Programas didácticos con licencia dispoñibles no Centro e programas de libre distribución.

 

Deseño de actividades informatizadas no encerado dixital interactivo empregadas na labor docente diaria con alumnado de infantil, necesidades educativas e alumnado estranxeiro que se está a incorporar no centro acollido aos programas especiais de adquisición das novas linguas.

o   Para as dificultades de audición:

·         Actividades que empregan a ruta visual para a aprendizaxe

o   Para as dificultades motoras: parálise cerebral, síndrome de Down, ...

·         Actividades e recursos facilitadores

o   Para dificultades na atención: hiperactividade, déficit de atención, alteración comportamental

·         Actividades que empreguen a diversidade de recursos.

o   Para o alumnado estranxeiro que non coñece ou domina a nosa lingua:

 

·         Actividades de adquisición dunha nova lingua

o   Para alumnado de Educación Infantil en xeral (etapa onde se integran nenos con necesidades educativas)

·         Actividades propias para a etapa de Infantil: adquisición de conceptos básicos, desenvolvemento da motricidade fina, desenvolvemento da linguaxe...etc.

 

 Normalización do emprego do encerado dixital nas tarefas docentes.

 

 Fomentar a innovación e o emprego das novas tecnoloxías entre o profesorado e alumnado.