Acceda á versión íntegra do Proxecto TIC
Obxectivos do proxecto
XERAIS:
· Contribuír á integración dos novos medios nas aulas.
· Argumentar e demostrar que o futuro das novas tecnoloxías da información e a comunicación, de cara a servir á sociedade, teñen que asumirse a través de proxectos educativos e desenvolverse dende eles.
· Ofrecer os nosos proxectos pedagóxicos, debidamente razoados e xustificados, de forma que sexan estes os que reclamen os medios a utilizar e non ao revés.
· Fundamentar e desenvolver un novo modo de relación entre as novas tecnoloxías e a educación que podemos cualificar de INTEGRADOR.
ESPECÍFICOS DO PROFESORADO:
· Actualización e adquisición por parte do profesorado duns coñecementos teóricos e prácticos así como xerar unha dinámica de autoformación, de traballo en grupo e dun sentido crítico ante as novas tecnoloxías
· Fundamentar e desenvolver un novo modo de relación entre as novas tecnoloxías e a educación que podemos cualificar de INTEGRADOR.
· Adquisición por parte do profesorado duns coñecementos teóricos e prácticos, así como xerar unha dinámica de autoformación de confianza e dun sentido crítico ante as novas tecnoloxías.
· Introducir as TIC no ensino de forma xeneralizada e innovadora, analizando os cambios que supoñen para o profesor, como mediador nos procesos de ensino-aprendizaxe
ESPECÍFICOS DA AULA:
· COMUNICACIÓN: comprender e expresar mensaxes con corrección, interpretando e utilizando axeitadamente os códigos correspondentes, tanto informáticos como da lingua oral e escrita.
· INFORMACIÓN: buscar e utilizar a información necesaria para poder resolver os traballos programados.
· INTERPRETACIÓN DO MEDIO: Aplicar os conceptos básicos adquiridos nas outras áreas para interpretar e comprender as aplicacións técnicas máis comúns.
· ESTRATEXIAS E PROCEDEMENTOS: aplicar estratexias de análise e resolución de problemas propios da informática.
· AUTOESTIMA: adquirir os coñecementos suficientes de si mesmos, das súas posibilidades e das súas limitacións, para poder optimizar os logros persoais e potenciar a súa autoestima.
· TRABALLO EN EQUIPO: planificar e realizar traballos en equipo con actitude colaboradora.
· TRABALLO PERSOAL: Desenvolver hábitos de traballo persoal axeitados.
· SAÚDE: alcanzar un coñecemento suficiente do seu propio corpo e das normas de hixiene e saúde que motiven uns costumes saudabes, así como dos defectos e malos hábitos máis comúns durante o traballo con material informático.
· RESPECTO Ao MEDIO: utilizar os seus coñecementos científicos e tecnolóxicos para saber aproveitar do medio natural e adoptar comportamentos de respecto ao medio.
· COÑECEMENTO: coñecer os conceptos, códigos e recursos básicos da materia para podelos aplicar en situacións cotiás.