Acceda á versión íntegra do Proxecto TIC
Obxectivos do proxecto
Dende o punto de vista do Centro:
- Continuar e afianzar o proceso xa emprendido de“alfabetización dixital” de todos os membros da Comunidade Educativa.
- Dar un sentido claro, útil e axeitado a todos os recursos cos que conta, Intranet Educativa, aulas con ordenador e conexión á rede, o propio acceso a internet, Pizarras dixitais, etc. Todos eles elementos que sen o traballo xa comentado deixarían de ter sentido, cunha infrautilización enorme.
- Amosar á toda a sociedade unha aposta clara e concreta no seu prantexamento metodolóxico e didáctico, adaptándose ás necesidades que a actualidade demanda.
- Achegar a escola á realidade social.
- Desenvolver un aspecto dinamizador da cultura dentro do contorno que se atopa.
- Afianzar e potenciar máis o xa recollido no noso PEC referente ó uso das novas tecnoloxías e as TIC.
Dende o punto de vista do alumnado:
- Coñecer e “explotar” as diversas facetas que as TIC poñen ó noso dispor.
- Formalo como cidadán do presente e do futuro adquirindo destrezas no emprego destas ferramentas propias da nosa era.
- Desenvolver nos cativos novas formas de aprendizaxe.
- Estimular a curiosidade por novos coñecementos.
- Despertar interés polo fenómeno tecnolóxico.
- Adecuar ás posibilidades e capacidades de cada un os contidos traballados.
- Comprender e adquirir novas formas de exposición do coñecemento máis alá dos meramente tradicionais.
- Desenvolver cualidades para o traballo en equipo.
- Adquirir unha visión ampla do coñecemento tanto no seu aspecto interdisciplinar como nas distintas canles polas que se obtén.
- Fomentar un espírito crítico coa información obtida, fundamentalmente de Internet. Non todo o que está na pantalla ten que ser bo ou correcto.
Dende o punto de vista das familias:
- Conseguir unha maior implicación destas no proceso de aprendizaxe dos seus fillos e fillas.
- Establecer con Centro unha dinámica de colaboración que vaia máis alá do que poda ser referente ó seu fillo ou filla.
- Crear un sentimento de respecto por todas as posibilidades que o entorno social e natural propio do Centro ten.
- Levar ata os fogares a idea de que ordenadores e Internet teñen outros usos máis alá do simple lecer.
- Fomentar a “alfabetización dixital” do entorno dos cativos.
Dende o punto de vista do profesorado:
- Seguir dando continuidade ó proceso de emprego das TIC no Centro, dando ahora maior protagonismo ó resto do profesorado, non so os integrantes do Equipo de Novas Tecnoloxías. Entendemos que a “alfabetización dixital” é un proceso constante e continuado tanto para o alumnado como o profesorado e as familias.
- Contar cunha serie de recursos e contidos que apoien e melloren o proceso de ensino - aprendizaxe en cada un dos niveis.
- Seguir desenvolvendo contidos propios, adaptados ó xeito e interese de cada docente.
- Afianzar e “ampliar” metodoloxías e didácticas coas TIC, xa iniciadas no centro.
- Continuar na dinámica emprendida de emprego e explotación das novas tecnoloxías.
- Seguir desenvolvendo o traballo colaborativo entre docentes.