Acceda á versión íntegra do proxecto
Obxectivos do proxecto
A longo prazo
Para o alumnado
4 Favorecer un uso máis educativo dos medios.
4 Espertar o interese por aprender ao apoiarse nun soporte audiovisual de comunicación.
4 Descubrir ou reforzar as aprendizaxes de aula mediante o uso destes medios.
4 Adquirir estratexias intelixentes de busca, tratamento, procesamento e presentación da información.
4 Desenvolver o sentido crítico respecto á información recibida destes medios.
4 Fomentar o traballo cooperativo entre o alumnado.
4 Estimular a creatividade e a imaxinación utilizando estes medios de comunicación e expresión.
4 Superar as barreiras xeográficas que o alumno ten para se comunicar cos seus compañeiros de clase, do colexio, doutros colexios, doutras cidades, países, etc. tanto no colexio como no seu fogar.
4 Potenciar a integración do alumnado con necesidades educativas especiais mediante o manexo de materiais adaptados e flexibles.
4 Familiarizarse coa nova forma de aprender que o uso destes medios aportan: formación virtual onde non é necesaria a coincidencia espacial nin temporal.
4 Tomar conciencia de que as novas estratexias adquiridas son a base para a aprendizaxe autónoma do alumno ao longa de toda a súa vida.
Para o profesorado
4 Coñecer e usar cos alumnos/as as TIC para descubrir e reforzar contidos curriculares.
4 Deseñar programas de apoio a alumnos con necesidades educativas especiais utilizando as vantaxes destes medios.
4 Experimentar novos modelos de aprendizaxe alternativos á instrución directa tradicional.
4 Mellorar o traballo titorial e de docencia, sobre todo na produción de materiais didácticos.
4 Favorecer o intercambio de información con outros profesores en proxectos de innovación e investigación.
4 Participar en programas de formación para o uso pedagóxico destes medios no ensino diario.
4 Mellorar a comunicación entre o profesorado e as familias a través dos canais de internet (espazo web, correo electrónico,…), dando a coñecer o Plan de Centro, informando das actividades extraescolares, ...
4 Estimular a creación de materiais curriculares multimedia con ferramentas de autor.
4 Introducirse no manexo de sistemas operativos de código aberto (Linux) e na utilización de software libre e gratuíto.
A curto prazo
A incorporación nas aula das novas tecnoloxías non pode producirse de maneira inmediata xa que a súa utilización didáctica suporá a adquisición progresiva de actitudes, xeitos e coñecementos, tanto polo alumnado como, sobre todo, polo profesorado. Por iso, os obxectivos que nos propoñemos a curto prazo son:
Para o alumnado
4 Aprender o manexo básico do sistema operativo Windows XP, adaptado ás idades do alumnado dos distintos niveis educativos.
4 Introducirse non uso da aplicación ofimática OpenOffice (procesador de texto e presentacións).
4 Aprender a buscar, seleccionar e valorar información en Internet, para usar esa información como recurso educativo, e organizala e tratala mediante medios informáticos.
4 Colaborar na montaxe da revista escolar.
4 Utilizar programas e contornos que faciliten a aprendizaxe das diferentes áreas do currículo.
Para o profesorado
4 Afondar no manexo do sistema operativo Windows XP.
4 Coñecer o funcionamento básico e distribución dunha rede de ordenadores.
4 Introducirse no uso da aplicación ofimática OpenOffice (procesador de texto e presentacións) e descubrir as posibilidades de aplicación desa ferramenta de software ao traballo docente.
4 Crear unha actitude de interese e autoaprendizaxe no profesorado.
4 Introducir as aplicacións informáticas na aula.
4 Desenvolver materiais curriculares para todas as áreas no marco das novas tecnoloxías, para apoiar estratexias metodolóxicas e didácticas: creación de Miniquests e de actividades JClic.
4 Usar internet como ferramenta de busca de información no seu traballo diario e como medio de comunicación co resto da comunidade educativa.
4 Mellorar a comunicación directa co profesorado do propio centro, doutros centros e coa Administración educativa mediante o correo electrónico.
4 Facilitar o acceso da informática aos alumnos con necesidades educativas especiais e nas tarefas de apoio e reforzo de aprendizaxes.
4 Seguir elaborando, coa máxima participación do profesorado, o espazo web do Centro.
4 Xestión da biblioteca escolar co programa MEIGA: empréstitos e devolucións, rexistro, catalogación, estatísticas, etc.