Teléfono: 986540358
Fax 986541017
ies.aquis.celenis@edu.xunta.es
http://centros.edu.xunta.es/iesaquiscelenis/
Acceda á versión íntegra do proxecto
Obxectivos do proxecto
A curto prazo preténdese conseguir que a xestión dos recursos multimedia e informáticos que temos no centro se mellore para facilitar, todo o que se poida, a utilización dos mesmos minimizando a perda de tempo no seu traslado e conexión.
Máis a longo prazo pretendemos:
• Acadar mediante a experiencia desenvolvida con este proxecto o fomento e asentamento das bases doutros futuros proxectos.
• Fomentar que todo o alumnado teña acceso e poida ser formado utilizando os recursos multimedia e informáticos.
• Conseguir que o profesorado utilice as ferramentas multimedia dunha forma autónoma.
• Propiciar que o profesorado utilice o software multimedia máis básico e coñeza os programas máis utilizados.
• Impulsar a busca polo profesorado de materiais específicos na internet, a súa edición e adaptación á programación mediante o software máis común.
• Publicar na internet os materiais curriculares feitos nos últimos anos, e que os que se elaboren poidan ser compartidos facilmente mediante o seu procesamento e publicación libre na internet.
• Establecer criterios comúns para a elaboración das páxinas web de materia que se integren na web do centro.
• Conseguir que o profesorado adquira o nivel de competencia necesario para a utilización de tódolos recursos do centro.
• Elaborar por parte de tódolos departamentos materiais curriculares cos recursos multimedia e informáticos que o centro posúe.
• Involucrar toda a comunidade educativa na avaliación dos recursos utilizados.
• Abrir unha canle de comunicación permanente, mediante a internet, entre toda a comunidade educativa que facilite a participación libre e democrática no proceso de avaliación destes materiais.