Acceda á versión íntegra do proxecto
Obxectivos do proxecto
- Formación do profesorado no coñecemento e uso das TIC, a través de cursos do CEFORE
- Curso/s considerados necesarios polos compoñentes do proxecto
- Aprendizaxe online en casos concretos nos que resulte factible e aconsellable
- Aprendizaxe colaborativa entre os compoñentes do proxecto, dados os diferentes niveis de coñecementos e recursos existentes no mesmo
- Coñecemento, formación e utilización dos recursos TIC que ten actualmente o centro e os que se incorporarán a raíz da participación neste proxecto
- Planificación e coordinación dos recursos para conseguir unha optimización da súa utilización de xeito que se poidan usar nun maior número de actividades
- Aproveitar a utilización das TIC para mellorar a atención á diversidade
- Elaboración de novas unidades didácticas que inclúan a utilización das TICs
- Desenvolvemento de actividades nas que a utilización das TIC amplíe as posibilidades e proporcione maior participación e rendemento
- Creación, elaboración e mantemento da páxina web do centro
- Utilización da páxina web para as actividades docentes e para a posta en común das unidades, experiencias e actividades realizadas co resto do entorno educativo
Unha vez conseguidos os obxectivos anteriores, trataríase de completar os mesmos por medio de:
- Ampliar a utilización das TIC á práctica totalidade das áreas e niveis do centro
- Tratar de involucrar o resto do claustro no proxecto mediante experiencias e resultados
- Conseguir a utilización dos recursos TIC como complemento habitual na práctica docente
- Incrementar a utilización da páxina web do centro como medio de comunicación interactiva cos alumnos, pais, administración e co resto da comunidade educativa