Teléfono: 988431460
Fax 988431460
http://centros.edu.xunta.es/iescelanova/
Acceda á versión íntegra do proxecto
Obxectivos do proxecto
A curto prazo
Uso das TIC asociadas ó encerado dixital.
· Internet: busca de información, descargas, e-mail.
· Redes: intercambio de información, uso de recursos compartidos.
· Webcam: videoconferencia, etc,
· Impresoras, escáner.
· Gravadoras de CD, pendrive USB, etc.
Uso do encerado + TIC como recurso didáctico na aula, con varias modalidades de uso.
A medio prazo (fin do curso 2006/07): estender estes coñecementos base (como mínimo o uso do canón con material en CD ou páxinas web e modelos de aplicación didáctica) a todos os departamentos que sexa posible, e organizar os espazos e medios para posibilitar o seu uso alomenos unha vez á semana por todos os departamentos. Ampliar, polo tanto, o número de profesores implicados, para o que resultan indispensables unha formación didáctica e tecnolóxica inicial dunhas 3/5 horas e unha primeira guía de páxinas web de interese para cada área.
A longo prazo (2 a 3 cursos): Que o profesorado incorpore nas programacións de aula o uso destas ferramentas e comece a constituír a súa propia biblioteca de recursos dixitais existentes ou xerada por eles mesmos. Dispoñer toda esa información en rede, para que poida ser utilizada por todo o centro e incluso fóra del. Colaboración na elaboración de contidos para a web do centro, para a cuxa actualización se ten previsto solicitar un grupo de traballo. Potenciar que os alumnos utilicen os formatos dixitais como medio para facer presentacións dos seus traballos utilizando o encerado dixital, para o que deberá organizarse o acceso dos alumnos ás aulas dixitais.