IES MARÍA CASARES

  • Código: 15027228
  • Nome: IES María Casares
  • Enderezo: Avenida Che Guevara 140
  • Localidade: Oleiros (Santa Maria)
  • Concello: OLEIROS
  • Provincia: A Coruña
  • Código postal: 15179
  • Correo-e: ies.maria.casares@edu.xunta.es
  • www: http://centros.edu.xunta.es/iesmariacasares 
  • Teléfono: 981626344
  • Fax: 981648595
  • Titularidade: Pública

     

    Acceda á versión íntegra do proxecto 

  • Obxectivos do proxecto

     

    1.    Comprensión da transcendencia fundamental para o sistema educativo da incorporación de recursos TIC avanzados nos procesos de ensinanza/aprendizaxe..

    2.    Comprender as peculiaridades de funcionamento das comunidades de aprendizaxe coas TIC.

    3.    Comprender e aplicar os resultados das habilidades adquiridas na actividade docente da aula.

    4.    Insistir na necesidade de comprensión sobre as diferencias que introducen nos procesos de ensinanza/aprendizaxe as novas formas de transmisión da información.

    5.    Comprender as modificacións substanciais que a invasión da imaxe xera no proceso educativo e nas expectativas que os alumnos/as teñen sobre as  mesmas.

    6.    Identificar e explicitar entre os membros da comunidade escolar os mecanismos e valores cos que as tecnoloxías audiovisuais e os “mass media” realizan na socialización do individuo e como repercuten no proceso educativo.

    7.    Posibilitar a comprensión da organización física, social, económica e política que require, soporta e dinamiza a rede Internet.

    8.    Integración como recurso educativo cotián de plataformas de aprendizaxe on-line.

    9.    Continuar ca integración normalizada da función do coordinador na dinámica propia do centro.

    10. Divulgación dos recursos en novas tecnoloxías.

    11. Propiciar o uso dos medios das novas tecnoloxías.

    12. Integrar os recursos dados a través das novas tecnoloxías no currículo do Centro.

    13. Promover e organizar reunións do coordinador de medios audiovisuais cos departamentos didácticos para mostrar os recursos existentes e as novas adquisicións.

    14. Facilitar a utilización dos recursos nos espacios e medios dispoñibles.

    15. Interpretar e posibilitar a producción de mensaxes audiovisuais con intencionalidade educativa.

    16. Identificar as variables con intencionalidade de manipulación informativa na creación de mensaxes audiovisuais ou multimedia.

    17. Valorar a transcendencia das comunidades de aprendizaxe cooperativo no novo funcionamento do sistema educativo, e a súa relevancia na xeración de interaccións de ensinanza-aprendizaxe na comunidade escolar.

    18. Propiciar a familiarización do uso de ordenadores, proxectores de transparencias, televisores, canón de proxección de imaxe de vídeo ou de pantalla de ordenador, cámaras de vídeo nas aulas.

    19. Valorar positivamente o uso de materiais xerados coas novas tecnoloxías e posibilitar o seu uso.

    20. Promover un achegamento interesado e eficaz ás novas tecnoloxías.

    21. Familiarizar aos profesores interesados na utilización dos recursos cos medios que se requiran para a súa utilización.

    22. Valorar e respectar o patrimonio audiovisual, apreciándoo como fonte de disfrute, coñecemento e recurso para o desenvolvemento individual e colectivo

    23. Recoñecemento das vantaxes e limitacións que ofrece o vídeo para a gravación, reproducción, e creación de mensaxes audiovisuais fronte a outros medios.

    24. Toma de conciencia sobre a inflación do uso que a imaxe de vídeo ten na nosa sociedade (televisión). Valorar a necesidade de xulgar a información que transmite e dotar de criterios razoables para a elección da información.

    25. Xulgar criticamente a información xerada a través das novas tecnoloxías. Saber distinguir o autenticamente relevante sen deixarse levar polo chamativo das presentacións audiovisuais ou multimedia.