Teléfono: 982220698
Fax 982220696
ies.nosasenora.ollosgrandes@edu.xunta.es
http://centros.edu.xunta.es/iesollosgrandes/
Acceda á versión íntegra do proxecto
Obxectivos do proxecto
Curto prazo
· Facer da páxina web do centro un instrumento nos procesos de ensino e aprendizaxe mediante a creación de Blogs de aula (co programa Wordpress), a elaboración de WebQuest e buscas do tesouro, a creación de webs educativas ou como punto de acceso aos materiais interactivos para que se poidan usar na aula ou fora dela. Crearase tamén unha galería de imaxes co programa Coppermine.
· Utilizar materiais interactivos nos procesos de ensino e aprendizaxe, ben os que xa existen na rede ou os creados polos propios profesores.
· Aproveitar os recursos tecnolóxicos existentes no centro mediante unha axeitada planificación do seu uso por parte de toda a comunidade educativa.
· Facilitar o emprego dos recursos por parte do alumnado fora do horario lectivo instalando ordenadores na biblioteca ou facilitando o uso da aula de informática.
· Formar os profesores na utilización destas tecnoloxías.
· Coñecer o uso que os alumnos fan das novas tecnoloxías e os recursos con que contan nos seus fogares.
· Adaptar a web existente no centro ás normas de accesibilidade.
Longo prazo
· Aumentar a participación do número de profesores e alumnos implicado na utilización de novas tecnoloxías.
· Ampliar os recursos tecnolóxicos do centro integrándoos nas distintas aulas.
· Reflexionar sobre o emprego das novas tecnoloxías na educación e compartir as experiencias cara a busca dunha metodoloxía adecuada para o uso das mesmas.
· Fomentar o traballo en colaboración mediante a creación dunha intranet de centro.
· Investigar novas aplicacións e programas para o seu emprego nos procesos de ensino e aprendizaxe.