IES PINO MANSO

  • Código: 36007011
  • Nome: IES Pino Manso
  • Enderezo: Rúa Antonio Palacios 76
  • Localidade: Porriño (Santa Maria p.)
  • Concello: PORRIÑO (O)
  • Provincia: Pontevedra
  • Código postal: 36400
  • Correo-e: ies.pinomanso@edu.xunta.es
  • www: http://centros.edu.xunta.es/ 
  • Teléfono: 986330220
  • Fax: 986337230
  • Titularidade: Pública
  •  

  • Acceda á versión íntegra do proxecto 

  • Obxectivos do proxecto

    Obxectivos a longo prazo

    A. Formar ao noso alumnado no uso responsable das TICs como fonte de información, de coñecemento e de autoaprendizaxe.

    Tratase de conseguir a alfabetización dixital do alumnado ensinándolles a selección e tratamento crítico da información que chega a través da Rede.

    B. Mellorar os procesos de ensinanza-aprendizaxe que se desenvolven no Centro.

    As TICs proporcionan ao profesorado unha inxente cantidade de información relacionada coas súas materias, ademais, contribúen a desenvolver nos alumnos e alumnas unha actitude máis activa e estimulan a implicación nas tarefas. En esencia, potencian o papel do profesor como mediador e guía nos procesos de aprendizaxe.

    C. Mellorar a atención á diversidade.

    Consideramos que as TIC facilitan, en maior grao que os medios dos que dispomos actualmente, a atención á diversidade porque poñen en mans do profesorado materiais curriculares e recursos didácticos adaptados ou facilmente adaptables á situación de cada alumno/a. Ademais, os recursos TIC facilitan as actividades de reforzo e ampliación, co que se favorece a atención personalizada a todo tipo de alumnado.

    E. Potenciar a educación en valores.

    A Rede pon a disposición do profesorado e do alumnado todo tipo de información e recursos relacionados con esta temática, ademais:

    F. Contribuír á mellora da convivencia no Centro e, especificamente, á diminución das condutas contrarias a norma do alumnado.

    H. No ámbito da xestión e administración, mellorar a calidade da atención que se presta ó alumnado e ás súas familias.

    I.- Potenciar o uso do galego como lingua de comunicación na comunidade educativa.

    Moitos dos materias TIC dos que dispoñemos están en castelá e aínda que cada vez hai mais en galego é preciso que teñamos todo o material na lingua propia de Galicia

     Obxectivos a curto prazo

     

    2.1. No ámbito docente

    A. Utilizar de forma progresiva as TIC como recurso educativo nos procesos de ensinanza- aprendizaxe que se desenvolven no Centro, segundo o programado polos distintos departamentos participantes, e de acordo cos obxectivos establecidos a longo prazo.

    B. Crear un banco de datos que actúe como centro de recursos educativos a disposición do profesorado.

    C. Crear unha "biblioteca virtual" a disposición do alumnado na que este poida atopar direccións seguras, seleccionadas en función da súa calidade e rigor e organizadas segundo a súa relación cos contidos curriculares das diferentes materias.

    D. Desenvolver o sistema de mantemento de contidos Drupal do Centro

    E. No contexto da atención á diversidade, incorporar o uso das TIC nas adaptacións curriculares e itinerarios personalizados (alumnado con necesidades educativas especiais, con atraso escolar, etc.).

    I. Proporcionar ao profesorado a formación necesaria, continúa e progresiva, no uso e aplicación das TICs no ámbito educativo

    J.- Potenciar a elaboración de materiais en galego. Un dos problemas con que nos atopamos como docentes é o escaso número de material na Rede en galego e unha forma de mellorar esta situación e a de elaborar todos os materiais en galego.

     

    2.2. No ámbito da xestión e administración

    A. Mellorar a biblioteca do Centro poñendo á súa disposición máis recursos informáticos

    B. Poñer en marcha o correo electrónico para  facilitar as relacións dos titores coas familias: recibir e acceder a comunicacións, información sobre evolución académica dos seus fillos ou fillas, etc.

    C. No ámbito administrativo, continuar o labor de xestión do profesorado co programa XadeWeb e iniciar ao ritmo co que a Administración o vaia habilitando, a teletramitación de preinscripcións, matriculacións, solicitude de certificacións, becas, etc.