IES PORTOVELLO

  • Código: 32016765
  • Nome: IES Portovello
  • Enderezo: Rúa Luís Trabazos, 1 (As Lagoas)
  • Localidade: Ourense
  • Concello: OURENSE
  • Provincia: Ourense
  • Código postal: 32004
  • Correo-e: ies.portovello@edu.xunta.es
  • www: http://centros.edu.xunta.es/iesportovello
  • Teléfono: 988232649
  • Fax: 988224420
  • Titularidade: Pública
  • Acceda á versión íntegra do proxecto 

  • Obxectivos do proxecto

    1.    Obxectivos a longo prazo

     

    a)      Conseguir a integración das TIC como un  recurso de uso habitual  para  todo o profesorado, e en especial para aqueles módulos que polo seu dinamismo no eido profesional así o requiran, substituíndo paulatinamente o sistema tradicional de ensino-aprendizaxe onde as TICs formen parte importante do sistema de traballo e aprendizaxe. 

    b)     Confeccionar actividades que nos permitan complementar a nosa labor docente.

    c)      Acadar unha cualificación o máis axeitada posible para que o noso alumnado no uso dos recursos que rodean as novas tecnoloxías da información.

    d)     Facilitar que a información se atope no momento e lugar adecuado ás necesidades puntuais de cada membro da comunidade educativa.

    e)      Optimizar os recursos dispoñibles no centro.

    2.    Obxectivos a curto prazo

    -                      Utilizar a Web para a realización de tarefas cotiás.

    -                      Conseguir unha mellora da comunicación entre o alumno e o profesor  mediante a utilización de formatos dixitais (correo electrónico, entrega de traballos en pdf, documentos de word e outros, ... )

    -                      Desenvolver unha experiencia de traballo cooperativo, entre o profesorado e o alumnado de diferentes ciclos formativos, a partir dun proxecto común.

    -                      Promover a elaboración e colocación por parte do profesorado de alomenos unha actividade en formato dixital relacionada coa fundación virtual.

    -                      Formarse nas técnicas de presentación e exposición da información apoiándose nas TIC.