GÚSTAME: ARTES GRÁFICAS

ESCENARIO

Paréceche que levas moitos anos estudando, estás en 4º da E.S.O. e chega o momento en que, por fin, podes decidir a que te queres dedicar. Non queres estudar bacharelato, pero si prepararte profesionalmente para algo que che gusta.

Poderás facelo a través da formación profesional específica, accedendo os ciclos formativos de grao medio. Tes dúas formas para poder acceder, as dúas formas de acceso son incompatibles:
  1. Acceso directo si tes o título de graduado en educación secundaria.
  2. Superando unha proba de acceso. Para concorrer a esta proba debes ter 17 anos ou cumprilos no mesmo ano en que se realicen as probas. Si tes menos idade, pero superado un programa de garantía social, podes concorrer a esta proba.

As artes gráficas están dentro das túas preferencias. Mais non todo o que nos interesa ou en que nos gusta ocupar o noso tempo de lecer, coincide con aquilo a que desexariamos dedicarnos profesionalmente o resto da nosa vida, por iso che pedimos que dediques un momento do teu tempo a cubrir este Cuestionario de Intereses Profesionais e Escala de Aptitudes. Pode axudarche a descubrir se en realidade esa é a túa verdadeira vocación. Preme nos nomes co rato e abriranse os cuestionarios.

CUESTIONARIO DE INTERESES PROFESIONAIS (ficheiro folla de cálculo EXCEL)

ESCALA DE APTITUDES (ficheiro folla de cálculo EXCEL)

Cando remates de facer o cuestionario obterás unha axuda para descubrir cales son os teus intereses profesionais. Non esquezas que o titor ou titora e mais o orientador ou orientadora do teu centro tamén están á túa disposición para a axuda que necesites.

Unha vez que decidiches dedicarte ao mundo das artes gráficas, nas páxinas seguinte poderás obter información sobre esta familia profesional, cales son os ciclos que se ofertan, como podes acceder a eles e onde podes estudalos. Con todos eses datos elaborarás un informe que lle presentarás ao titor ou titora xustificando cal é o teu interese polas actividades das artes gráficas.

 



Webquest elaborada por Contidos educativos con