GÚSTAME: COMERCIO E MÁRKETING

ESCENARIO

 

Paréceche que levas moitos anos estudando, estás en 4º da ESO e chega o momento en que, por fin, podes decidir a que te vas dedicar. Non queres estudar bacharelato, pero si prepararte profesionalmente para algo que che gusta.

Poderás facelo a través da formación profesional específica, nos ciclos formativos de grao medio. Tes dúas formas de acceder á FP que son incompatibles:

  1. Acceso directo se tes o título de graduado en educación secundaria.
  2. Superación dunha proba de acceso. Para concorrer a esta proba debes ter 18 anos ou cumprilos no mesmo ano en que se realicen os exames. Se tes menos idade, pero superaches un programa de garantía social, tamén podes concorrer a ela.

O Comercio e márketing está dentro das túas preferencias. Mais non todo o que nos interesa ou en que nos gusta ocupar o noso tempo de lecer coincide con aquilo a que desexariamos dedicarnos profesionalmente o resto da nosa vida, por iso che pedimos que reserves un momento do teu tempo para cubrir este Cuestionario de Intereses Profesionais e Escala de Aptitudes. Pode axudarche a descubrir se en realidade esa é a túa verdadeira vocación. Preme nos nomes co rato e abriranse os cuestionarios.

CUESTIONARIO DE INTERESES PROFESIONAIS (ficheiro folla de cálculo EXCEL)

ESCALA DE APTITUDES (ficheiro folla de cálculo EXCEL)

Cando remates de facer o cuestionario obterás unha axuda para descubrir cales son os teus intereses profesionais. Non esquezas que o titor ou titora e mais o orientador ou orientadora do teu centro tamén están á túa disposición para a axuda que necesites.

Se decides dedicarte ao mundo do Comercio e Márketing, nas páxinas seguintes poderás obter información sobre esta familia profesional, cales son os ciclos que se ofertan, como podes acceder a eles e onde podes estudalos. Con todos eses datos elaborarás un informe que lle presentarás ao titor ou titora xustificando cal é o teu interese polo Comercio e Márketing.



Webquest elaborada por Contidos educativos con