Cando o profesor estudaba, nas aulas apenas había rapaces doutras nacionalidades. Cando o profesor se fixo profesor, atopouse con que entre vós se falaba o galego e o castelán con moi distintos acentos e aínda que había rapaces que non sabían falar nin un nin outro.
Desde hai anos a inmigración é un fenómeno común na nosa vida. Sen dúbida que isto nos enriquece, mais tamén hai quen ve ao estranxeiro como unha ameaza. E vós?