O uso da lingua galega nos medios de comunicación non se corresponde coa realidade sociolingüística galega; é dicir, estes non son un espello da maioría social galegofalante, nin na porcentaxe de uso da nosa lingua nin, en xeral, nos contidos e enfoques que presentan. Neste contexto, algúns xornais dixitais (ou versións dixitais dos periódicos en papel) non editados en galego, total ou parcialmente, están a incorporar tradutores automáticos que, ao non ser revisados os textos resultantes, producen verdadeiro refugallo lingüístico.
O Observatorio dos medios está a analizar esta situación e a estudar propostas de mellora. E solicitoulles aos centros de ensino a súa particular perspectiva. Iso permitiranos explorar a presenza e a calidade da lingua
galega nos xornais da rede para, finalmente, construírmos
argumentos na demanda dunha maior funcionalidade social.