Ligazóns de intereseBanco MultimediaUtilidadesOrientaciónAtención á diversidade
NOVOS RECURSOS EDUCATIVOS

Consulte aquí os últimos recursos educativos incluídos no portal



18/09/2008 : Banda Deseñada

Guía de recursos para realizar unha banda deseñada, os obxectivos, as competencias básicas para traballar na aula e enlaces de referencia. Así mesmo ferramentas para a creación da banda deseñada e as posibilidades de publicación.

Banda deseñada (PDF)


21/05/2008 :Convocada a 2ª edición dos Premios a recursos educativos para a sociedade da información

No DOG do mércores 21 de Maio saiu publicada a convocatoria conxunta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Innovación e Industria dos Premios a recursos educativos para a sociedade da información 2008 que teñen como obxectivos promover a creación e divulgación de contidos dixitais de calidade na rede, impulsar o coñecemento do software libre por parte da comunidade educativa e recoñecer e valorar o esforzo do profesorado na adopción das tecnoloxías de información e comunicación no seu traballo cotián.

As modalidades nas que se poderá participar son as seguintes:

A- ferramentas de autor
B- materiais curriculares web e para encerado dixital
C- Galerías de imaxes e vídeos didácticos
D- Aplicacións de software libre

(usando como plataforma de desenvolvemento a Forxa de mancomun.org)

De xeito análogo á primeira edición, destinaranse 52.000 euros aos premios, cuns primeiros premios de 6000 euros nas modalidades A,B,D e de 3000 euros na modalidade C. Poderá participar, a nivel individual ou en grupo, o profesorado de centros non universitarios sostidos con fondos públicos. O prazo de participación comenza o día seguinte á súa publicación no DOGA e rematará o 15 de setembro.

Consultar a Orde de Convocatoria (PDF)


20/5/2008 : Premios á innovación educativa

Na orde do 8 de maio de 2008 convócanse os Premios á innovación educativa para profesorado de centros públicos de ensino non universitario dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Este ano son 4 as modalidades polas que se pode participar :

A. Experiencias didácticas innovadoras
B. Materiais educativos
C. Proxectos de centro
D. Medidas para a prevención do absentismo escolar e abandono temperán.

O prazo de participación estará aberto ata o 15 de setembro

Consultar a Orde de Convocatoria (PDF)


20/05/2007 :Convocatoria de Proxectos TIC para o curso 2008/2009

Orde do 5 de maio de 2008 pola que se convocan axudas para a realización de proxectos de innovación para un uso educativo das tecnoloxías da información e a comunicación para o curso 2008 - 2009 e se aproban as súas bases de concesión.

Pulse aquí para acceder á orde completa


18/2/2008 : Acceso ao Boletín do Observatorio Tecnolóxico do CNICE

O observatorio tecnolóxico é un espazo de colaboración para o profesorado baseado na observación da tecnoloxía informática, tanto a nivel de hardware coma de software, para, mediante a súa análise e estudo, aplicala nos niveis educativos non universitarios.



11/2/2008 : Modificacións no apartado de obradoiro. Soporte a outros encerados dixitais interactivos

Na sección de Obradoiro de recursos poden atopar unha nova ferramenta de creación de xogos interactivos en flash, e tamén soporte a outros modelos de encerados dixitais.



7/2/2008 : Premios á innovación educativa e premios á innovación educativa sobre educación nos valores democráticos

As resolucións destes premios saíron publicadas nos DOG nº 244 do 19/12/07 e no DOG nº 3 do 4/1/08, respectivamente. Na seguinte ligazón poden consultar os traballos gañadores

Traballos galardonados nos premios de innovación educativa 2007



18/12/2007 : Resoltos os PREMIOS A RECURSOS EDUCATIVOS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 2007

No DOG do martes 18 de Decembro saiu publicada a resolución dos PREMIOS A RECURSOS EDUCATIVOS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 2007. Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos os participantes.

A- ferramentas de autor

1º Premio: Proxecto Xogamos (Coord: Feliciano José Couto Escanciano)

B- materiais curriculares web

1º Premio: A Auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial (Coord: Antonio Lomba Baz)

2º Premio: Tecnoloxía na ESO (Coord: María Loureiro González)

3º Premio: Planeta dixital (Coord: José Carlos Martínez Vázquez)

3º Premio: Tempus fugit (Coord: Agustín Carracedo Santos)

3º Premio: A empresa no cine (Coord: José Ramón Fraga Rodríguez)

3º Premio: Dicionario de termos de arte (Coord: Xosé Manuel Vicente Trigo)

C- Galerías de imaxes e vídeos didácticos

1º Premio: A Cova de Ceza (Coord: Javier Santiago Caamaño)

3º Premio: A volta do xogo popular (Coord: José Luis Río Silva)

D- Aplicacións de software libre

1º Premio: Traducíndote (Coord: Manuel Morán Vaquero)

2º Premio: Websqusr (Coord: Francisco Javier Taboada Aguado)

3º Premio: Galinux-Slax (Coord: Teodosio Francisco Ramírez Jorquera)

Consultar a Orde de Resolución (PDF)


13/12/2007 : Especial de Nadal

Propoñémosvos este sitio onde atoparedes información sobre a celebración do Nadal, entendida como un feito social e cultural. Atoparedes información sobre esta celebración en Galicia e noutros lugares do mundo, e incluso información sobre outras celebracións que coinciden no tempo co Nadal pero que pertencen a outras culturas.

Prema aquí para ir ao sitio


25/06/2007 :Convocados os PREMIOS A RECURSOS EDUCATIVOS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 2007

No DOG do luns 25 de Xuño saiu publicada a nova convocatoria conxunta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Innovación e Industria dos PREMIOS A RECURSOS EDUCATIVOS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 2007.

As Direccións Xerais de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e a de Ordenación e Innovación Educativa queren, con estes premios de importante dotación económica e divididos en varias modalidades, promover a creación e divulgación de contidos dixitais de calidade na rede, impulsar o coñecemento do software libre por parte da comunidade educativa e recoñecer e valorar o esforzo do profesorado na adopción das tecnoloxías de información e comunicación no seu traballo cotián.

As modalidades nas que se poderá participar son as seguintes:

A- ferramentas de autor
B- materiais curriculares web
C- Galerías de imaxes e vídeos didácticos
D- Aplicacións de software libre

(usando como plataforma de desenvolvemento a Forxa de mancomun.org)

Destinaranse 52.000 euros aos premios, cuns primeiros premios de 6000 euros nas modalidades A,B,D e de 3000 euros na modalidade C. Poderá participar, a nivel individual ou en grupo, o profesorado de centros non universitarios sostidos con fondos públicos. O prazo de participación comenza o día seguinte á súa publicación no DOGA e rematará o 15 de setembro.

Consultar a Orde de Convocatoria (PDF)


31/05/2007 : RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE WEBQUEST SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

Resolución conxunta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade pola que se establecen as bases e se convocan premios para o profesorado que realice web quest sobre educación afectivo-sexual para alumnado de educación infantil e primaria e para alumnado de educación secundaria.

Pode consultar aquí as webquest premiadas.

 

09/05/2007: Resolto o concurso de webquests sobre as Letras Galegas

A organización agradece a alta participación e valora a calidade do conxunto dos traballos presentados. Os docentes premiados son:

Categoría A (infantil e primaria):

Primeiro premio: Norberto Blanco Dorrío (CEIP Baños de Molgas) Coñecendo a María Mariño Carou

Segundo premio: Amalia Mato Landeira (CPI de Bembibre)
María Mariño, unha poeta única


Categoría B (resto de niveis de ensino non universitario):

Primeiro premio: Noem í Pazó, Marisa Fariña e Pablo Balsas
(IES Maximino Romero de Lema)

Viaxeira

Segundo premio: Xosé Duyos e Luís Aldegunde (CPI dos Dices)
María Mariño, tecedeira da fala


07/05/2007 :Convocatoria de Proxectos TIC para o curso 2007/2008

Orde do 25 de abril de 2007 pola que se convocan axudas para a realización de proxectos de innovación educativa para a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación para o curso 2007 - 2008 e se aproban as súas bases de concesión.

>Pulse aquí para acceder á orde completa


23/4/2007 : Melloras no Portal de Contidos

Seguindo as suxestións de varios usuarios mellorouse a claridade na presentación das listaxes de recursos. Agora márcanse en laranxa os recursos máis recentes. Así mesmo, optimizouse o tamaño das imaxes dos recursos para mellorar a velocidade de carga.

 


libro_colaborativo
16/04/2007 : Concurso de libros web colaborativos

Xa está aberto o prazo para solicitar un espazo web onde cada profesor/ra poderá elaborar co seu alumnado un libro colaborativo sobre María Mariño durante o mes das Letras. Os mellores libros recibirán diversos premios. Para crear o libro, a Consellaría de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística poñen a disposición da comunidade educativa unha ferramenta que lles permitirá traballar sen ter coñecementos de programación.

Prema aquí para ter acceso á ferramenta e, dende ela, tamén ás bases da convocatoria e ao manual para facer un libro


Ensinanzas de réxime especial
30/03/2007 : Nova sección de Ensinanzas de Réxime Especial

O portal de contidos educativos ofrece unha nova sección na que se poden consultar recursos das ensinanzas de réxime especial, entre as que se atopan as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas.

Prema aquí para ter acceso a elas


phpwebquest
19/03/2007 : Concurso de webquest de educación afectivo-sexual

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria) e a Dirección Xeral de Saúde Pública (Consellería de Sanidade) convocan un concurso de webquests de educación afectivo-sexual dirixidas a alumnado de infantil, primaria e secundaria.

Para iso, poñen a disposición de todo o profesorado unha feramenta que permitirá elaborar os materiais obxecto da convocatoria sen ter apenas coñecementos informáticos.

Prema aquí para ter acceso ás bases.

05/03/2007 : Concurso de webquest e de libros web colaborativos

Co gallo do Día das Letras Galegas 2007, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocan un concurso de webquest e outro de libros web colaborativos.

Para iso, poñen a disposición de todo o profesorado e de todo o alumnado dúas ferramentas que permitirán elaborar os materiais obxecto da convocatoria sen ter apenas coñecementos informáticos.

Prema aquí para ter acceso ás bases


26/02/2007 : Entrega dos Premios á Innovación Educativa 2006

A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, presidiu esta mañá a entrega dos Premios á Innovación Educativa 2006, que engloban as categorías de Premios á Innovación Educativa sobre os temas transversais, premios para o profesorado de centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos, e premios sobre as enerxías renovables. Os premios están recollidos na súa totalidade nun DVD que pode solicitarse no Servizo de Innovación e Ordenación Educativa, e algús deles pódense consultar en liña neste Portal de Contidos Educativos, na sección de profesorado.


31/01/2007 : Especial de Entroido

Propoñémosvos este sitio onde atoparedes información sobre a celebración do Entroido en Galicia, entendido como un feito social e cultural. Atoparedes información sobre máscaras típicas, días de  celebración e gastronomía típica destas datas. Tamén podemos saber cousas sobre esta celebración no resto de España  e noutros lugares do mundo.

Prema aquí para ir ao sitio


26/01/2007 : Resolto o concurso "Ponlle nome ao polbo"

Xa están en camiño as vosas camisetas!! En total serán 400 camisetas, a os autores e autoras dos 400 nomes máis simpáticos e orixinais. A semana que ven a recibiredes e saberedes o nome da vosa mascota preferida!! De novo, grazas por participar.


1/11/2006 : Nova ferramenta. Xerador de webquests

Poñemos a disposición do profesorado galego unha nova ferramenta para a creación de webquests, miniquests e buscas do tesouro. Tédela na sección de Obradoiro de Recursos. É moi sinxela de usar e, para deseñaren as súas propias actividades, os interesados simplemente teñen que facer a solicitude de conta de usuario. As xa feitas están abertas para todo o público.

Pulse aquí para ir á ferramenta


31/7/2006 :Resolución da Convocatoria de Proxectos TIC

Relación de centros seleccionados para a concesión de axudas para a realización de proxectos de innovación educativa para a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación para o curso 2006 - 2007, convocadas ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2006.

Pulse aquí para ver a relación


revista red digital
19/06/2006 : Red Digital

A Revista de Tecnologías de la Información y Comunicación Educativas que edita o CNICE (Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa), lanza o nº 6 da súa revista dedicada aos contidos multimedia interactivos ao servizo da educación. Con ela, pretenden unha actualización das súas formulacións co obxectivo de fomentar e facilitar o uso eficaz das Tecnoloxías da Información e a Comunicación pola Comunidade Educativa, proporcionando modelos de referencia eficaces e innovadores sobre o uso e a aplicación das TIC nos contextos educativos, independientemente da súa orixe ou procedencia.
O presente número mostra, de forma ampla e cunha perspectiva plural, un conxunto de reflexións, achegas e informacións temáticas sobre os contidos multimedia interactivos ao servizo da educación. Neste sentido, non cabe dúbida de que nos atopamos nun momento no que existe a necesidade de contar cun conxunto amplo, diverso e de calidade destes materiais, polo que son numerosas as iniciativas que se están promoviendo para o seu desenvolvemento tanto a nivel nacional (Internet na Aula, outras iniciativas das Comunidades Autónomas, etc.) como internacional (eContentPlus, RELPE - Rede Latinoamericana de Portais Educativos-, etc.)

Prema aquí para acceder á revista


nenos no encerado dixital
15/06/2006 :O Encerado Interactivo como recurso na aula

Informe presentado pola entidade pública Red.es, sobre un estudio que se fixo no mes de maio entre diversos centros de distintas CCAA, usuarios do encerado dixital interactivo.

>Prema aquí para acceder ao informe


01/06/2006 :Convocatoria de Premios á innovación educativa

Orde do 22 de maio de 2006 pola que se aproban as bases e se convocan premios á innovación educativa para o profesorado de centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos, para o ano 2006.

Pulse aquí para acceder á orde completa


31/5/2006 :Convocatoria de Proxectos TIC

Orde do 22 de maio de 2006 pola que se convocan axudas para a realización de proxectos de innovación educativa para a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación para o curso 2006 - 2007 e se aproban as súas bases de concesión.

Pulse aquí para acceder á orde completa


imaxe grupo dim
30/5/2006 :Convocatoria DIM - AULATIC: Premios de Boas Prácticas Didácticas na clase con apoios multimedia

Co obxectivo de incentivar a reflexión sobre as prácticas docentes e reunir unha mostra audiovisual que ilustre as mellores formas de utilizar as novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) como instrumentos de apoio aos procesos de ensino e aprendizaxe, o Grupo DIM-UAB convoca os I PREMIOS AULATIC DE BOAS PRÁCTICAS DIDÁCTICAS NA CLASE CON APOIOS MULTIMEDIA

Prema aquí para ver o texto completo da convocatoria.


imaxe da guía de boas prácticas
10/5/2006 : Guía de boas prácticas en elaboración de páxinas web

Poñemos a disposición de todos unha breve guía de recomendacións para a elaboración de páxinas web e de recursos interactivos. De lectura sinxela e destinada a usuarios sen moitos coñecementos técnicos, trata de concienciar acerca de temas como o deseño, a visibilidade, a organización de contidos, a compatibilidade con diferentes navegadores, a accesibilidade do material por parte de persoas con discapacidade... sen esquecer aspectos algo máis técnicos como o tamaño ou tipo das imaxes, os dereitos de autor ou os nomes dos ficheiros.

Pulse aquí para acceder á guía de boas prácticas.

Esta guía tamén está accesible dende seccións de Obradoiro de recursos e de Profesorado.


<Imaxe de Manuel Lugrís Freire
26/4/2006 : Letras Galegas 2006

Neste mes de maio conmemorarase a semana das letras, que rematará coa celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio, dedicado este ano a Manuel Lugrís Freire.

Consulta desde aquí tódolos recursos que poñemos a túa disposición:

Dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística preparouse un material para os centros educativos que se pode descargar dende aquí.

Tamén podes consultar no portal da Real Academia Galega, a páxina das Letras Galegas 2006.

O seminario permanente do CEIP Galán de Oseiro edita unha biografía e unhas unidades didácticas do autor homenaxeado.

Na sección do Obradoiro podes descargar dúas actividades para traballar no encerado dixital interactivo, Letras Galegas 2006. Educación primaria, e Letras Galegas 2006. Educación secundaria.


7/4/2006 : Entrega conxunta dos premios educativos 2005

O pasado venres tivo lugar a ceremonia conxunta de entrega dos premios educativos 2005: premios de innovación educativa, premios de innovación educativa en materias transversais, premios de innovación sobre enerxías renovables e premios Siega de creación de recursos educativos. No apartado de profesorado poden acceder a varios dos proxectos premiados. Os recursos educativos premiados nos premios Siega están dispoñibles dende as áreas e materias respectivas.


Imaxe do Portal de Contidos, version HTML 4
22/3/2006 : Dispoñible a versión só texto do Portal de Contidos Educativos

Presenta características moi melloradas de accesibilidade facendo uso dos novos estándares Web para HTML e CSS, e incrementa paralelamente a velocidade de carga das páxinas. Acceda aquí a versión texto do Portal de Contidos.


5/1/2006 : Resolución dos Premios Siega 2005

 

Orde do 26 de Decembro de 2005 pola que se resolve a concesión dos premios Siega 2005 ó deseño de páxinas Web de Centros, materiales curriculares en Web, galerías de imaxes e videos educativos. Acceda aqui á orde en PDF


12/12/2005 : Premios Galicia Innovación Junior 2006

 

Premios Galicia innovación Junior 2006 Este premio está destinado a estimular o espírito creativo e a capacidade innovadora, valorando especialmente a aplicación de coñecementos adquiridos polos participantes na súa vida académica.


11/11/2005 : Nova sección - Obradoiro de Recursos

 

Obradoiro de recursos é a nova sección coa que pretendemos facilitar ao profesorado o proceso de creación e compartición de recursos educativos feitos con diversas ferramentas de autor. Tamén aquí atopará materiais específicos para usar cos novos encerados dixitais.


25/10/2005 : Día de Internet

 

Para celebrar o día de Internet organízanse moitas actividades na rede. Podes ver aquí un listado completo.

Unha delas é un xogo para estimular o uso das bibliotecas públicas como lugar de formación e acceso a Internet. Podes gañar interesantes premios.


27/9/2005 : Eclipse anular de sol o día 3 de Outubro de 2005

Nunca mires directamente o sol!
Se queres saber mais consulta os hiperenlaces:

Definición de eclipse en Wikipedia

Observatorio astronómico da U.S.C

19/9/2005 : Nova zona de profesorado

 

Na zona de profesorado atopará clasificados artigos e revistas, materiais de uso didáctico, experiencias e propostas didácticas, recursos elaborados por adxudicatarios de licenzas de estudo e ligazóns de interese para o docente.


17/6/2005 : Premios Siega 2005

Orde do 10 de xuño de 2005 pola que se convocan os Premios Siega. Publicada no DOG Nº 116, do venres 17 de xuño de 2005.

Acceda a páxina da convocatoria