Consulte sempre aquí os últimos recursos educativos incluídos no portal
Guía de recursos para realizar unha banda deseñada, os obxectivos, as competencias básicas para traballar na aula e enlaces de referencia. Así mesmo ferramentas para a creación da banda deseñada e as posibilidades de publicación.
O observatorio tecnolóxico é un espazo de colaboración para o profesorado baseado na observación da tecnoloxía informática, tanto a nivel de hardware coma de software, para, mediante a súa análise e estudo, aplicala nos niveis educativos non universitarios.
As resolucións destes premios saíron publicadas nos DOG nº 244 do 19/12/07 e no DOG nº 3 do 4/1/08, respectivamente. Na seguinte ligazón poden consultar os traballos gañadores.
Traballos galardonados nos premios de innovación educativa 2007
No DOG do martes 18 de Decembro saiu publicada a resolución dos PREMIOS A RECURSOS EDUCATIVOS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 2007. Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos os participantes.
A- ferramentas de autor
1º Premio: Proxecto Xogamos (Coord: Feliciano José Couto Escanciano)
B- materiais curriculares web
1º Premio: A Auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial (Coord: Antonio Lomba Baz)
2º Premio: Tecnoloxía na ESO (Coord: María Loureiro González)
3º Premio: Planeta dixital (Coord: José Carlos Martínez Vázquez)
3º Premio: Tempus fugit (Coord: Agustín Carracedo Santos)
3º Premio: A empresa no cine (Coord: José Ramón Fraga Rodríguez)
3º Premio: Dicionario de termos de arte (Coord: Xosé Manuel Vicente Trigo)
C- Galerías de imaxes e vídeos didácticos
1º Premio: A Cova de Ceza (Coord: Javier Santiago Caamaño)
3º Premio: A volta do xogo popular (Coord: José Luis Río Silva)
D- Aplicacións de software libre
1º Premio: Traducíndote (Coord: Manuel Morán Vaquero)
2º Premio: Websqusr (Coord: Francisco Javier Taboada Aguado)
3º Premio: Galinux-Slax (Coord: Teodosio Francisco Ramírez Jorquera)
Consultar a Orde de Resolución (PDF)
Propoñémosvos este sitio onde atoparedes información sobre a celebración do Nadal, entendido como un feito social e cultural.. Atoparedes información sobre esta celebración en Galicia e noutros lugares do mundo, e incluso información sobre outras celebracións que coinciden no tempo co Nadal pero que pertencen a outras culturas.
Orde do 25 de abril de 2007 pola que se convocan axudas para a realización de proxectos de innovación educativa para a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación para o curso 2007 - 2008 e se aproban as súas bases de concesión.
>Prema aquí para acceder á orde completa
Co gallo do Día das Letras Galegas 2007, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocan un concurso de webquest e outro de libros web colaborativos. Para iso, poñen a disposición de todo o profesorado e de todo o alumnado dúas ferramentas que permitirán elaborar os materiais obxecto da convocatoria sen ter apenas coñecementos informáticos.
Prema aquí para ter acceso ás bases.A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, presidiu esta mañá a entrega dos Premios á Innovación Educativa 2006, que engloban as categorías de Premios á Innovación Educativa sobre os temas transversais, premios para o profesorado de centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos, e premios sobre as enerxías renovables.
Prema aquí para ampliar a noticia
Propoñémosvos este sitio onde atoparedes información sobre a celebración do Entroido en Galicia, entendido como un feito social e cultural. Atoparedes información sobre máscaras típicas, días de celebración e gastronomía típica destas datas. Tamén podemos saber cousas sobre esta celebración no resto de España e noutros lugares do mundo.
Concurso de ideas entre o alumnado de educación infantil e educación primaria para poñerlle un nome ao polbo, que é a mascota do Portal Galego de Contidos Educativos. Estade atentos e atentas, os 300 nomes mais simpáticos recibirán unha preciosa e orixinal camiseta, coa nosa mascota. Animádevos a participar.
Prema aquí para acceder á páxina do concurso.
Proximamente convocaremos un concurso de ideas entre os estudantes de infantil e primaria para darlle un nome ao polbo que é a mascota do portal. Estade atentos. Os 300 nomes mais simpáticos recibirán unha preciosa e orixinal camiseta.
Poñemos a disposición do profesorado galego unha nova ferramenta para a creación de Webquests, Miniquests e Buscas do Tesouro. A tedes no apartado de Obradoiro de Recursos. É moi sinxela de usar, e simplemente, para deseñar as súas propias actividades, os interesados teñen que facer a solicitude de conta de usuario. As xa feitas están abertas para todo o público.
Pulse aquí para ir á ferramenta
Relación provisional de centros seleccionados para a concesión de axudas para a realización de proxectos de innovación educativa para a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación para o curso 2006 - 2007, convocadas ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2006.
Prema aquí para ver a relación
A Revista de Tecnologías de la Información y Comunicación Educativas que edita o CNICE (Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa), lanza o nº 6 da súa revista dedicada aos contidos multimedia interactivos ao servizo da educación. Con ela, pretenden unha actualización das súas formulacións co obxectivo de fomentar e facilitar o uso eficaz das Tecnoloxías da Información e a Comunicación pola Comunidade Educativa, proporcionando modelos de referencia eficaces e innovadores sobre o uso e a aplicación das TIC nos contextos educativos, independientemente da súa orixe ou procedencia.
O presente número mostra, de forma ampla e cunha perspectiva plural, un conxunto de reflexións, achegas e informacións temáticas sobre os contidos multimedia interactivos ao servizo da educación. Neste sentido, non cabe dúbida de que nos atopamos nun momento no que existe a necesidade de contar cun conxunto amplo, diverso e de calidade destes materiais, polo que son numerosas as iniciativas que se están promoviendo para o seu desenvolvemento tanto a nivel nacional (Internet na Aula, outras iniciativas das Comunidades Autónomas, etc.) como internacional (eContentPlus, RELPE - Rede Latinoamericana de Portais Educativos-, etc.)
Prema aquí para acceder á revista
Informe presentado pola entidade pública Red.es, sobre un estudio que se fixo no mes de maio entre diversos centros de distintas CCAA, usuarios do encerado dixital interactivo.
Prema aquí para acceder ao informe
Orde do 22 de maio de 2006 pola que se aproban as bases e se convocan premios á innovación educativa para o profesorado de centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos, para o ano 2006.
Prema aquí para acceder á orde completa
Orde do 22 de maio de 2006 pola que se convocan axudas para a realización de proxectos de innovación educativa para a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación para o curso 2006 - 2007 e se aproban as súas bases de concesión.
Prema aquí para acceder á orde completa
Co obxectivo de incentivar a reflexión sobre as prácticas docentes e reunir unha mostra audiovisual que ilustre as mellores formas de utilizar as novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) como instrumentos de apoio aos procesos de ensino e aprendizaxe, o Grupo DIM-UAB convoca os I PREMIOS AULATIC DE BOAS PRÁCTICAS DIDÁCTICAS NA CLASE CON APOIOS MULTIMEDIA
Prema aquí para ver o texto completo da convocatoria
Poñemos a disposición de todos unha breve guía de recomendacións para a elaboración de páxinas web e de recursos interactivos. De lectura sinxela e destinada a usuarios sen moitos coñecementos técnicos, trata de concienciar acerca de temas como o deseño, a visibilidade, a organización de contidos, a compatibilidade con diferentes navegadores, a accesibilidade do material por parte de persoas con discapacidade..., sen esquecer aspectos algo máis técnicos como o tamaño ou tipo das imaxes, os dereitos de autor ou os nomes do ficheiros.
Pulse aquí para acceder á guía de boas prácticas.
Esta guía tamén está accesible dende as seccións de Obradoiro de recursos e Profesorado.
Neste mes de maio conmemorarase a semana das letras, que rematará coa celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio, dedicado este ano a Manuel Lugrís Freire.
Consulta desde aquí todos os recursos que poñemos á túa disposición:
Dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística preparouse un material para os centros educativos que se pode descargar dende aquí.
O seminario permanente do CEIP Galán de Oseiro edita unha biografía e unhas unidades didácticas do autor homenaxeado.
Tamén podes consultar, no portal da Real Academia Galega, a páxina das Letras Galegas 2006.
Na sección do Obradoiro podes descargar dúas actividades para traballar no encerado dixital interactivo, Letras Galegas 2006. Educación primaria, e Letras Galegas 2006. Educación secundaria.
O pasado venres tivo lugar a ceremonia conxunta de entrega dos premios educativos 2005: premios de innovación educativa, premios de innovación educativa en materias transversais, premios de innovación sobre enerxías renovables e premios Siega de creación de recursos educativos. No apartado de profesorado poden acceder a varios dos proxectos premiados. Os recursos educativos premiados nos premios Siega están dispoñibles dende as áreas e materias respectivas.
Presenta características moi melloradas de accesibilidade facendo uso dos novos estándares Web para HTML e CSS, e incrementa paralelamente a velocidade de carga das páxinas.
Orde do 26 de Decembro de 2005 pola que se resolve a concesión dos premios Siega 2005 ó deseño de páxinas Web de Centros, materiales curriculares en Web, galerías de imaxes e videos educativos.
Premios Galicia innovación Junior 2006. Este premio está destinado a estimular o espírito creativo e a capacidade innovadora, valorando especialmente a aplicación de coñecementos adquiridos polos participantes na súa vida académica.
Obradoiro de recursos é a nova sección coa que pretendemos facilitar ao profesorado o proceso de creación e compartición de recursos educativos feitos con diversas ferramentas de autor. Tamén aquí atopará materiais específicos para usar cos novos encerados dixitais.
Para celebrar o día de Internet organízanse moitas actividades na rede. Pódense consultar no seguinte enlace: Listado completo de actividades do Día de Internet 2005 .
Unha delas é un xogo para estimular o uso das bibliotecas públicas como lugar de formación e acceso a Internet. Podes gañar interesantes premios.
Se queres saber mais sobre eclipses consulta os seguintes hiperenlaces:
Definición de eclipse en Wikipedia
Observatorio astronómico da U.S.C
Nunca mires directamente o sol!
Na zona de profesorado atopará clasificados artigos e revistas, materiais de uso didáctico, experiencias e propostas didácticas, recursos elaborados por adxudicatarios de licenzas de estudo e ligazóns de interese para o docente.
Orde do 10 de xuño de 2005 pola que se convocan os Premios Siega. Publicada no DOG Nº 116, do venres 17 de xuño de 2005.
Acceso á páxina da convocatoria dos Premios Siega 2005
Dende a Consellería de Educación estase traballando para o ensino do futuro. Neste marco, as tecnoloxías da información e da comunicación teñen unha importancia primordial. Un dos piares da súa implantación é a dispoñibilidade de recursos educativos accesibles dende calquera lugar para alumnos, pais e profesores. Internet bríndanos esa posibilidade e, para aproveitala, a Subdirección Xeral de Sistemas da Información da Educación pon en marcha este portal dinámico e permanentemente actualizado.
Actualidade - Ligazóns de Interese - Orientación - Obradoiro de recursos - Atención á Diversidade - Buscador - Profesores - Axenda - Foros - Utilidades
2006 - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria