ESPECIAL DE ENTROIDO

 

imprimir

"Días nos que está permitido o que non o está no resto do ano...

en que se poden facer cousas que noutro tempo parecerían moi mal,

serían faltas graves contra da boa crianza e aínda contra as mesmas leis…

O entroido presenta certo aspecto de "o mundo ao revés"
 

Vicente Risco

 

O Entroido é unha festa moi popular en Galicia, e mais nas nosas vilas e aldeas, aínda que durante os anos do franquismo, coa prohibición das máscaras, esmoreceu un pouco.

A orixe da palabra "Entroido" ou "Antroido" deriva do latín introitus , que significa ‘entrada’ ou ‘comezo’ da primavera e do rexurdimento da vexetación.

Na nosa lingua é admisible tamén a voz “Carnaval”, con dous posibles étimos distintos. Para uns este termo procede do vocábulo italiano carnevale, e este, á súa vez, da expresión antiga carne levare  -sacar a carne-. Para outros, a súa orixe está na expresión latina carrus navalis, ou sexa, unha carroza decorada que posiblemente saíse en desfile durante estas datas. Dunha ou doutra maneira, non cabe dúbida de que calquera das dúas acepcións fai referencia a elementos asociados ao Carnaval actual.

 

 

A orixe do Entroido remóntase ás festas precristiás que se celebraban na antiga Grecia para honrar ao deus Dionisios e que logo pasaron a Roma, onde había a costume de celebrar grandes festas polo Entroido : eran as bacanais, as saturnais (cando os escravos podían poñer  as togas dos seus amos e finxían mandar neles...) e as lupercais. Estas festas pagás serán "asimiladas" polo cristianismo e incorporadas aos ritos litúrxicos da Igrexa católica. A Igrexa non tardou en relacionar o Entroido coa chegada da Coresma, e deste xeito o " Entroido" significará a despedida das carnes : o martes de Entroido marcará o remate das grandes esmorgas de carne de porco (cacheira, rabo, orella, soá, bandullo, lacón, filloas de sangue) para entrar na abstinencia dos corenta días da Coresma. Por isto, os tres días anteriores ao Mércores de Cinza chámanse as "carnestolendas". O Entroido terá unha carauta de licenza e de liberdade, o mesmo que aconteceu nas saturnais dos romanos.

 

Época e duración

Máscaras galegas

Gastronomía

 

O Entroido celébrase de forma moi semellante en distintas partes do mundo. Podes coñecer algunhas curiosidades desta celebración en diferentes lugares.

 

O Entroido en España

O Entroido no mundo

 

 

Lembrámoslles que poden facernos chegar as súas preguntas, suxestións e materiais enviándonos unha mensaxe a contidos@edu.xunta.es

AVISO LEGAL

A reprodución de textos e imaxes desta Web acóllese á lexislación vixente sobre copyright e dereito de cita:"É lícita a inclusión nunha obra propia de fragmentos de obras alleas de natureza escrita, sonora ou audiovisual, así como a de obras illadas de carácter plástico, fotográfico e figurativo ou análogo, sempre que se trate de obras xa divulgadas e a súa inclusión se realice a titulo de cita ou para análise, comentario ou xuízo crítico. Tal utilización solo poderá realizarse con fins docentes ou de investigación, na medida xustificada polo fin desa incorporación e indicando a fonte e o nome do autor da obra utilizada".