Inicio

ESPECIAL DE NADAL

 

imprimir

O Nadal encerra múltiples tradicións que, por costume, asumimos ano tras ano sin preguntarnos, moitas veces, que significado teñen no conxunto de celebracións que marcan estas entrañables datas.

Se quere coñecer mais cousas sobre a celebración do Nadal, de seguro que aquí atopará información.

 

Baseándose en crenzas relacionadas co solsticio do inverno, o Nadal posúe os seus propios rituais. Símbolo do sol, o neno recén nado ilumina á raza humana ameazada pola oscuridade: é o fillo da Deusa, a Virxe, e a súa forza trascende ata presentarse como unha auténtica manifestación divina: a do Deus Sol.


Entroncando con este significado, atópanse diferentes rituais de Nadal:

• Recomendase prender lume no fogar e, si é posible, conservar algún dos leños como símbolo ou talismán de protección da casa (entronca coa tradición galega do
Tizón de Nadal).

• Tamén é recomendable colocar na casa ferraduras, campaniñas, muérdago ou acivro para a protección do fogar.

• Pódese mercar un regalo (non importa a cuantía económica) para entregar a alguén que amemos, ou a persoas necesitadas como unha forma de agradecer o recibido e de facernos merecentes dos regalos do Cosmos.

• O máis extendido ritual de Nadal consiste en prender unha vela de Nadal –símbolo de poder de acción e de forza solar- con mistos de madeira ó tempo que se dí: “Poderes do Sol e da Luz, neste día, cando o Sol acada a súa menor forza e, ó mesmo tempo, comeza o seu lento camiño de renacemento, cando nace o neno Deus Sol, pedímosvos que iluminedes esta vela coa forza do renacemento e do poder de crecemento”. Se o ritual se fai en grupo débese prender unha vela por cada persoa presente –ata un máximo de tres-, para, logo de deixalas arder uns minutos, apagalas sen soplar e deixando arde-la vela central ata consumirse. As apagadas gardaranse para volvelas prender ó longo do ano se se fan peticións relacionadas con saúde, prosperidade, amor e protección, deixándoas consumir totalmente ó tempo que se formula unha oración xunto coa petición, permanendo diante da vela uns quince minutos. Débese, tamén, arroxar purpurina dourada ao aire sobre sí mesmo, os presentes e as entradas da casa ao tempo que se pronuncia: “que este polvo dourado ilumine o camiño de chegada á boa fortuna”. Logo do ritual, se se fai en grupo, recomendase ter un agasallo que intercambiar cos demáis presentes. Se o ritual se fai en solitario, o agasallo pódeselle entregar posteriormente a unha persoa apreciada ou a alguén necesitado.

 

Tradicións de Nadal

Cantos de Nadal

Teatro de Nadal

 

Ademais, o Nadal celébrase de formas moi distintas nalgunhas partes do mundo, e noutras non ten case relevancia. Pode coñecer algunhas curiosidades desta celebración e doutras que coinciden no calendario, en diferentes partes do mundo.

O Nadal no mundo

Outras celebracións

Tamén pode acceder a unha selección de diversas ligazóns relacionadas co Nadal.

Ligazóns

   

 

 

 

Lembrámoslles que poden facernos chegar as súas preguntas e materiais enviándonos unha mensaxe a contidos@edu.xunta.es