volver á páxina de inicio | imprimir
O Obradoiro de Recursos é un recuncho pensado para axudar os docentes a crear, compartir, atopar, modificar, traducir e adaptar materiais educativos propios e alleos. Daremos soporte a recursos feitos en diversos programas de autor, que simplifican o proceso de creación e de adaptación. Tamén, co tempo, iremos dando trucos para facer materiais web independentes.
Temos dispoñible unha breve Guía de boas prácticas para a publicación en web que lle recomendamos lea atentamente.
Unha das ferramentas de autor soportada é JavaClic. É sinxela de manexar e permite resultados satisfactorios investindo pouco tempo na aprendizaxe. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dentro da súa oferta de cursos do Plan Anual de Formación do Profesorado, ofrece cursos específicos para elaboración de recursos educativos con JavaClic, tanto en modalidade presencial como a distancia por medio da Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA). Consulte aquí a oferta de actividades de formación para o curso 2007-2008
Outra ferramenta dispoñible e XOGAMOS?, unha serie de programas cos que poderemos deseñar de xeito rápido e sinxelos xogos de preguntas interactivos en Flash. Xogamos? foi premiado nos premios a recursos educativos para a sociedade da información 2007.
Na zona de Encerado Dixital atoparemos recursos específicos para usar con este periférico.
Na zona de Webquests ofertamos a ferramenta PHPWebquest coa que, de xeito rápido e moi sinxelo, calquera docente poderá crear e compartir as súas webquests, miniquests e buscas do tesouro. Guía rápida para saber que é unha webquest
Na zona de Outros poderemos atopar materiais e trucos de uso doutras ferramentas de autor. Por último, na zona de FAQS respondemos as preguntas máis frecuentes sobre creación de contidos. Lembrámoslles que poden facernos chegar as súas preguntas e materiais enviándonos unha mensaxe a contidos@edu.xunta.es.
|