![]() | ||
|
||
FERRAMENTAS DE AUTOR |
| IMAXE | NOME DO RECURSO | ORIXE |
![]() | Proxecto xogamos? Conxunto de recursos informáticos para a elaboración de amenos xogos de tipo pregunta-resposta multiplataforma. Premio a recursos educativos para a sociedade da información 2007. | ![]() |
![]() | Tests interactivos Xerador de tests aleatorios de preguntas relacionados cos temarios de bioloxía e xeoloxía. O profesorado pode contribuír coas súas propias cuestións e ampliar a base de datos de preguntas a outras materias. | ![]() |
![]() | Programa Matemáticas 1º e 2º ESO. Programa para Matemáticas, dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO, dentro do Programa de Éxito Escolar | ![]() |
![]() | Hot Potatoes Hot Potatoes é un conxunto de 6 aplicacións que permiten crear de forma sinxela exercicios interactivos para colgar en páxinas de internet, do tipo de tests de resposta múltiple, encrucillados, asociación múltiple, encher ocos... Non é libre pero pode ser usado de forma gratuíta por entidades educativas sen propósito de lucro. | ![]() |
![]() | Clic e JavaClic Clic está formado por un conxunto de aplicacións de software libre que permite crear diversos tipos de actividades educativas multimedia. A web ZonaClic é un servizo do Departamento de Educación da Generalitat de Cataluña creado co obxectivo de darlle difusión e apoio ao uso destes recursos, así como de ofrecer un espazo de cooperación aberto á participación dos educadores que queiran compartir os materiais didácticos creados co programa. | ![]() |
![]() | Neobook Neobook permite producir publicacións electrónicas multimedia de grande calidade. Integra texto, imaxes, música, animación, botóns de navegación, etc. para crear, de xeito sinxelo e rápido, dende revistas electrónicas para Internet ata materiais educativos, pasando por catálogos ou CD-ROMS. A versión mais recente permite o uso de proba durante 30 días de xeito gratuito. | ![]() |
![]() | QuizFaber Xerador de tests gratuíto. Permite xerar tests para control de coñecementos dos alumnos en HTML de xeito rápido e directo, sen necesidade de saber nada de HTML ou Java. As páxinas xeradas poden engadirse a un recurso educativo xa existente ou poden colgarse da web | ![]() |
![]() | Deep Freeze DeepFreeze é un programa que permite protexer os ordenadores fronte a todo tipo de manipulación por parte de virus, spyware ou usuarios malintencionados. Funciona. | ![]() |
![]() | Ardora Ardora é unha aplicación informática que lles permite a todas e todos os docentes crear as súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun xeito moi sinxelo. Con Ardora pódense crear máis de dezaseis tipos distintos de actividades: encrucillados, sopas de letras, textos para completar, paneis gráficos, reloxos, etc. O profesor ou profesora só ten que centrar o seu esforzo nos elementos da actividade, non no seu tratamento informático. | ![]() |
![]() | LIM O sistema Lim é un contorno para a creación de materiais educativos composto por un editor de actividades (EdiLim), un visualizador (LIM) e un ficheiro en formato XML (libro) que define as propiedades do libro e as distintas páxinas que o compoñen. | ![]() |
![]() | eLearning XHTML editor Ferramenta que lle facilita ao profesorado a creación de páxinas web de aspecto profesional e conformes aos estándares en eLearning. Exporta SCORM. Páxina orixinal do proxecto. | ![]() |
![]() | Eclipse Crossword Excelente xerador de encrucillados, moi doado de usar e gratuíto. Xera encrucillados interactivos en formato web, ou para imprimir en formatos de Word e PDF. Moi recomendable. Aínda que as instrucións están en inglés, a actividade creada pódese traducir de xeito directo e simple. | ![]() |