Imaxe co logotipo de Contidos Educativos
INICIO | imprimir

GALERÍAS DE IMAXES

As imaxes destas galerías constitúen un conxunto de recursos visuais que a Consellería de Educación pon a disposición da comunidade educativa galega. O seu contido está destinado a uso didáctico e non comercial, polo que as accións, utilidades e produtos derivados da súa utilización non poderán xerar ningún tipo de lucro. Para uso educativo, o seu emprego é universal, aberto e gratuíto. Porén, é obrigatorio citar a fonte cando se inclúan imaxes destas galerías en materiais formativos de calquera tipo. O uso das imaxes que aquí se conteñen supón a aceptación destas condicións.

Atopáronse 36 rexistros.

Servidor de Mapas

ver imaxe - valorar
Colección de mapas de uso libre. Inclúe mapas en formato bitmap e en formato vectorial para poder ser editados e modificados doadamente. Os mapas en formato vectorial permiten extraer os de cada país de xeito individualizado. Polo momento están dispoñibles Europa e África; paulatinamente iranse engadindo o resto dos continentes.
Orixe: Siega

Galerí­a de imaxes de arte

ver imaxe - valorar
Mais de 250 fotografías relacionadas coa arte. As fotos pertencen ao recurso Darte, premiado nos Premios a recursos educativos para a sociedade da información 2007
Orixe: Siega

Via Linguae

ver imaxe - valorar
O obxectivo de Via Linguae é proporcionar un recurso multimedia interactivo, atractivo e novidoso, que se poida empregar no ensino de idiomas. Está baseado en tres galerías fotográficas diferentes, unha para cada idioma (galego, inglés e francés), e nunha serie de exercicios para practicar as diversas destrezas lingüísticas.
Orixe: Premios Siega

Material de laboratorio

ver imaxe - valorar
Galería de fotos de material de laboratorio para as materias de física e química.
Orixe: Premios Siega

Xeoloxía desde Galicia

ver imaxe - valorar
Galería de fotos relacionadas coa xeoloxía.
Orixe: Premios Siega

Estudo das formas

ver imaxe - valorar
Galería de debuxos asociados ao estudo da forma realizados polo alumnado de debuxo artístico. Secuenciados segundo o nivel de dificultade, traballan a perspectiva, as liñas de encaixe, o claroescuro,etc.
Orixe: Premios Siega

Viaxe a París

ver imaxe - valorar
Galería de fotografías de París.
Orixe: Premios Siega

Museo do IES Xelmírez I de Santiago

ver imaxe - valorar
Fotografías de aparatos de laboratorio e de modelos didácticos pertencentes ao legado histórico do IES Xelmírez I. Aparece material relacionado coa ensinanza da electricidade, a óptica, a bioloxía, a química,etc.
Orixe: Premios Siega

Ourense en imaxes

ver imaxe - valorar
Galería turística da cidade de Ourense: monumentos, prazas, fontes, parques e festas.
Orixe: Premios Siega

Instrumentos musicais

ver imaxe - valorar
Galería de fotos de instrumentos musicais clasificados ben por orde alfabética ou ben dende a clasificación segundo o elemento vibrante (clasificación de E. M. Hornbostel e C. Sachs, engadindo os electrófonos).
Orixe: Premios Siega

Ollando no átomo

ver imaxe - valorar
Galería de fotos que explica paso a paso un experimento con raios catódicos.
Orixe: Premios Siega

O mercado

ver imaxe - valorar
Atractiva galería sobre o mercado cun percorrido en imaxes polos distintos postos de venda.
Orixe: Premios Siega

Coñecéndonos

ver imaxe - valorar
Galería de imaxes elaborada polo CEIP Eladia Mariño. Permite facer un percorrido virtual polo concello de Cabanas.
Orixe: Premios Siega

Cartelle, un concello do interior

ver imaxe - valorar
Galería de imaxes que pretende dar a coñecer como é un concello do interior de Galicia, concretamente o concello de Cartelle, na provincia de Ourense.
Orixe: Premios Siega

A Lamela

ver imaxe - valorar
Galería de fotografías estruturada nos seguintes bloques: animais, etnografía, fungos, historia, paisaxe e plantas.
Orixe: Premios Siega

A educación física en imaxes

ver imaxe - valorar
Esta galería pretende explicar determinados movementos e accións motrices a través de imaxes. Divídese en cinco bloques: imaxe e percepción, habilidades e destrezas, expresión e comunicación, saúde corporal e xogos.
Orixe: Premios Siega

Historia da arquitectura da Coruña

ver imaxe - valorar
Serie de imaxes de edificios emblemáticos da Coruña mostrados por orde cronolóxica.
Orixe: Premios Siega

Xoguetes e recunchos de Galicia

ver imaxe - valorar
Dúas galerías nunha: na primeira hai imaxes de xoguetes con forma de animal; na segunda, imaxes de Galicia.
Orixe: Premios Siega

Visita ao Museo do Pobo Galego

ver imaxe - valorar
Galería de fotografías do Museo do Pobo Galego dividida nas seguintes seccións: arquitectura popular, traxes populares, edificio e xardín, igrexa, oficios e embarcacións.
Orixe: Premios Siega

Galería de imaxes de tecnoloxía

ver imaxe - valorar
Galería de imaxes de tecnoloxía.
Orixe: Premios Siega

A tecnoloxía que nos rodea

ver imaxe - valorar
Galería de imaxes de obxectos de uso cotián relacionados coa materia de tecnoloxía.
Orixe: Premios Siega

Imaxes da European Forest Week

ver imaxe - valorar
Colección de fotos de excursións realizadas polos bosques galegos, acompañadas de textos acerca das experiencias vividas nelas. Hai tamén fotografías de bosques de Francia, Finlandia e Polonia.
Orixe: Premios Siega

Lugares de Santiago

ver imaxe - valorar
As fotografías que integran esta colección teñen como tema central a cidade de Santiago. A galería está organizada en cinco series temáticas: vistas, fachadas, detalles, torres e monumentos. O obxectivo é servir de apoio gráfico ás materias relacionadas coa arte.
Orixe: Premios Siega

Galería de imaxes de electrónica

ver imaxe - valorar
Fotografías de alta calidade de material de uso común en electricidade e electrónica: conectores, motores, cables e compoñentes electrónicos.
Orixe: Premios Siega

Litoral de Galicia

ver imaxe - valorar
Selección de fotografías do litoral galego realizadas entre os anos 2000 e 2003.
Orixe: Premios Siega

Galería fotográfica de salvamento acuático

ver imaxe - valorar
Galería de fotografías que ilustran o proceso completo de salvamento acuático.
Orixe: Premios Siega

Galería de botánica

ver imaxe - valorar
Todas as plantas do xardín botánico do IES A Pinguela clasificadas polo seu nome científico, en lingua galega e castelá. Inclúe varias fotos en detalle de cada especie.
Orixe: Premios Siega

A enerxía, formas, fontes e manifestacións na natureza

ver imaxe - valorar
Fotos de diversas fontes de enerxía e dispositivos de captación e transformación que poden servirlle de apoio ao profesorado para a preparación de material educativo propio.
Orixe: Premios Siega

Producción hidráulica

ver imaxe - valorar
Fotos dunha central hidroeléctrica.
Orixe: Premios Siega

Galería de imaxes de electrónica (2)

ver imaxe - valorar
Galería de fotografías de compoñentes electrónicos.
Orixe: Premios Siega

Galería musical

ver imaxe - valorar
Colección de fotos de instrumentos musicais.
Orixe: Premios Siega

Mundo forestal

ver imaxe - valorar
Galería de imaxes do ciclo das masas forestais.
Orixe: Premios Siega

Galería de imaxes de froitas

ver imaxe - valorar
Galería con fotografías de froitas variadas, tanto autóctonas como exóticas.
Orixe: Premios Siega

Ecoloxic

ver imaxe - valorar
Coidamos o cole, coidamos o mundo. Unha proposta de interacción co medio do CEIP O Piñeiriño.
Orixe: Premios Siega

Galería de imaxes. Primaria

ver imaxe - valorar
Galería de imaxes sobre diferentes temas: lugares e paisaxes, animais e coches antigos.
Orixe: Premios Siega

Banco multimedia (CNICE)

ver imaxe - valorar
Banco de imaxes, sons, sinaléctica e imaxes en movemento. Material apropiado para a creación de recursos propios.
Orixe: Convenio Internet na Escola