![]() |
||
Recursos educativos en liña para lingua galega (bacharelato) |
| IMAXE | NOME DO RECURSO | PARA | ORIXE |
![]() | Via Linguae (Santiago González Lopo ) O obxectivo de Via Linguae é proporcionar un recurso multimedia interactivo, atractivo e novidoso, que se poida empregar no ensino de idiomas. Está baseado en tres galerías fotográficas diferentes, unha para cada idioma (galego, inglés e francés), e nunha serie de exercicios para practicar as diversas destrezas lingüísticas. | ![]() | ![]() |
![]() | Cambios no novo texto das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego Documento de dez páxinas que recolle os epígrafes que se modificaron na última revisión normativa. | ![]() | ![]() |
![]() | É-galego Curso multimedia de galego de nivel intermedio dirixido a falantes de castelán. Facilita a aprendizaxe autónoma, pero tamén serve de axuda complementaria para o ensino na aula. | ![]() | ![]() |
![]() | Historia da lingua galega - 25/02/2005 Resumo claro e rigoroso da historia externa da lingua galega. | ![]() | ![]() |
![]() | A tinta das letras A tinta das Letras é unha caza do tesouro e, asemade, un paseo pola historia da nosa cultura a través das ferramentas que se usaron para escribila. | ![]() | ![]() |
![]() | Na procura de funcións (Luciano Fernández Martínez ) Webquest para explorar a presenza e a calidade da lingua galega nos xornais dixitais. | ![]() | ![]() |
![]() | Os camiños das linguas - 09/06/2008 (Luciano Fernández) Caderno interactivo realizado coa ferramenta LIM. Ocúpase da diversidade lingüística e preséntase como continuador da busca do tesouro Linguas e máis linguas. | ![]() | ![]() |
![]() | Viaxeira - 11/05/2007 (Marisa Fariña, Noemí Pazó e Pablo Balsas ) Estamos no século XXII e temos unha axencia de viaxes polo tempo. Unha rica clienta quere que lle recomendemos unha época á que desprazarse e un personaxe histórico a quen suplantar na súa excursión. Que lle imos recomendar?Webquest gañadora do concurso convocado con motivo das Letras Galegas 2007 que nos propón unha investigación sobre historia das mulleres, sociolingüística e literatura contemporánea centrada en catro escritoras e o seu tempo: Rosalía de Castro, María Mariño, Marta Dacosta e María Lado. | ![]() | ![]() |
![]() | Álbum de mulleres Proxecto da Comisión Técnica de Xénero do Consello da Cultura Galega que recolle a memoria das mulleres de Galicia, entre elas varias escritoras (Rosalía de Castro, María Mariño...), actrices como María Casares ou persoas que se converteron en personaxe e/ou motivo literario, como María Soliña. | ![]() | ![]() |
![]() | Asociación de Escritores en Lingua Galega Páxina da Asociación de Escritores en Lingua Galega con dúas zonas principais: o Centro de Documentación, que contén biografía, bibliografía e obra en liña de diversos autores contemporáneos, e o Espazo Didáctico, con actividades en clic. | ![]() | ![]() |
![]() | Biblioteca da RAG Biblioteca en liña da Real Academia Galega con obras completas de autores fundamentais da nosa literatura. | ![]() | ![]() |
![]() | Biblioteca virtual galega Páxina dedicada á literatura galega. Ten información biobibliográfica de autores, así como textos escritos, lidos ou cantados (audio e vídeo). Conta con espazos para expresar as propias opinións sobre as obras. | ![]() | ![]() |
![]() | Día das Letras Galegas Esta páxina conta, entre outras, con seccións dedicadas á historia da lingua galega, á súa clasificación entre as linguas do mundo e ás letras galegas (historia, homenaxeados, monográficos e colaboracións). | ![]() | ![]() |
![]() | Dicionario de Galego - 22/10/2008 (Editorial Ir Indo) Dicionario de galego normativo que incorpora as etimoloxías das palabras e a tradución ao portugués, ao castelán e ao inglés, idiomas nos que tamén se poden facer as buscas para atopar a equivalencia galega. | ![]() | ![]() |
![]() | Galego en liña Ferramenta para o asesoramento lingüístico con fichas sobre ortografía, gramática e estilo da lingua galega e coa posibilidade de facer consultas en liña. A web foi realizada ao abeiro dun convenio de promoción da normalización da lingua galega asinado entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo. | ![]() | ![]() |
![]() | Galipedia Versión en galego da Wikipedia, un proxecto internacional feito por voluntarios co propósito de crear unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e gratuíta en moitos idiomas. Podemos empregala para buscar información ou ben para contribuír ao desenvolvemento do proxecto creando novas entradas e ampliando ou corrixindo as existentes. Ver proposta didáctica en Opcións>Profesorado. | ![]() | ![]() |
![]() | Galizionario Dicionario de galego. Ademais de buscar palabras para saber o seu significado, podemos contribuír ao desenvolvemento do proxecto creando novas entradas e ampliando ou corrixindo as existentes. Ver proposta didáctica en Opcións > Profesorado. | ![]() | ![]() |
![]() | Loia Loia é un proxecto do Consello da Cultura Galega para poñer na rede, ao alcance de todos os internautas, un manual de referencia básico sobre o idioma galego (gramática, dialectoloxía...), a súa singradura histórica, a súa produción cultural, a súa realidade social e as súas perspectivas de futuro. | ![]() | ![]() |
![]() | Martín Codax Páxina web dedicada a Martín Codax. Contén fotos dos manuscritos, audios das cantigas, artigos de análise, bibliografía e ligazóns de interese. | ![]() | ![]() |
![]() | Museo Castelao - 02/03/2005 Páxina dedicada á difusión da vida e da obra de Castelao. Contén textos e documentos sonoros. | ![]() | ![]() |
![]() | OrtoGal (SLI Universidade de Vigo ) Primeiro servizo web de corrección ortográfica do galego, ofertado gratuítamente polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo. | ![]() | ![]() |
![]() | Trompiletras galegas Web persoal de Efrén Vázquez, profesor de educación secundaria, xurdida a partir da súa experiencia de integración das tecnoloxías da información e da comunicación na aula de lingua galega e literatura. Na sección Taboleiro pódense ver traballos realizados polo alumnado. | ![]() | ![]() |
![]() | VOLG (RAG e ILG ) Vocabulario ortográfico da lingua galega. Dende a páxina da Real Academia pódese consultar esta lista de palabras normativas que permitirá aclarar dúbidas sobre terminacións, ortografía, xénero, etc. Atención ao código de cores que nos permitirá distinguir as solucións correctas das toleradas e das recomendadas. | ![]() | ![]() |