![]() |
||
Recursos educativos en liña para galego (ensinanzas especiais) |
| IMAXE | NOME DO RECURSO | PARA | ORIXE |
![]() | Enerxía positiva Webquest sobre modelos enerxéticos orientada a traballar a comprensión lectora, a expresión oral e escrita e mais a toma de decisións consensuadas. | ![]() | ![]() |
![]() | Via Linguae (Santiago González Lopo ) O obxectivo de Via Linguae é proporcionar un recurso multimedia interactivo, atractivo e novidoso, que se poida empregar no ensino de idiomas. Está baseado en tres galerías fotográficas diferentes, unha para cada idioma (galego, inglés e francés), e nunha serie de exercicios para practicar as diversas destrezas lingüísticas. | ![]() | ![]() |
![]() | Cambios no novo texto das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego Documento de dez páxinas que recolle os epígrafes que se modificaron na última revisión normativa. | ![]() | ![]() |
![]() | É-galego Curso multimedia de galego de nivel intermedio dirixido a falantes de castelán. Facilita a aprendizaxe autónoma, pero tamén serve de axuda complementaria para o ensino na aula. | ![]() | ![]() |
![]() | O aforcado Xogo do aforcado co que podemos practicar léxico e ortografía dun xeito divertido. | ![]() | ![]() |
![]() | O Preguntoiro Test visualmente atractivo con preguntas de arte, bioloxía, etnografía, historia, lingua, literatura, refráns e xeografía. Pódese xogar en solitario ou contra un, dous ou tres compañeiros. | ![]() | ![]() |
![]() | A tinta das letras A tinta das Letras é unha caza do tesouro e, asemade, un paseo pola historia da nosa cultura a través das ferramentas que se usaron para escribila. | ![]() | ![]() |
![]() | Celga 1 - 22/10/2008 Materiais para a aprendizaxe do galego a nivel básico. Están pensados para axudar o alumnado a superar o Celga de nivel 1. | ![]() | ![]() |
![]() | Linguanet Linguanet Europa é un centro multlilingüe para a aprendizaxe de idiomas. Na sección galega podemos atopar dende test de nivel ata cursos en liña ou ligazóns a chats onde conversar con outros estudantes de galego como L2. | ![]() | ![]() |
![]() | Os camiños das linguas - 09/06/2008 (Luciano Fernández) Caderno interactivo realizado coa ferramenta LIM. Ocúpase da diversidade lingüística e preséntase como continuador da busca do tesouro Linguas e máis linguas. | ![]() | ![]() |
![]() | Asociación de Escritores en Lingua Galega Páxina da Asociación de Escritores en Lingua Galega con dúas zonas principais: o Centro de Documentación, que contén biografía, bibliografía e obra en liña de diversos autores contemporáneos, e o Espazo Didáctico, con actividades en clic. | ![]() | ![]() |
![]() | Biblioteca da RAG Biblioteca en liña da Real Academia Galega con obras completas de autores fundamentais da nosa literatura. | ![]() | ![]() |
![]() | Biblioteca virtual galega Páxina dedicada á literatura galega. Ten información biobibliográfica de autores, así como textos escritos, lidos ou cantados (audio e vídeo). Conta con espazos para expresar as propias opinións sobre as obras. | ![]() | ![]() |
![]() | Dicionario de Galego - 22/10/2008 (Editorial Ir Indo) Dicionario de galego normativo que incorpora as etimoloxías das palabras e a tradución ao portugués, ao castelán e ao inglés, idiomas nos que tamén se poden facer as buscas para atopar a equivalencia galega. | ![]() | ![]() |
![]() | Galego en liña Ferramenta para o asesoramento lingüístico con fichas sobre ortografía, gramática e estilo da lingua galega e coa posibilidade de facer consultas en liña. A web foi realizada ao abeiro dun convenio de promoción da normalización da lingua galega asinado entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo. | ![]() | ![]() |
![]() | Galipedia Versión en galego da Wikipedia, un proxecto internacional feito por voluntarios co propósito de crear unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e gratuíta en moitos idiomas. Podemos empregala para buscar información ou ben para contribuír ao desenvolvemento do proxecto creando novas entradas e ampliando ou corrixindo as existentes. Ver proposta didáctica en Opcións>Profesorado. | ![]() | ![]() |
![]() | Galizionario Dicionario de galego. Ademais de buscar palabras para saber o seu significado, podemos contribuír ao desenvolvemento do proxecto creando novas entradas e ampliando ou corrixindo as existentes. Ver proposta didáctica en Opcións > Profesorado. | ![]() | ![]() |
![]() | Loia Loia é un proxecto do Consello da Cultura Galega para poñer na rede, ao alcance de todos os internautas, un manual de referencia básico sobre o idioma galego (gramática, dialectoloxía...), a súa singradura histórica, a súa produción cultural, a súa realidade social e as súas perspectivas de futuro. | ![]() | ![]() |
![]() | OrtoGal (SLI Universidade de Vigo ) Primeiro servizo web de corrección ortográfica do galego, ofertado gratuítamente polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo. | ![]() | ![]() |
![]() | VOLG (RAG e ILG ) Vocabulario ortográfico da lingua galega. Dende a páxina da Real Academia pódese consultar esta lista de palabras normativas que permitirá aclarar dúbidas sobre terminacións, ortografía, xénero, etc. Atención ao código de cores que nos permitirá distinguir as solucións correctas das toleradas e das recomendadas. | ![]() | ![]() |