Logo de Contidos Educativos

volver ao menú de primaria | imprimir

Recursos educativos en liña para lingua inglesa (ed. primaria)


Atopáronse 12 rexistros. Os máis recentes sinálanse con fondo laranxa.

IMAXE NOME DO RECURSO PARA ORIXE
ampliar imaxe A school day

O alumnado do CEIP de Petelos preséntanlles o seu centro aos compañeiros e compañeiras doutros colexios mediante textos orais e escritos en galego e en inglés, empregando música e videos.

valorar

ampliar imaxe Viaxar pola cultura e a fala do Reino Unido
(Aurora Gay Méndez )

Web que contén galerías de fotos, vídeos, información escrita e actividades verbo do Reino Unido e a súa lingua.

valorar

ampliar imaxe Axendaweb
(Sergio Roca Peral )

Páxina que recolle centos de exercicios de gramática, vocabulario, verbos, contos e textos con actividades de comprensión lectora, cancións e vídeos. Os exercicios están clasificados por temas e por nivel de dificultade. Dispón de web propia Agendaweb.org

valorar

ampliar imaxe Materiais educativos curriculares Lingua Inglesa de primaria
(Aurora Gay Méndez )

Actividades en Hot Potatoes para lingua inglesa. Encrucillados, sopas de letras, asociacións, etc. Útil tamén para o primeiro ciclo da ESO

valorar

ampliar imaxe Inglés para educación primaria

Este material pon o acento no primeiro ciclo de primaria, e nel predominan os elementos auditivos, co obxectivo fundamental de que o alumnado escoite, recoñeza e identifique saúdos, despedidas, cores, números, obxectos do seu contorno, etc. As actividades son de tipo lúdico e interactivas, sen penalización polos erros e con reforzo positivo en todos os casos. (Este material estará dispoñible en galego en breve)

valorar

ampliar imaxe Dicionario CLUVI Inglés-Galego

Trátase dun dicionario baseado na colección de textos ingleses traducidos ao galego que forma parte do Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI). Nesta versión 1.0 do CLIG, formada por 5.324 entradas e 7.998 traducións, introducíronse no dicionario as equivalencias inglés-galego máis frecuentes na sección consultada do CLUVI.

valorar

ampliar imaxe Dicionario Richmond - 02/11/2005

Dicionario bilingüe inglés-español/español-inglés.

valorar

ampliar imaxe Learning Vocabulary can be fun - 18/11/2006

Aprender vocabulario de inglés pode resultar moi divertido con estes xogos educativos. Palabras cruzadas, encrucillados, o aforcado...

valorar

ampliar imaxe Leo lo que veo

É un dicionario que ten por obxectivo facilitar a aprendizaxe de vocabulario e a comprensión lectora ao alumnado de educación infantil , primeiro ciclo de primaria, e en especial, a aqueles que presenten dificultades de acceso á lingua española ou inglesa (por discapacidade auditiva, descoñecemento do idioma ou outros problemas que dificulten o proceso de aprendizaxe).

valorar

ampliar imaxe Listenings. British Council - 26/11/2007

Sinxelos listening animados acompañados de actividades lúdicas: Noite de medo, no zoo, Al e o extraterrestre...moi recomendables.

valorar

ampliar imaxe Mad English house

Recurso pensado para o alumnado de educación primaria. A súa finalidade é mostrar e repasar vocabulario dos temas básicos do currículo de Inglés. Contén divertidos xogos en liña.

valorar

ampliar imaxe Story place

Biblioteca dixital dos nenos e nenas. Explora páxinas cheas de contos e actividades. Conta con unha versión en inglés e outra en castelán.

valorar