Logo de Contidos Educativos

volver ao menú de secundaria | imprimir

Recursos educativos en liña para ciencias da natureza (ed. secundaria obrigatoria)


Atopáronse 21 rexistros. Os máis recentes sinálanse con fondo laranxa.

IMAXE NOME DO RECURSO PARA ORIXE
ampliar imaxe A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia industrial - 21/12/2007
(Coordinado por Antonio Lomba Baz)

A auga é a base deste material didáctico interactivo e multidisciplinar. Vídeos, animacións, simulacións, textos...para o seu uso en Matemáticas, Lingua, Física, Plástica, Xeografía ou Tecnoloxía. Premio a recursos educativos para a sociedade da información 2007.

valorar

ampliar imaxe A cova de ceza - 26/05/2008
(Coordinado por Javier Santiago Caamaño)

Vídeo didáctico en formato Flash no marco dunha exploración espeleolóxica a unha cova de tipo cárstico. Nel explícanse as precaucións que se deben tomar cando se entra nunha cova destas características, o material, a orixe da cova e os tipos de formacións calcáreas que se poden atopar.

valorar

ampliar imaxe Mareando
(Abraham Domínguez Cuña )

Galería con trescentas imaxes sobre o mundo mariño.

valorar

ampliar imaxe Os elementos da vida
(José Carlos Vázquez Martínez )

Este recurso achega coñecementos de ciencias da natureza, medio natural, bioloxía, xeoloxía e medios de produción enerxética dende o punto de vista das materias de Ciencias da Natureza e Ciencias da Terra e Medio Ambiente. Inclúe máis de 30 animacións e amenos textos explicativos, a partir de catro puntos principais: aire, auga, terra e luz.

valorar

ampliar imaxe Galería de imaxes de froitas

Galería con fotografías de froitas variadas, tanto autóctonas como exóticas.

valorar

ampliar imaxe Imaxes da European Forest Week
(Jaime Oroza Carballo )

Colección de fotos de excursións realizadas polos bosques galegos, acompañadas de textos acerca das experiencias vividas nelas. Hai tamén fotografías de bosques de Francia, Finlandia e Polonia.

valorar

ampliar imaxe Litoral de Galicia
(Jesús Lorenzo Muro )

Selección de fotografías do litoral galego realizadas entre os anos 2000 e 2003.

valorar

ampliar imaxe Guía interactiva para o aforro enerxético no fogar

Este práctico manual en liña explica de maneira sinxela e amena o que podemos facer nas nosas casas e no traballo para aforrar enerxía e contribuír á preservación do medio.

valorar

ampliar imaxe A reprodución nos vexetais (Fanerógamas)
(Luis A. Peña Rodríguez )

Recurso para traballar na EDI as flores e froitos e as súas partes.

valorar

ampliar imaxe Os ósos
(Luis A. Peña Rodríguez )

Actividades para traballar e coñecer a osamenta do noso corpo.

valorar

ampliar imaxe Árboles - 29/09/2006

Móstrase o funcionamento dos distintos tipos de plantas, as súas funcións biolóxicas e as distintas familias. Actividades interactivas e vídeos demostrativos.

valorar

ampliar imaxe Canalciencia - 18/05/2005

Web na que se nos presentan interesantes artigos sobre ciencias naturais, bioloxía, xeoloxía e astronomía. Tamén dispón de actividades.

valorar

ampliar imaxe Cuerpo humano interactivo

Anatomía humana a partir de debuxos detallados onde se indican os nomes e posicións dos ósos e dos distintos órganos. Actividades e xogos relacionadas co corpo humano.

valorar

ampliar imaxe Edumedia. Banco de animaciones interactivas de ciencias - 14/12/2006

Completo repositorio de animacións interactivas en Flash, organizadas por materias e temáticas. Centrado en matemáticas, física, química e medio natural.

valorar

ampliar imaxe El agua, recurso indispensable para la vida

Recurso educativo pensado para ampliar a cultura da auga no alumnado. Traballa diversos aspectos, dende as propiedades físico-químicas da auga ata a potabilización e distribución de auga nas cidades. Moi ameno e completo.

valorar

ampliar imaxe Kit educativo da Estación Espacial Internacional

Consiste en cinco capítulos que explican varios aspectos da ISS: que é, como se está construíndo, como se vive e se traballa a bordo, e como serán as viaxes no futuro. Tamén hai exercicios interdisciplinares, unha guía para o profesorado ademais dun glosario.

valorar

ampliar imaxe La desertización - 13/02/2007

A desertización e a sequía ameazan seriamente os medios de subsistencia de máis de 1.200 millóns de persoas en todo o mundo que dependen da terra para satisfacer a maioría das súas necesidades. Deseñado para alumnos do primeiro e segundo ciclo da ESO, para sensibilizalos ante a problemática da desertización.

valorar

ampliar imaxe PAISAJE

Programa realizado pola fundación "La Caixa" que invita a coñecer e investigar o tratamento da natureza e o xeito en que o home intervén na mesma.

valorar

ampliar imaxe Persiguiendo al misterioso Microbio

Web especializada en microbioloxía, dirixida ao alumnado de secundaria, cunha morea de información interesante e actividades sinxelas para a casa e para a aula.

valorar

ampliar imaxe Skoool.es - 19/03/2007

Un recurso creado de forma específica para os estudantes e os profesores de Ciencias e de Matemáticas. Achega recursos moi útiles para axudar os estudantes a aprender e a repasar para os seus exames, e para que tanto o alumnado coma o profesorado poida explorar as posibilidades ilimitadas do mundo educativo. Proporciona un enfoque rico e integrado das ciencias e das matemáticas, e todos os contidos desenvoltos para a súa publicación no sitio basearanse nas cuestións máis problemáticas que se identificaron nestas materias.

valorar

ampliar imaxe Vídeos didácticos de Librosvivos.org

LibrosVivos.org pon a disposición da comunidade educativa unha serie de interesantes vídeos para ver directamente desde Internet

valorar

 

Programas recomendados

Para poder traballar con estes programas, débense descargar no ordenador e instalalos.

Atopouse un rexistro.

IMAXE NOME DO PROGRAMA PARA ORIXE
Google Earth
Programa gratuíto que permite explorar todo o planeta dende as alturas. Parecido ao WorldWind da NASA en canto a posibilidades, este estase impoñendo pola súa sinxeleza de uso. Pulsa aqui para un percorrido virtual polos parques naturais galegos
URL orixinal: http://earth.google.com/index.html

valorar