Imaxe co logotipo de Contidos Educativos
INICIO | imprimir

OBRADOIRO DE RECURSOS

O Obradoiro de Recursos é un recuncho pensado para axudar os docentes a crear, compartir, atopar, modificar, traducir e adaptar materiais educativos propios e alleos. Daremos soporte a recursos feitos en diversos programas de autor, o cal simplifica o proceso de creación e adaptación. Tamén, co tempo, iremos dando trucos para facer materiais web independentes.

A ferramenta de autor soportada polo de agora é JavaClic. É sinxela de manexar e permite resultados satisfactorios investindo pouco tempo na aprendizaxe. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria oferta cursos específicos para elaboración de recursos educativos con JavaClic, tanto en modalidade presencial como a distancia por medio da Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA), dentro da súa oferta de cursos no Plan Anual de Formación do Profesorado. Consulte aquí a oferta de actividades de formación para o curso 2006-2007

Na zona de Encerado Dixital atoparemos recursos específicos para usar con este periférico. Na zona de Outros poderemos atopar materiais e trucos de uso doutras ferramentas de autor. Por último, na zona de FAQS respondemos as preguntas máis frecuentes sobre creación de contidos. Lembrámoslles que poden facernos chegar as súas preguntas e materiais enviándonos unha mensaxe a contidos@edu.xunta.es

COLABORE CO PORTAL DE CONTIDOS

FERRAMENTAS

 

 

JCLIC

 

 

ENCERADO DIXITAL

 

 

OUTROS

FAQS

Enlace a páxina de preguntas frecuentes