![]() | ||
|
||
ORIENTACIÓN : |
| IMAXE | NOME DO RECURSO | ORIXE |
![]() | Enerxía nuclear Ameno recurso en Flash que explica os dintintos tipos de aproveitamento da enerxía nuclear. | ![]() |
![]() | Enerxía positiva Webquest sobre modelos enerxéticos orientada a traballar a comprensión lectora, a expresión oral e escrita e mais a toma de decisións consensuadas. | ![]() |
![]() | Linguas e máis linguas Busca do tesouro sobre a diversidade lingüística e o plurilingüismo en Europa e no mundo. | ![]() |
![]() | Química práctica Recurso educativo para reforzar as clases prácticas de Química. Incide no coñecemento do material de laboratorio, nas normas de seguridade e nas pautas de traballo. Inclúe grande variedade de guións de prácticas e víde deos onde se describe de xeito detallado a súa realización. | ![]() |
![]() | Os elementos da vida Este recurso achega coñecementos de ciencias da natureza, medio natural, bioloxía, xeoloxía e medios de produción enerxética dende o punto de vista das materias de Ciencias da Natureza e Ciencias da Terra e Medio Ambiente. Inclúe máis de 30 animacións e amenos textos explicativos, a partir de catro puntos principais: aire, auga, terra e luz. | ![]() |
![]() | La ortografía de la lengua castellana Recurso interactivo con multitude de exercicios en liña para a práctica da ortografía da lingua castelá. Dividido en tres bloques principais: acentuación, puntuación e uso das grafías. | ![]() |
![]() | O equilibrio de mercado Esta páxina pretende ser unha ferramenta útil tanto para o profesorado que imparte a materia de Economía como para o alumnado que optou por ela. Abrangue parte dos obxectivos relacionados con dous dos contidos desta materia: as economías domésticas e o mercado. | ![]() |
![]() | Aves de Valdeorras A través deste proxecto preténdese “ensinar ós rapaces e rapazas a observar” a natureza. Recolle un elenco de sesenta aves que viven en Valdeorras, o que nos permitirá coñecer un pouco mellor esta zona interior de Galicia | ![]() |
![]() | Mareando Galería con trescentas imaxes sobre o mundo mariño. | ![]() |
![]() | Análise iconográfica da figura de David Estudo da representación escultórica e pictórica do bíblico rei David ilustrado con imaxes das obras analizadas. Consta de dúas clasificacións, unha temática e outra cronolóxica, e inclúe tamén actividades organizadas en catro niveis de dificultade. | ![]() |
![]() | Mecanismos Completa aplicación educativa sobre os mecanismos de transmisión e transformación do movemento. Inclúe numerosos exercicios e simulacións interactivas. | ![]() |
![]() | Enerxías renovables Completo recurso interactivo para o estudo das fontes de enerxía renovable e o seu aproveitamento. | ![]() |
![]() | Estudio da xeometría plana por ordenador Recurso interactivo en Flash que traballa de xeito lúdico a xeometría plana do primeiro ciclo da ESO. | ![]() |
![]() | Contrato de traballo Web de apoio ao módulo de formación e orientación laboral. Consta dunha primeira parte expositiva que inclúe modelos de contrato, lexislación, xurisprudencia, etc, e dunha parte práctica con test que permiten avaliar os coñecementos adquiridos. | ![]() |
![]() | Cor e impresionismo Recurso dividido en tres partes diferentes reunidas arredor dunha temática común. A primeira contén actividades de lingua francesa e de coñecemento sociocultural de Francia. A segunda parte, dedicada á educación plástica e visual, contén interesantes actividades sobre a cor. A terceira proporciónanos información sobre o impresionismo e o Museo d'Orsay. | ![]() |
![]() | Poliedros Recurso informativo que contén abundantes imaxes, animacións e desenvolvementos de poliedros. | ![]() |
![]() | Atmosfera e clima Cada capítulo deste recurso ten unha parte explicativa (que inclúe imaxes, animacións, ligazóns a sitios onde ampliar información, etc.) e outra de avaliación, con actividades en Hot Potatoes. Contén tamén un glosario. | ![]() |
![]() | Manexo da cámara fotográfica Recurso que permite entender de xeito intuitivo o efecto dos distintos parámetros da cámara (apertura, velocidade, focal,etc) sobre o resultado final. | ![]() |
![]() | Os medicamentos Completos apuntamentos electrónicos do módulo operacións administrativas e control de existencias en establecementos de farmacia, útiles tamén para os módulos de dispensación e venda de produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos e de elaboración de preparados farmacéuticos e parafarmacéuticos en establecementos de farmacia. | ![]() |
![]() | Maremáticas Actividades de matemáticas ambientadas no mundo mariño. | ![]() |
![]() | Viaxar pola cultura e a fala do Reino Unido Web que contén galerías de fotos, vídeos, información escrita e actividades verbo do Reino Unido e a súa lingua. | ![]() |
![]() | A school day O alumnado do CEIP de Petelos preséntanlles o seu centro aos compañeiros e compañeiras doutros colexios mediante textos orais e escritos en galego e en inglés, empregando música e videos. | ![]() |
![]() | Economía de Galicia Aproximación ao tecido empresarial galego con gráficos, textos, datos, fotografías e ligazóns. Contén tamén actividades de autoavaliación. | ![]() |
![]() | Ética e filosofía do dereito Proposta para traballar o currículo da materia que lle dá título ao recurso mediante catro tipos de actividades: de investigación, dilemas morais, con textos e con medios audiovisuais. | ![]() |
![]() | Introdución á xeoloxía Consta de dúas unidades didácticas, o tempo e a xeoloxía e a historia do planeta Terra. Na primeira emprega a metodoloxía de resolución de problemas e na segunda, que inclúe unha webquest, a de proxectos de traballo. | ![]() |
![]() | A fotosíntese á luz da evolución Exposición acompañada de ilustracións e animácións arredor da temática sinalada no título. | ![]() |
![]() | As fontes de Santiago: estudo da calidade da auga Web que dá a coñecer os resultados dun convenio de colaboración entre o Instituto de Educación Secundaria de Sar de Santiago de Compostela, o concello de Santiago de Compostela e Aquagest, a empresa concesionaria da rede pública de auga desta cidade. A finalidade deste convenio foi a análise da potabilidade das fontes do concello ao longo dun ano. | ![]() |
![]() | Edumates Recurso que abrangue os principais temas de matemáticas do bacharelato. Inclúe interactividade en Java. | ![]() |
![]() | Adán e Eva: iconografía Análise histórica da iconografía das figuras de Adán e Eva. | ![]() |
![]() | Pour parler de... La vie est belle Actividades para traballar sobre a película de Roberto Benigni. | ![]() |
![]() | Poboado de Santa Tegra e petroglifos do sur de Pontevedra Recurso dedicado ao estudo da prehistoria galega con dúas zonas diferenciadas. A primeira, presenta información sobre a cultura castrexa en xeral e sobre o poboado de Santa Tegra en particular. Inclúe indicacións e fichas para unha visita didáctica a este castro. A segunda é un percorrido polos petroglifos do sur da provincia de Pontevedra. | ![]() |
![]() | FOL Recurso pensado para desenvolver o módulo de formación e orientación laboral, presente en todos os ciclos de formación profesional. | ![]() |
![]() | Matemáticas interactivas con Cabri e Descartes Recurso baseado en Cabri e en Descartes, dúas miniaplicacións Java que permiten grande interactividade para a aprendizaxe da xeometría. | ![]() |
![]() | Exercises de français Colección de exercicios de lingua francesa para ESO e bacharelato nos que se traballan distintos aspectos gramaticais e de vocabulario. | ![]() |
![]() | Karaoke literario Actividades de comprensión lectora. | ![]() |
![]() | Practise your English Gran variedade de exercicios agrupados en catro bloques: gramática, vocabulario, lectura e comprensión oral. | ![]() |
![]() | Infraestrutura común de telecomunicacións Material para o módulo de técnicas e procesos nas instalacións singulares nas vivendas e nos edificios. | ![]() |
![]() | Música de cámara Web da aula de música de cámara do conservatorio da Coruña. | ![]() |
![]() | Salvamento acuático Páxina web de apoio para o alumnado de primeiros auxilios e salvamento acuático. Está dividida en catro partes: resumo da programación, preguntas frecuentes, exames e imaxes. | ![]() |
![]() | Cidade da cor Recurso lúdico dedicado ao estudo das cores. Dános explicacións sobre as súas connotacións e permítenos converternos en pintores recreando un cadro de Luís Seoane. | ![]() |
![]() | Administración de sistemas informáticos Presentación en PowerPoint para o ciclo de administración de sistemas informáticos. | ![]() |
![]() | A Unión Europea Traballo sobre a Unión Europea do CPI O Cruce de Cerceda. Facilita información sobre esta entidade e propón actividades prácticas e cuestionarios de preguntas sobre a mesma. | ![]() |
![]() | A xanela do tempo Páxina elaborada polo CPI dos Dices de Rois e o CPI de Bembibre do Val do Dubra na que se estudan distintos momentos da historia de Galicia: a prehistoria, con especial atención á cultura castrexa, e a romanización. | ![]() |
![]() | Miradas á pintura Espazo que pretende contribuír a que a arte e a pintura formen parte da realidade cotiá da escola. Inclúe unha selección de obras, motivadoras e atractivas para o alumnado sobre diferentes temas. Inclúe propostas de actividades para realizar na aula. | ![]() |
![]() | Semana das ciencias 2005 do IES Escolas Proval Memoria de actividades propostas na semana das ciencias do IES Escolas Proval. O traballo foi premiado co terceiro premio á innovación educativa do ano 2005 | ![]() |
![]() | Club matemático Durán Loriga Neste traballo descríbense unha serie de actividades que tratan de aumentar o interese do alumnado polas matemáticas, fomentando o traballo en equipo e introducindo temas de investigación. Recibiu o 2º premio á innovación educativa no ano 2005. | ![]() |
![]() | A alimentación no Quixote Proposta que integra os contidos curriculares do módulo de alimentación equilibrada do ciclo superior de Dietética facendo o estudo dietético e nutricional dos pratos que aparecen no Quixote. 2º premio á innovación educativa do ano 2005 | ![]() |
![]() | Cóntame un conto Premiado co terceiro premio de innovación educativa no ano 2005, é unha completa proposta en base á recollida de lendas, contos e seres míticos da tradición oral galega | ![]() |
![]() | A maxia da Química Un grupo de experiencias que tratan de desmitificar a ciencia e facela máis próxima e comprensibel ao alumnado. Céntrase sobre todo no ámbito da química e propón unha serie de prácticas de exhibición e adaptación de varias delas para que sexan realizadas polos alumnos. Traballo premiado no ano 2005 co terceiro premio á innovación educativa. | ![]() |
![]() | Os xogos dos nosos avós Conxunto de experiencias didácticas que pretenden fomentar o interese do alumnado por coñecer as actividades lúdicas dos seus pais e avós e por enriquecer o seu propio tempo de ocio. Premiado co 3º premio de innovación educativa no ano 2005. | ![]() |
![]() | De viaxe polo tempo en tren Primeiro premio de innovación educativa no ano 2005. Describe unha serie de actividades multidisciplinares desenvoltas ao longo do curso no IES Pino Manso do Porriño en torno a un tema común: o tren. | ![]() |
![]() | A vida do bosque Os xogos están agachados polo bosque. Coa súa busca, poderás acceder a eles, e, deste xeito a unha actividade. Premio á innovación educativa no ano 2003 | ![]() |
![]() | O noso patio en Xogo Traballo de innovación educativa premiado o ano 2006. Incide nun cambio da planificación e na organización dos recreos para enriquecer o tempo de ocio do alumnado e, en definitiva, a súa educación. | ![]() |
![]() | Learning english through painting Exposición dunha selección de cadros do renacemento comentados en inglés. Premio de innovación educativa no ano 2006. | ![]() |
![]() | Os recreos radiofónicos de Radio Atín Experiencia de radio no tempo de lecer co obxectivo de favorecer a expresión oral e escrita en galego dos rapaces de primaria nunha zona rural. 3º premio de innovación educativa no ano 2006. | ![]() |
![]() | Fomento da lectura. A biblioteca dunha escola rural infantil Traballo premiado nos premios de innovación educativa 2006. Reorganiza completamente a biblioteca escolar para dinamizala e integrala na vida cotiá da escola. | ![]() |
![]() | Un curso de actividades prácticas de matemáticas Conxunto de actividades o aire libre relacionadas coa aplicación práctica das matemáticas. 3º premio de innovación educativa no ano 2006. | ![]() |
![]() | Asómate ao mundo das algas Experiencia consistente nun achegamento do alumnado ao mundo das algas por medio de traballos prácticos en grupo. 3º premio de innovación educativa no ano 2006. | ![]() |
![]() | Interteatro Experiencia galardoada co 3º premio de innovación educativa no ano 2006. Dez grupos de nenos e nenas de diferentes cursos de infantil e de primaria de sete colexios públicos da localidade de Vigo compartiron as súas experiencias representando doce obras teatrais noutros centros distintos do seu. | ![]() |
![]() | Encontro con Jules Verne Proxecto premiado cun 3º premio de innovación educativa no ano 2006. Traballando arredor da figura de Xulio Verne, poténciase a curiosidade do alumnado pola literatura. | ![]() |
![]() | Maqueta do golfo ártabro Proxecto de construción dunha maqueta do Golfo Ártabro con alumnado de 3º de ESO. Traballo premiado nos premios de innovación educativa no ano 2006. | ![]() |
![]() | A maxia de Merlín e familia Proxecto que se propón divertir e educar a través da maxia e da fantasía dos relatos de Merlín e familia, utilizando a dramatización como recurso didáctico e actividade globalizadora, propiciando o achegamento dos clásicos aos máis pequenos, a animación á lectura e o espírito de traballo en equipo. Premiado no 2006 co 3º premio de innovación educativa. | ![]() |
![]() | Rap de Lugrís Freire Experiencia educativa que, por medio da música, do ritmo e do baile dá a coñecer o máis salientable da vida e da obra de D. Manuel Lugrís Freire. Premiado no ano 2006 co 3º premio de innovación educativa. | ![]() |
![]() | Educacionplastica.net Completa web con recursos interactivos que abarcan a meirande parte do programa da materia de educación plástica en ESO. | ![]() |
![]() | Historia da lingua galega Resumo claro e rigoroso da historia externa da lingua galega. | ![]() |
![]() | Descartes Descartes é unha miniaplicación Java configurable, pensada para que o profesorado deseñe páxinas web interactivas con números, funcións e gráficas. Inclúe moitos exemplos de uso e páxinas xa feitas que cobren o currículo educativo. Versión anterior dispoñible en http://www.edu.xunta.es/contidos/sec/mate/Descartes/index.html | ![]() |
![]() | Proxecto Newton Recurso educativo que abrangue o currículo de física de ESO e bacharelato. Metodoloxía de libro electrónico con simulacións en Java. Versión anterior en galego dispoñible en http://www.edu.xunta.es/contidos/sec/fisica/newton/index.html | ![]() |
![]() | Biosfera O proxecto Biosfera consta de unidades didácticas multimedia con contidos teóricos, recursos en rede e actividades de aprendizaxe e avaliación interactivas. Versión anterior en galego en http://www.edu.xunta.es/contidos/sec/bioloxia/biosfera/index.htm | ![]() |
![]() | Biología Nesta web podemos atopar contidos de bioloxía de 1º e 2º de bacharelato. No primeiro curso, abórdase o estudo da diversidade biolóxica, da organización e das funcións vitais dos organismos: nutrición, relación e reprodución. No segundo curso exponse a análise dos compoñentes biolóxicos, a estrutura e funcionamento celular. | ![]() |
![]() | O mundo de Fantasmín Con Fantasmín vas conseguir que o ordenador sexa o teu novo compañeiro de aprendizaxe e xogo. Axúdalle a superar as distintas probas ás que se ten que enfrontar. Versión anterior en galego : http://www.edu.xunta.es/contidos/internetenelaula/infantil/index.html | ![]() |
![]() | Ludos En Ludos atoparás recursos informáticos de carácter multimedia e interactivo cos que poderás divertirte á vez que aprendes novas cuestións de Educación Física. (Este recurso estará dispoñible en galego en breve) | ![]() |
![]() | Teatro de hoy Obras de teatro actuais con información sobre os seus autores e o contexto en que foron producidas. | ![]() |
![]() | Ciceros Material curricular complementario lingua castelá e literatura. Ten introducións teóricas e series de exercicios en Hot Potatoes. | ![]() |
![]() | Itinerario de la lectura. Del cuento popular a la narración contemporánea Este recurso ofrece contos e lendas populares para traballar en educación primaria, así como actividades prácticas sobre estes textos. Para ESO e bacharelato presenta relatos de autores actuais acompañados da súa correspondente análise lingüística e literaria. | ![]() |
![]() | MOS Serve para traballar contidos comúns para música na ESO e historia da música no bacharelato. Pretende achegarlles o fenómeno musical ao alumnado dun xeito amable e divertido. Está pensado para o seu uso na aula. | ![]() |
![]() | Palladium Materiais para o desenvolvemento das materias de cultura clásica, latín e grego. Contén actividades e recursos para o alumnado e orientacións pedagóxicas para o profesorado. | ![]() |
![]() | Malted Recurso que ofrece unidades didácticas para cada curso de ESO e de bacharelato. Estas unidades son modificables para adaptalas ao alumnado. Tamén permite a creación de contidos para outras áreas do currículo. | ![]() |
![]() | Alquimia A área de Ciencias, Xeografía e Historia é imprescindible para comprender o mundo que nos rodea e as transformacións ás que está sometido. Por iso che propoñemos que te mergulles na historia. Ademais, veremos outros temas de interese. (Este material estará dispoñible en galego en breve) | ![]() |
![]() | Inglés para educación primaria Este material pon o acento no primeiro ciclo de primaria, e nel predominan os elementos auditivos, co obxectivo fundamental de que o alumnado escoite, recoñeza e identifique saúdos, despedidas, cores, números, obxectos do seu contorno, etc. As actividades son de tipo lúdico e interactivas, sen penalización polos erros e con reforzo positivo en todos os casos. (Este material estará dispoñible en galego en breve) | ![]() |
![]() | FranÇaventure Un achegamento ao francés a través de tres niveis e diferentes perspectivas que dinamizan a aprendizaxe deste idioma e a súa cultura, constituíndo unha atractiva aventura. (Este recurso estará dispoñible en galego en breve). | ![]() |
![]() | Techno Este material emprega ferramentas multimedia abertas, configurables e que lle facilitan, tanto ao alumnado coma ao profesorado, o proceso de ensino-aprendizaxe dos bloques de recursos enerxéticos, principios de máquinas, sistemas neumáticos e olehidráulicos, control e programación de sistemas e sistemas automáticos e de control. (Este recurso estará dispoñible en galego en breve). | ![]() |
![]() | Enpocaspalabras Palabras para xogar, palabras para aprender, para escribir e para ler; unha lingua na que soñar. | ![]() |
![]() | Dibujo Técnico O obxectivo principal deste recurso é proporcionar unha aplicación web que permita experimentar de forma interactiva cos contidos propios do currículo da materia. O soporte informático no debuxo técnico axúdanos a desenvolver a visión espacial e a capacidade de abstracción. A presentación dos contidos, o movemento espacial, a interactividade do recurso, os exercicios prácticos e o proceso de control e avaliación fan desta unha aplicación atractiva, que permite o diálogo entre teoría e experimentación. (Este material estará dispoñible en galego en breve). | ![]() |
![]() | Guía interactiva para o aforro enerxético no fogar Este práctico manual en liña explica de maneira sinxela e amena o que podemos facer nas nosas casas e no traballo para aforrar enerxía e contribuír á preservación do medio. | ![]() |
![]() | O Ourizo Azul O Ourizo Azul é un recurso para o fomento da lectura en lingua galega, con espazos tan interesantes como Novidades, A túa biblioteca, Os nosos creadores, Premios ou O teu club de lectura, onde poderás facer amigos e intercambiar con eles opinións sobre os libros que liches. | ![]() |
![]() | A tinta das letras A tinta das Letras é unha caza do tesouro e, asemade, un paseo pola historia da nosa cultura a través das ferramentas que se usaron para escribila. | ![]() |
![]() | Formación Técnica Coordinada para o Profesorado de Automoción (FORTECO) O obxectivo de FORTECO é transmitirlle ao profesorado de automoción a información relativa aos avances técnicos de forma rápida, profesional e directa, con axuda de profesores multiplicadores, para alcanzar así o maior número de profesores, centros de ensino e alumnos posibles. (Arquivo ZIP) | ![]() |
![]() | Perspectiva interactiva Perspectiva cónica interactiva. Estuda o efecto dos diferentes parámetros de xeito inmediato. | ![]() |
![]() | Avilés de Taramancos Actividades en Hot Potatoes sobre a vida e a obra do poeta. | ![]() |
![]() | Nacemento da fotografía Breve historia da fotografía con algunhas actividades asociadas. | ![]() |
![]() | Na procura de funcións Webquest para explorar a presenza e a calidade da lingua galega nos xornais dixitais. | ![]() |
![]() | Maria Mariño Recurso educativo sobre a vida e a obra de María Mariño deseñado para ser accesible a través da imaxe, do texto e dos sons. Se non pode ver este recurso descargue aquí o plugin. | ![]() |
![]() | Viaxeira Estamos no século XXII e temos unha axencia de viaxes polo tempo. Unha rica clienta quere que lle recomendemos unha época á que desprazarse e un personaxe histórico a quen suplantar na súa excursión. Que lle imos recomendar?Webquest gañadora do concurso convocado con motivo das Letras Galegas 2007 que nos propón unha investigación sobre historia das mulleres, sociolingüística e literatura contemporánea centrada en catro escritoras e o seu tempo: Rosalía de Castro, María Mariño, Marta Dacosta e María Lado. | ![]() |
![]() | María Mariño, a tecedeira da fala Webquest gañadora dun segundo premio no concurso convocado pola Consellaría de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística con motivo do Día das Letras Galegas 2007. O alumnado terá que elaborar unha presentación multimedia sobre a autora homenaxeada e, se o desexar, un web de admiradores de María Mariño. | ![]() |
![]() | Coñecendo a María Mariño Carou Webquest gañadora dun primeiro premio no concurso convocado pola Consellaría de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística con motivo do Día das Letras Galegas 2007. O alumnado adoptará o papel de biógrafo, historiador, literato ou xornalista para realizar unha investigación moi ben guiada con instrucións e con fichas orientativas para a recollida de datos. | ![]() |
![]() | María Mariño, unha poeta única Webquest gañadora dun segundo premio no concurso convocado pola Consellaría de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística con motivo do Día das Letras Galegas 2007. A tarefa proposta é a presentación escrita e oral dos resultados dunha investigación sobre a vida e a obra de María Mariño guiada mediante fichas de recollida de datos. O documento final deberá incluír fotografías, poemas, reflexións do alumnado e unha entrevista ficticia á autora homenaxeada. | ![]() |
![]() | WIRIS Un programa similar ao coñecido Mathematica pero en rede. Moi completo, permite explorar as matemáticas de xeito interactivo. Representa funcións, traballa con polinomios e matrices, deriva, etc. | ![]() |
![]() | Vistas Recurso interactivo en Flash para traballar a visión espacial | ![]() |
![]() | Construcciones de Dibujo Técnico Explica paso a paso con vistosas animacións as construcións de debuxo técnico básicas. Moi adecuado para 3º e 4º de ESO. Pódese baixar o ficheiro coa web completa dende aqui | ![]() |
![]() | Curso de interpretación de planos Exercicios interactivos sobre representación de pezas en sistema diédrico. | ![]() |
![]() | Normalización Recurso interactivo sobre cortes e seccións. | ![]() |
![]() | Representación de funcións Miniaplicación Java para a representación gráfica de funcións. | ![]() |
![]() | Construir la geometría Considerable colección de materiais de xeometría, baseados en procesos constructivistas na ensinanza-aprendizaxe da xeometría no ensino primario. Na etapa de secundaria recoméndase como recurso para a atención do alumnado que traballa con reforzo educativo ou ben que estea nun programa de diversificación curricular. | ![]() |
![]() | Geoplano Prácticas aplicacións de xeometría (xeoplano) e aritmética (regretas). | ![]() |
![]() | Interactive Mathematics Librería virtual de aplicacións interactivas de matemáticas. Moi completa xa que inclúe aspectos de álxebra, xeometría, números, medida, etc. | ![]() |
![]() | Maths on line Libraría virtual de aplicacións interactivas de matemáticas. Moi completa (álxebra, xeometría, números, medida, etc.). | ![]() |
![]() | Estadística para 3º ESO Actividades en JavaClic para repasar conceptos de Estatística. | ![]() |
![]() | Piezas Modelos 3D con planos para practicar diédrico e perspectiva. | ![]() |
![]() | Perspectiva cónica Crea sólidos 3D e traballa a representación en diedrico e en perspectiva. Inclúe exercicios e tests. Moi completo. | ![]() |
![]() | Cuerpos (en movimiento) Recurso premiado do CNICE que permite crear simulacións de mecánica para incluír en páxinas propias. Inclúe exemplos. | ![]() |
![]() | Física con ordenador Excelente recurso para a física do bacharelato. Comprende teoría e interesantes simulacións en Java de todos os temas tratados. | ![]() |
![]() | Laboratorio de física Colección de miniaplicacións ordenadas por cursos e materias. | ![]() |
![]() | Rayuela Páxina web sobre os dereitos dos nenos e as nenas: os vosos dereitos. | ![]() |
![]() | Burbujas mágicas Contén letras e interpretacións de cancións infantís, xogos educativos, contos ilustrados e debuxos para imprimir e pintar. Ofrece, ademais, planificacións para profesores. | ![]() |
![]() | Viviendo entre sonidos É unha aplicación multimedia que está concebida para servir como material de apoio para o proceso de ensino-aprendizaxe da educación musical durante a educación infantil. | ![]() |
![]() | Inglés en las primeras edades Unha aplicación destinada á aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira nas primeiras idades. | ![]() |
![]() | El reloj Aprende as horas do día coa axuda deste reloxo. | ![]() |
![]() | Las vocales Material que serve de axuda na aprendizaxe da lectura e escritura das vocais. | ![]() |
![]() | Encuentra las vocales Atopa as vocais que che propón este poliño. | ![]() |
![]() | Story place Biblioteca dixital dos nenos e nenas. Explora páxinas cheas de contos e actividades. Conta con unha versión en inglés e outra en castelán. | ![]() |
![]() | Bridge designer Miniaplicación que permite deseñar e calcular as cargas e esforzos dunha estrutura tubular plana (tesoiras, pontes,etc) de xeito gráfico e intuitivo. | ![]() |
![]() | Biomodel 3 Modelos moleculares de bioloxía para ESO. Parte do proxecto BIOROM. | ![]() |
![]() | Perdido, sin saber que hacer Non é doado levarse ben cos demais. Esta guía axudarache a conseguilo. | ![]() |
![]() | Manual de biología celular Web estruturada en tres módulos: citoplasma, núcleo e ciclo celular. Dispón de contidos curriculares, galería de imaxes e probas de avaliación. | ![]() |
![]() | El reino vegetal Esta aplicación é un percorrido pola información necesaria para comprender o reino vexetal. A presentación, esquemática e gradual, permite que cada alumno dirixa a súa propia aprendizaxe de acordo coas súas necesidades e intereses. | ![]() |
![]() | Todo corazón Esta páxina estuda a fondo o corazón e o aparato circulatorio. Contén glosario de termos, actividades, xogos e test de autoavaliación. | ![]() |
![]() | Experimentos Web con propostas de experimentos sinxelos de realizar. De cada experimento recóllense os obxectivos, proposta de hipótese, materiais, metodoloxía, variantes e conclusións. | ![]() |
![]() | Geología de Galicia Recurso que presenta un estudo xeolóxico da nosa comunidade. Recolle un mapa de Galicia cos xacimentos minerais no que se establecen distintas zonas de interese. De cada unha delas podemos coñecer as rochas máis comúns e representativas con fotografías e un texto explicativo. | ![]() |
![]() | Biología y geología de la ESO y 2º BACH Web de José Luis Sánchez Guillén, profesor de bioloxía e xeoloxía. Material de apoio na realización de actividades prácticas moi útil para o ensino. Contén unidades con diapositivas, animacións e exercicios. | ![]() |
![]() | Diccionario bibliográfico Ángel Pariente Dicionario biobibliográfico da poesía española do século XX. | ![]() |
![]() | Curso de demostración de electroneumática Descrición animada de compoñentes electroneumáticos e exercicios interactivos de deseño de circuítos electroneumáticos. | ![]() |
![]() | En un lugar de la red Recurso educativo dedicado á análise e coñecemento do Quijote. | ![]() |
![]() | Historia del teatro Información e test sobre a historia do teatro con capítulos dedicados ao teatro grego, ao teatro romano e á dramaturxia española do século XVII. | ![]() |
![]() | BiVir Biblioteca virtual con versións en lingua galega de textos da literatura universal. | ![]() |
![]() | Trompiletras galegas Web persoal de Efrén Vázquez, profesor de educación secundaria, xurdida a partir da súa experiencia de integración das tecnoloxías da información e da comunicación na aula de lingua galega e literatura. Na sección Taboleiro pódense ver traballos realizados polo alumnado. | ![]() |
![]() | Biblioteca virtual galega Páxina dedicada á literatura galega. Ten información biobibliográfica de autores, así como textos escritos, lidos ou cantados (audio e vídeo). Conta con espazos para expresar as propias opinións sobre as obras. | ![]() |
![]() | Museo Castelao Páxina dedicada á difusión da vida e da obra de Castelao. Contén textos e documentos sonoros. | ![]() |
![]() | Galipedia Versión en galego da Wikipedia, un proxecto internacional feito por voluntarios co propósito de crear unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e gratuíta en moitos idiomas. Podemos empregala para buscar información ou ben para contribuír ao desenvolvemento do proxecto creando novas entradas e ampliando ou corrixindo as existentes. Ver proposta didáctica en Opcións>Profesorado. | ![]() |
![]() | Martín Codax Páxina web dedicada a Martín Codax. Contén fotos dos manuscritos, audios das cantigas, artigos de análise, bibliografía e ligazóns de interese. | ![]() |
![]() | La aventura literaria Recurso dedicado á literatura castelá dos séculos XI a XVIII. Contén información sobre o contexto histórico e social, os movementos literarios, as obras e autores, ademais de actividades (test, comentarios de texto, xogos, etc.) e un glosario. | ![]() |
![]() | La llamada de la selva Recurso orientado a facilitar a transición da educación primaria á ensinanza secundaria na materia de Lingua Castelá. | ![]() |
![]() | Los sonidos del habla Programa para o estudo da fonética. Permite comparar o castelán coas outras linguas do Estado. | ![]() |
![]() | Taller de Lengua Obradoiro de lectura, de escritura e de comunicación oral. | ![]() |
![]() | El bosque Recurso para traballar aspectos das tres áreas de educación infantil: o corpo, as letras, os números, os sons,etc. | ![]() |
![]() | Mi mundo en palabras Material interactivo do Instituto Cervantes para aprender lingua castelá de xeito lúdico. Aínda que foi elaborado para o alumnado estranxeiros de sete a nove anos, pode ser aproveitado para as clases do primeiro ciclo de primaria. | ![]() |
![]() | Didier Bravo! Páxina con xogos para reforzar os contidos estudados na clase. Dende ela, pódese acceder tamén ao Canal Rêve, que propón outras atractivas actividades pedagóxicas en liña para a aprendizaxe da lingua francesa. | ![]() |
![]() | Retrouvez le sourire Curso interactivo baixo a forma de xogo de ficción policial. | ![]() |
![]() | Le conjugueur Conxugador de verbos en francés. | ![]() |
![]() | Adodoc Audios e vídeos en francés con exercicios de comprensión asociados. | ![]() |
![]() | Arsvirtual Museo virtual onde poderemos visitar algúns dos edificios e monumentos arquitectónicos españois máis importantes de todos os tempos. | ![]() |
![]() | Radio Francia Internacional Páxina de Radio Francia Internacional onde podemos escoitar en directo as emisións da cadea ou acceder a arquivos históricos de audio. Conta cunha sección propiamente educativa, La langue française (vid. índice na marxe esquerda), con exercicios de comprensión asociados a cada documento sonoro e artigos para ler. Ideal para escoitar diferentes acentos da francofonía. | ![]() |
![]() | Los peligros de un mundo químico Recurso que informa en detalle dos contaminantes químicos que poden afectar á saúde e se atopan nos produtos que usamos a diario. | ![]() |
![]() | Mini webquest Breve webquest para traballar a variedade da lingua castelá ao tempo que se practica ortografía. | ![]() |
![]() | Vamos a ser periodistas Esta webquest proponlles aos/ás alumnos/as un traballo de investigación sobre a noticia xornalística. | ![]() |
![]() | Dicionario visual da construción Ferramenta que contén a terminoloxía técnica da construción en lingua galega e castelá. Como axuda, inclúe ilustracións alusivas aos seguintes ámbitos: urbanismo, edificios, elementos construtivos do edificio, infraestruturas de transporte e comunicación, construcións hidráulicas e execución da obra. | ![]() |
![]() | Vídeos didácticos de Librosvivos.org LibrosVivos.org pon a disposición da comunidade educativa unha serie de interesantes vídeos para ver directamente desde Internet | ![]() |
![]() | Música, un modo de conocerla Compositores, instrumentos, teoría da musica e audicións, son algúns dos elementos que se traballan no recurso. | ![]() |
![]() | Conocer los periódicos Web quest que pretende achegar ao alumnado ao mundo do xornalismo escrito. | ![]() |
![]() | Don Quijote Webquest sobre Miguel de Cervantes e a súa obra máis importante. | ![]() |
![]() | Día das Letras Galegas Esta páxina conta, entre outras, con seccións dedicadas á historia da lingua galega, á súa clasificación entre as linguas do mundo e ás letras galegas (historia, homenaxeados, monográficos e colaboracións). | ![]() |
![]() | WINDPOWER - Energía eólica Completísima web con todo tipo de información sobre a enerxía eólica. Inclúe aspectos teóricos sobre cálculo de potencias, deseño dos aeroxeradores e localización dos parques eólicos. Animacións interesantes. Tamén dispón de actividades e de recursos interactivos. Presentado en castelán. | ![]() |
![]() | Macrogallería de polímeros Estupendo sitio web en castelán dedicado aos polímeros. Dispón de cinco niveis de profundidade, dende o nivel máis básico e divulgativo ata o último, máis especializado, destinado a alumnado de cursos avanzados das facultades. | ![]() |
![]() | Nova macrogallería de polímeros Nova versión da coñecida Macrogallería de polímeros. Máis niveis de coñecemento sobre o mundo dos plásticos e polímeros en xeral, e máis actividades. | ![]() |
![]() | Proxecto PROPYME. Automatización de procesos industriais Descrición, acompañada de gráficos animados, de distintos procesos industriais de carácter innovador que melloran a produtividade das empresas. Nivel elevado. | ![]() |
![]() | Animated Classics Contén catro animacións (The Siege of Troy, A Midsummer Night's Dream, A Christmas Carol e Jabberwocky) baseadas en obras de Homero, W. Shakespeare, Ch. Dickens e L. Carroll. De cada unha pode verse, ademais: 1. Un resumo do argumento. 2. Unha breve descrición dos personaxes. 3. Un anecdotario. 4. Información sobre o contexto histórico en que se produciu a obra de base. 5. Unha sección onde podemos ampliar información (vida do autor, texto do guión, ligazóns...). | ![]() |
![]() | Atlas ambiental del Mediterráneo Atlas ambiental do Mediterráneo (centrado na estrutura do territorio e da paisaxe). Interesante páxina pola súa calidade nos contidos e nas imaxes. | ![]() |
![]() | Design Museum London Completísima web sobre deseño industrial clásico e contemporáneo. | ![]() |
![]() | Experimentos de física y química Interesantes experimentos de física e química para realizar na casa ou na escola. | ![]() |
![]() | Filópolis Filópolis é un espazo interactivo, estruturado a modo de cidade, que presenta cuestións e contidos de filosofía. Invita, de xeito lúdico e divertido, á reflexión filosófica con múltiples actividades que o alumnado pode realizar. | ![]() |
![]() | La filosofía en el bachillerato Web moi interesante dedicada aos alumnos de 2º de bacharelato, con recursos complementarios acerca dos contidos do curso. Podemos atopar textos, exercicios autoavaliables, foros de debate e discusión... | ![]() |
![]() | El maravilloso mundo de la filosofía O propósito de José María Calvo, licenciado en filosofía, é compartir as súas experiencias no ámbito da educación con outros profesionais. A súa páxina contén xogos, exercicios, textos de discusión, etc. | ![]() |
![]() | Filosofía Páxina de filosofía elaborada por Javier Álvarez Peón, profesor no IES Gil y Carrasco de Ponferrada. Contén textos de elaboración propia sobre historia da filosofía. | ![]() |
![]() | Filosofía para niños Proposta educativa para nenos de 3 a 18 anos de Matthew Lipman. | ![]() |
![]() | Biblioteca de obras y autores clásicos Páxina que contén diferentes webs dedicadas ao estudo dos principais títulos e escritores clásicos do ámbito hispano. | ![]() |
![]() | Clásicos hispánicos Obras de literatura clásica en lingua castelá e en edicións críticas con textos depurados e fiables preparados por acreditados especialistas. | ![]() |
![]() | Librosvivos.net Librosvivos.net é unha produción do grupo editorial S.M. Ofrece contidos didácticos interactivos e motivadores co obxecto de reforzar as aprendizaxes básicas. | ![]() |
![]() | A vaca Connie Páxina con tres zonas: xogos, contos e actividades cos pais. | ![]() |
![]() | Arteazul Páxina que da a coñecer diferentes técnicas plásticas. Recolle obradoiros en liña nos que se pode observar como realizar manualidades con distintos tipos de materiais. | ![]() |
![]() | El peso y la masa Web que traballa de xeito inductivo os conceptos de masa e peso e as relacións entre ambos. | ![]() |
![]() | Música e informática O proxecto RTEE ten como obxectivo a creación dunha rede telemática europea para o desenvolmento de proxectos educativos. Pódense atopar materiais curriculares e ligazóns. | ![]() |
![]() | Artemuseo Contén ligazóns a diferentes publicacións e investigacións, así como actividades en liña e outras realizadas nas aulas. | ![]() |
![]() | La banda de los amiguetes Historias e contos de diferentes instrumentos musicais animados que nos van presentando distintos contidos. | ![]() |
![]() | La longitud Recurso para o desenvolvemento de contidos matemáticos sobre a lonxitude: medidas naturais e convencionais, relacións entre unidades, equivalencias e operacións con medidas, etc. Contén test, actividades interactivas e exercicios para imprimir. | ![]() |
![]() | La superficie Material para o reforzo educativo de contidos relacionados coa superficie: figuras planas, unidades de medida das magnitudes, transformacións entre medidas, perímetro e áreas. | ![]() |
![]() | Bivem Biblioteca virtual en lingua castelá especializada en recursos para a educación musical en infantil, primaria e secundaria. | ![]() |
![]() | Cantos Neste espazo poderemos atopar cancións moi sinxelas para alumnos que inician os seus estudos musicais. Son partituras que contan cun ficheiro midi e coa letra da canción. Partimos de tres notas: Do, Mi, Sol para ir engadindo progresivamente toda a escala. | ![]() |
![]() | El volumen. Capacidad Aplicación que traballa os conceptos básicos de capacidade e as unidades de medida. Contén tests, actividades interactivas e exercicios para imprimir. | ![]() |
![]() | Una vida saludable Recurso premiado polo CNICE que ofrece a posibilidade de realizar actividades interactivas relacionadas co corpo e o seu coidado. | ![]() |
![]() | Las fracciones Recurso no que se traballan as fraccións: comprensión do todo e das partes, relacións e operacións, ordenación e problemas prácticos. Contén xogos e tests interactivos. | ![]() |
![]() | Los decimales Aplicación que aborda o estudo dos números decimais: o nº decimal como expresión das fraccións, operacións e problemas. Ten actividades interactivas e exercicios prácticos. | ![]() |
![]() | Los porcentajes Recurso no que se traballan as fraccións, os decimais e as porcentaxes. Exercicios con cálculos e problemas prácticos. | ![]() |
![]() | Iter hispanum Recurso que facilita o coñecemente e a comprensión do mundo de Roma. | ![]() |
![]() | Conecto con las mates Exercicios avaliables a través da web sobre os seguintes temas do currículo: múltiplos, divisores, números enteiros e potencias. | ![]() |
![]() | Odisea Recolle as historias e aventuras dos personaxes da Odisea. Traducións dos textos e comentarios sobre o libro. | ![]() |
![]() | Ilíada Páxina que amosa os avatares da guerra de Troia traducidos e comentados. | ![]() |
![]() | Lexique Fle Espazo dedicado á aprendizaxe de vocabulario: la famille, le corps, les heures, les animaux, etc. Permítenos escoitar a pronunciación das palabras. Ten a posibilidade de realizar as actividades en rede ou de descargalas no propio PC. | ![]() |
![]() | Edu365 Portal educativo útil para a familiarización do alumnado coa lingua francesa. Contén xogos, cancións, dicionario, etc. | ![]() |
![]() | Le jeu du pendu Xogo do aforcado no que se empregan nomes de animais. Pretende aumentar e consolidar o vocabulario deste campo semántico en lingua francesa. | ![]() |
![]() | Canalciencia Web na que se nos presentan interesantes artigos sobre ciencias naturais, bioloxía, xeoloxía e astronomía. Tamén dispón de actividades. | ![]() |
![]() | Poisson Rouge Moitos xogos e actividades lúdico-educativas para os máis pequenos. En francés e inglés. | ![]() |
![]() | Metro Páxina con actividades lúdicas para a iniciación á práctica do inglés cos máis pequenos. | ![]() |
![]() | Biblia Coñece a Biblia e xoga e aprende cos seus personaxes. | ![]() |
![]() | Cultura de paz Recursos para a educación e o activismo pola paz e a resolución de conflitos. | ![]() |
![]() | Hagshama Recursos e artigos sobre sionismo, xudaísmo e Israel . | ![]() |
![]() | Imagination Voyages Simulador de viaxe en inglés. Hai que formar un grupo e os seus membros deben discutir e decidir medios de transporte, aloxamento, etc. para levar a bo termo as súas vacacións sen esgotar o orzamento asignado. Tamén teñen que enviar unha postal ou organizar un horario, entre outras tarefas. | ![]() |
![]() | Breaking News English Daily Cada lección contén unha noticia escrita co seu correspondente arquivo sonoro, exercicios e actividades de comunicación e de debate asociados. Ten dous niveis de dificultade. | ![]() |
![]() | QA Approach Breves narracións que se poden escoitar con acento americano. Presenta ligazóns a dicionarios para consultar o vocabulario que non se comprenda. Cada historia ten exercicios de comprensión asociados. | ![]() |
![]() | Recursos interactivos en Flash para física e química Máis de 20 recursos interactivos independentes sobre temas de física e química que inclúen actividades e exercicios. Aspecto gráfico abondo coidado e boas animacións. | ![]() |
![]() | Online Talk Community Páxina onde poderemos contactar con alumnado que estuda inglés como lingua estranxeira, para practicar este idioma dialogando con outras persoas. | ![]() |
![]() | Rainforest Vacations? Web quest sobre as vantaxes e inconvenientes do ecoturismo. Obríganos a ler, discutir, escribir e expoñer conclusións en inglés, ademais de entrenar para a toma de decisións como cidadáns dunha sociedade democrática. | ![]() |
![]() | Special English Esta páxina presenta textos (versión oral e escrita) en inglés americano empregando un vocabulario de non máis de 1500 palabras. O seu obxectivo é achegar información sobre a vida americana ás persoas que non falan inglés fluído. | ![]() |
![]() | Daily Lesson Plan O New York Times presenta suxestións de actividades, para unha sesión de clase de inglés, que xiran arredor dun artigo de prensa. Pódese acceder ao arquivo de propostas, á lección suxerida para o día,ou ben realizar buscas por temas e niveis. Ao final do artigo, hai unha ligazón ao Children's Privacy Notice, desde a que se posibilita facer preguntas a xornalistas, enviar cartas ao director, etc. | ![]() |
![]() | Wikipedia Versión en inglés deste proxecto internacional feito por voluntarios co propósito de crear unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. Podemos empregala para buscar información sobre a cultura anglosaxona ou contribuír ao desenvolvemento do proxecto creando novas entradas e ampliando ou corrixindo as existentes. Ver proposta didáctica en Opcións>Profesorado. | ![]() |
![]() | Merriam-Webster OnLine Dicionario e tesouro da lingua inglesa. | ![]() |
![]() | Galego en liña Ferramenta para o asesoramento lingüístico con fichas sobre ortografía, gramática e estilo da lingua galega e coa posibilidade de facer consultas en liña. A web foi realizada ao abeiro dun convenio de promoción da normalización da lingua galega asinado entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo. | ![]() |
![]() | Polarfle Xogo de ficción policial co que practicaremos gramática e vocabulario franceses en catro niveis: inicial, elemental, intermedio e avanzado. Cómpre ter instalada a última versión do Real Player para escoitar os textos. Pódese acceder a ela dende o capítulo Mode d'emploi do propio recurso. | ![]() |
![]() | Mad English house Recurso pensado para o alumnado de educación primaria. A súa finalidade é mostrar e repasar vocabulario dos temas básicos do currículo de Inglés. Contén divertidos xogos en liña. | ![]() |
![]() | Museo Virtual do CEIP de Palmeira Interesante recurso con reproducións de obras de catro pintores (Goya, Miró, Greco, Velázquez) feitas polos nenos e nenas do CEIP de Palmeira. | ![]() |
![]() | Recursos educativos en liña do Goethe Institut Grande cantidade de exercicios interactivos para estudantes de alemán. | ![]() |
![]() | Unos tipos duros Teoría e práctica da tipografía. Nesta web pódese atopar un completo tratado sobre tipografía en HTML, leccións sobre historia da tipografía, moitos artigos interesantes e exemplos prácticos. | ![]() |
![]() | FisLab Estupendos applets (miniaplicacións Java) para simulación de diversos temas de cinemática e de dinámica. As simulacións son moi completas e didácticas, xa que ofrecen un bo número de parámetros modificables e unha atractiva presentación, polo que son un complemento ideal para a explicación na aula. De momento está en catalán, pero proximamente aparecerá a tradución ao castelán. | ![]() |
![]() | Juegos católicos virtuales Páxina de xogos educativos de contido relixioso para nenos e nenas de todas as idades. | ![]() |
![]() | Sistema diédrico Colección de diapositivas sobre o sistema diédrico: rectas contidas en planos, interseccións, seccións e poliedros. | ![]() |
![]() | Profesores de Religión Recursos para a aula e materiais didácticos orientados ao ensino da relixión católica. | ![]() |
![]() | Al Islam Proxecto da Biblioteca Islámica Dixital de Ahlulabait. Contén numerosos textos con información relixiosa, definicións sobre os conceptos de Deus e o seu profeta, crenzas e prácticas relixiosas, así como datos comparativos con outras relixións. ademais dunha lista de eventos históricos. | ![]() |
![]() | Profeislam Recursos para a aula e materiais didácticos relacionados coa relixión islámica. | ![]() |
![]() | Judaica site Sitio adicado aos costumes e crenzas do pobo xudeu. Contén o calendario hebreo, as cerimonias e as festas. Explica ademais o significado das distintas celebracións e actos. | ![]() |
![]() | Aventuras del Quixote Un xeito divertido de coñecer a obra mestra da literatura castelá, con animac |