ORIENTACIÓN
Atopáronse 103 rexistros.
ver imaxe -
valorarWeb do departamento de orientación do IES Marqués de Sargadelos con documentos e informacións útiles para a orientación educativa e profesional de cada etapa escolar.
Orixe: Premios Siega
ver imaxe -
valorarCurso multimedia de galego de nivel intermedio dirixido a falantes de castelán. Facilita a aprendizaxe autónoma, pero tamén serve de axuda complementaria para o ensino na aula.
Orixe: Dirección Xeral de Politica Lingüistica
ver imaxe -
valorarSección da web Atención a la diversidad.
Orixe: Convenio Internet na Escola
ver imaxe -
valorarWeb temática dividida nas seguintes seccións: apoio ao proceso de ensinanza-aprendizaxe, orientación académica e profesional, acción titorial e desenvolvemento do profesorado.
Orixe: Convenio Internet na Escola
ver imaxe -
valorarWeb temática dividida nas seguintes seccións: as etapas evolutivas dos fillos, ambiente familiar, o tempo libre en familia, os estudos dos fillos, o contorno que nos rodea, obxectivos educativos dos pais.
Orixe: Convenio Internet na Escola
ver imaxe -
valorarWeb dividida nas seguintes seccións: aprender a aprender, artigos arredor de diversos temas de interese para os estudantes, busca de emprego e ligazóns.
Orixe: Convenio Internet na Escola
ver imaxe -
valorarWeb temática con información útil para previr e resolver conflitos nos centros educativos.
Orixe: Convenio Internet na Escola
ver imaxe -
valorarWeb temática sobre os menores e o uso de Internet.
Orixe: Convenio Internet na Escola
ver imaxe -
valorarWeb temática dividida en tres seccións: a primeira, con información sobre un programa de aprendizaxe do castelán para alumnos estranxeiros; a segunda, con material para traballar o fenómeno das migracións con alumnos da ESO; a terceira, cunha páxina web (intercultur@net) que promove a interculturalidade como modelo educativo.
Orixe: Convenio Internet na Escola
ver imaxe -
valorarO obxectivo deste recurso é afianzar e desenvolver as capacidades físicas, afectivas, cognitivas e comunicativas dos alumnos con necesidades educativas promovendo o maior grao posible de autonomía persoal e de integración social mediante a utilización das TIC.
Orixe: Convenio Internet na Escola
ver imaxe -
valorarAínda que pode ser utilizado con calquera tipo de alumnado, xa que os contidos que se traballan son os propios do proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita, ALES II é un sistema telemático para o ensino da lectoescritura a nenos e nenas con discapacidade motora. Con este material multimedia preténdese ofrecer unha ferramenta que permita o acceso á lectura e escritura como un medio de comunicación aumentativa e alternativa sen límites de vocabulario, á vez que se facilitan outras aprendizaxes escolares.
Orixe: Convenio Internet na Escola
ver imaxe -
valorarLigazón á páxina da Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Universidades. Consulta das titulacións que se imparten nas universidades galegas, titulacións a que se pode optar dende..., titulacións das distintas áreas, catálogo de títulos universitarios, datos das universidades españolas e ligazón á súa páxina web.
Orixe: ver imaxe -
valorarAcceso a documento en pdf: a nutrición en idade escolar, guías para a elaboración de menús escolares e propostas de menús xerais e adaptados a nenos con certas enfermidades nutricionais.
Orixe: ver imaxe -
valorarLigazón á páxina web da Xunta de Galicia. Información dos ciclos formativos da formación profesional específica.Folletos informativos: centros onde se imparte a formación profesional inicial no curso 2006-2007, perfís profesionais (competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén, acceso a outros estudos) e información dos centros educativos.
Orixe: ver imaxe -
valorarPrograma informático de orientación profesional para uso do departamento de orientación. Orientacións a través dun vídeo de como facer unha entrevista profesional. Recomendacións xerais, recomendacións sobre a linguaxe corporal, exemplo de dúas entrevistas e análise das mesmas.
Orixe: ver imaxe -
valorarPáxina web da Xunta de Galicia sobre a Educación de Adultos. Acceso á rede de centros educativos que imparten estas ensinanzas.
Orixe: ver imaxe -
valorarLigazón á páxina web da Xunta de Galicia con información sobre a etapa educativa do bacharelato. Finalidades, estrutura, modalidades, acceso, avaliación e promoción. Ligazóns a documentación lexislativa.
Orixe: ver imaxe -
valorarPáxina da Xunta de Galicia con información das escolas oficiais de idiomas. Podes acceder a ela a través das páxinas web dos propios centros.
Orixe: ver imaxe -
valorarPor medio desta páxina web, a ESAD de Galicia quere crear un marco de información e comunicación con toda a cidadanía, de xeito que todas as persoas interesadas no campo do teatro e das artes escénicas teñan un punto permanente de referencia onde procurar moi diversas novas e materiais.
Orixe: ver imaxe -
valorarPublicación Clara Campoamor, homenaxe no 75 aniversario da consecución do dereito ao voto feminino.
Orixe: ver imaxe -
valorar"Guía de técnicas para a busca de emprego" da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia. A guía pretende proporcionar as ferramentas necesarias para afrontar eficazmente a busca de emprego, por conta allea ou establecéndose por contra propia.
Orixe: ver imaxe -
valorarMateriais para a aprendizaxe do galego a nivel básico. Están pensados para axudar o alumnado a superar o Celga de nivel 1.
Orixe: ver imaxe -
valorarUnha ferramenta para a iniciación no uso da lingua galega do alumnado procedente do estranxeiro
Orixe: ver imaxe -
valorarUnha ferramenta para a iniciación no uso da lingua galega do alumnado procedente do estranxeiro
Orixe: ver imaxe -
valorarACCESIBILIDADE PARA MOTÓRICOS. Programa deseñado para persoas con dificultades motoras. Permite navegar por Internet e o acceso a todo tipo de recursos e materiais. Cómpre unha cámara web para o seu funcionamento sen necesidade de ningún outro periférico. Unha vez arrancado, o programa detecta automaticamente a cámara e o rato desprázase pola pantalla seguindo o movemento da cabeza. Para realizar os clic, dobre clic, etc. aparece un menú semitransparente cando non movemos o rato durante uns segundos. Tamén é posible facer clic mediante a voz.
Orixe: ver imaxe -
valorarMaterial de apoio para a aprendizaxe da lingua galega dun xeito natural para o alumnado inmigrante. Trátase de partir de todo aquilo que o alumnado vai ter necesidade de usar na súa vida cotiá.
Orixe: ver imaxe -
valorarPrograma de discriminación auditiva e visual de fonemas e grafemas, dirixido ao alumnado de educación infantil,así como aos traballos de apoio de logopedia e pedagoxía terapéutica.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarÉ un dicionario que ten por obxectivo facilitar a aprendizaxe de vocabulario e a comprensión lectora ao alumnado de educación infantil , primeiro ciclo de primaria, e en especial, a aqueles que presenten dificultades de acceso á lingua española ou inglesa (por discapacidade auditiva, descoñecemento do idioma ou outros problemas que dificulten o proceso de aprendizaxe).
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPáxina web de acceso a Universidade. Aínda non sabes que carreira vas elixir? Coñécete, infórmate e decide. A selectividade: normativa, probas de acceso, exames, resultados das probas. Elixe a túa carreira: coñécete a ti mesmo, información sobre o mundo universitario, a universidade, estudar no estranxeiro, estudantes non españois. Educared fundación Telefónica.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarEspazo dedicado á difusión cultural. A sección Aula de Lengua ofrece varios recursos de apoio á aprendizaxe do castelán para o alumnado estranxeiro, pero contén outros moitos materiais que amosan o variado e amplo acervo que compón a cultura do español.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarActividades en
Flash para a aprendizaxe de tres idiomas: francés (primaria e ESO), inglés (ESO e bacharelato) e castelán (para alumnos estranxeiros).
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPáxina de orientación na que poderemos atopar recursos para as titorías e escolas de pais. Interesantes ligazóns para traballar nun centro educativo ou na propia casa.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPáxina especialmente interesante para atender as posibles necesidades, demandas e intereses de persoas con deficiencias auditivas.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarGuía imprimible de técnicas de traballo (uso do dicionario; selección, recollida e análise de información; resumo, etc.)
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarEnrédate con Unicef é un programa de Unicef que se encarga de promover a participación infantil e xuvenil no ámbito escolar. Baséase no enfoque teórico que propón a educación para o desenvolvemento.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPáxina sobre autismo. Recolle información sobre o xeito de afrontalo, bibliografía, información para os pais,etc.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPáxina dedicada a informar sobre a dislexia. Podemos atopar unha clasificación da súa evolución dependendo da idade do alumno, amais de causas, diagnóstico e tratamento para axudar a pais e profesores a encarar este problema.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarCon esta páxina poderemos coñecer a evolución das persoas con síndrome de Down dende os primeiros meses de vida ata a idade adulta. Interesante para pais e docentes.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarInformación interesante para pais e docentes sobre a ensinanza de linguaxes alternativas ante as novas tecnoloxías.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPáxina dedicada a diferentes sistemas alternativos de comunicación para persoas con deficiencias auditivas. Ofrecen interesantes buscadores de pictogramas, oracións e materiais didácticos interesantes para uso na escola e na casa.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarNEEDirectorio é unha porta de acceso a recursos, páxinas web e información relacionada coa Educación Especial e as Necesidades Educativas Especiais. Artigos sobre investigacións, experiencias didácticas, de formación, de innovación educativa, etc. teñen cabida dentro deste portal.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPáxina web do Plan Nacional sobre Drogas (PNSD), que é unha iniciativa gobernamental creada o ano 1985 destinada a coordinar e potenciar as políticas que, en materia de drogas, lévanse a cabo desde as distintas Administracións Públicas e entidades sociais en España.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarRede de recursos de educación para a paz, o desenvolvemento e a interculturalidade.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarFerramenta que facilita a accesibilidade para persoas con discapacidades visuais ou motóricas. É un lector de pantalla que permite procesar todos os textos dos programas executados no PC e reproducilos en voz sintetizada. Jaws 5.0 é unha versión completa en castelán, pero os usuarios que non dispoñan de ningún tipo de autorización poderán empregalo en versión demostración de 40 minutos. Cada vez que queira usarse JAWS durante outros 40 minutos haberá que reiniciar o equipo.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarRecurso didáctico que axuda a coñecer a historia e mais a cultura xitana. Materiais elaborados pola Comisión de Educación para o Programa de Desenvolvemento do Pobo Xitano.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarO Instituto Cervantes oferta unha páxina en que atopamos contos tradicionais acompañados de audio e un vídeo con linguaxe de signos
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPáxina do Colexio San Narciso de Marín. Recolle todo tipo de coñecementos e aspectos relacionados coa orientación académica relativas a: o centro, o departamento de orientación, profesorado, pais...
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarProxecto Fressa. Programas axeitados para que persoas con discapacidade motórica poidan ter acceso e traballar cun ordenador. Contén unha breve descrición de cada programa e permite descargalos. Algúns están dispoñibles en galego.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarTodas as titulacións que podes estudar. Mapa interactivo por comunidades coas universidades que podes atopar en cada provincia, tanto de titularidade pública como privada. Encontra a túa universidade ideal. Que debes facer para escoller unha universidade. Como está hoxe a universidade.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPáxina do CNICE (Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa). Que son os programas de diversificación curricular, disposicións que os regulan e características xerais.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarRecurso para traballar con nenos e nenas que necesiten apoio ou reforzo. Deseñado para que o logopeda poida traballar a imaxe, o son asociado á letra e o seu recoñecemento, amais da representación gráfica. Accesible para persoas cegas, xa que contempla a posibilidade de traballar coa máquina Perkins. Pódese realizar unha actividade de escritura espontánea con síntese de voz. Aínda que o acceso é gratuíto, necesítase rexistro de usuario.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPáxina do Instituto da Muller da Rexión de Murcia. Guía práctica con información sobre 130 profesións ás que podes acceder. Descrición de cada unha delas, saída profesional e laboral. Test de aptitudes profesionais de utilidade para coñecer un pouco mellor as posibilidades que poden adaptarse aos teus intereses e calidades persoais.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarCuestionario deseñado para identificar as túas técnicas de estudio. Consta de 70 preguntas que contestarás de forma anónima. Non ten respostas correctas nin erróneas.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarNa biblioteca virtual Cervantes, poderemos atopar dende poemas escritos e visibles en linguaxe signada como poemas e contos da nosa literatura. Tamén poderemos atopar información sobre os libros e documentación dedicados á educación das persoas xordas.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPrograma recollido do portal da Xunta de Andalucía que presenta imaxes e sons deseñados para alumnado con problemas motrices. Serve para traballar a lectura e a escritura relacionando imaxes e grafías cos obxectos a que se fai referencia.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarMaterial deseñado para traballar con aquelas persoas que teñen o seu primeiro contacto co castelán. Dispón de audio para tratar aspectos da comunicación coma o saúdo, as presentacións, os números, etc.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarRecurso da ONCE que pretende proporcionar unha ferramenta flexible para o entrenamento visual de alumnado deficiente visual mediante o emprego da informática convencional, establecendo un método de traballo motivante e atractivo para os usuarios. Permite un rexistro informático de todas as configuracións e resultados referidos a áreas de traballo, tarefas visuais e actividades realizadas polos usuarios a modo de avaliación. Esixe preparación das actividades antes de ser utilizado.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarProcesador de textos preditivos con voz. É un sistema que achega importantes novidades en tecnoloxía educativa que favorecen a accesibilidade a personas que presentan discapacidades motrices severas. Estimula os procesos de aprendizaxe no alumnado con deficiencias.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarConxunto de fichas para a súa utlización na aula con alumnado de reforzo ou de educación infantil clasificadas en carpetas según os contidos: números, letras, grafomotricidade, conceptos, construir e percepción visual.Preséntase en dous formatos: Corel e pdf. Co primeiro poderemos modificar as fichas ainda que necesitaremos ter instalado o programa Corel Draw.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarWeb elaborada polo grupo de traballo de mestres especialistas en audición e linguaxe do CPR de Zafra. Interesantes materiais que poden axudar aos profesionais para o desenvolvemento do labor cotián.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPrograma deseñado para, e aplicado a, persoas xordas prelocutivas. Pode ser útil tamén para calquera suxeito de entre 0 e 7 anos de idade con problemas perceptivos ou articulatorios, para suxeitos de calquera idade con atraso de aprendizaxe ou para persoas con deficiencias psíquicas.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarCuestionario de estilos de aprendizaxe. Instrumento de avaliación do conxunto de aspectos que conforman a maneira de aprender dun alumno.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarWeb en que se poden descargar distintos documentos en formato PDF ou Word para facer adaptacións curriculares. Tamén contén exemplos e teoría sobre as mesmas.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarMétodos, técnicas e hábitos para mellorar o rendemento nos estudos. 14 respostas desexables para ser un bo estudante. Por que son necesarios e que achegan os métodos de estudo. Planificación do teu tempo. O método: explorar, preguntar, ler, recitar e repasar (SQ3R). Técnicas e consellos. Os exames. Traballo en equipo (como preparalo).
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarTécnicas de estudo explicadas a través de 27 temas. Planificación do estudo. Apuntamentos. Lugar, tempo, fases e material de estudo. Lectura. Subliñado. Deberes. Memoria, trucos e técnicas mnemotécnicas. Preparación dos exames (orais e escritos). Presentación de traballos e traballo en grupo.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarCINENSINO. Programa de prevención de drogodependencia 2006/2007, englóbase dentro do contexto de educación para a saúde. Este programa utiliza como soporte base o cinema; mediante a proxección de tres películas. Ten unhas unidades didácticas para traballar cos alumnos secuenciadas en catro sesións por unidade. Cada sesión consta dunha serie de explicacións dirixidas polo profesor/a que permiten definir e orientar os contidos sobre os que se vai traballar e dunha serie de exercicios e de actividades que faciliten a reflexión e a participación do alumnado relacionados coa prevención do consumo de drogas.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarRecurso pedagóxico de educación para a saúde, información sobre sexualidade, diversión, afectividade e como coidarse. En cada unha das seccións podes poñer a proba os teus coñecementos coas distintas actividades presentadas. Test de actitudes sexuais, test para avaliar o teu estado de ánimo actual, test para avaliar o teu nivel de ansiedade.... Xogos e actividades, vive unha noite de marcha cos teus amigos.Webquest: decálogo para a convivencia, trátase dunha ferramenta de mellora da convivencia e do ambiente nos centros escolares.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarTest deseñado para identificar os teus intereses profesionais de Formación Profesional. Non hai respostas correctas ou erróneas, só debes contestar con sinceridade. Preséntanse actividades e contidos académicos das distintas familias profesionais. O test é anónimo e, unha vez que o fagas, obterás unha puntuación dentro de cada unha das familias profesionais.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPáxina web do Ministerio de Educación e Ciencia. Educación de Persoas Adultas. Información xeral, oferta educativa de educación básica, ensinanzas profesionais, ensinanzas preparatorias das probas de acceso a distintos niveis, convocatorias...
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarAcceso á páxina web de Universidades do Ministerio de Educación e Ciencia. Oferta universitaria con mapa interactivo coas prazas e notas de corte. Rexistro nacional de universidades españolas e acceso ao web das mesmas. Programas universitarios Europeos e Internacionais.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarTest deseñado para identificar os teus intereses profesionais universitarios. Non hai respostas correctas ou erróneas, só debes contestar con sinceridade. O test é anónimo, unha vez que o fagas obterás unha puntuación asociada a grupos dentro dos estudos universitarios.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarOrient@, portal de información y orientación profesional do Ministerio de Educación e Ciencia. Axúdate a tomar decisións sobre o teu futuro educativo, formativo e profesional. Oportunidades de aprendizaxe: que estudar, onde estudar, orientación para os estudos.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarGuía de ocupacións. Cuestionario de intereses/gustos, cuestionario de habilidades, cando rematas de cubrilo obtés unha relación das ocupacións máis idóneas para ti. A busca de ocupacións pódela facer por: materias escolares, como vistes no traballo, orde alfabética de ocupacións, tipo de actividade laboral, con que ou con quen queres traballar, o contorno de traballo.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPáxina de orientación para o emprego da Consejería de Educación y Ciencia do Principado de Asturias. Guía multimedia para facilitar o acceso ao traballo. Cinco personaxes mostrarán as estratexias que facilitan o acceso ou a incorporación ao mundo do traballo: autoanálise, probas de selección, currículo, carta de presentación, entrevista. En cada unha delas podes descargar exemplos en formato PDF.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarQue estudar? Onde estudar? Información para coñecer que titulación e onde podes estudar formación profesional de grao medio e de grao superior. Universidade. Busca por carreira ou por universidades.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarAplicación para a ensinanza-aprendizaxe do español con dúas partes ben diferenciadas; unha dirixida ao profesorado e outra ao alumnado. Consta de 7 unidades con actividades de ler e escribir, repaso e vocabulario. Unha vez descargada pode verse sen necesidade do cd orixinal.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPrograma para profesorado e alumnado dividido en cinco sesións coas unidades e contidos correspondentes. Oferta ligazóns a: diccionarios, conxugadores verbais, materiais didácticos, revistas, portais...
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarXogos de Unicef sobre consumo responsable e comercio xusto
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarMiniunidades didácticas para traballar con alumnado de primaria ou con alumnado estranxeiro. A través de animacións represéntanse accións da vida real para despois realizar actividades relacionadas con elas.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarCarlitos é a túa guía para o mundo hispanofalante. Este sitio está organizado por escenarios onde se ofrecen actividades para cada un dos temas abordados.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarMirar e tocar é unha ferramenta de apoio para profesionais. Permite realizar unha avaliación obxetiva de distintos niveis de visión para as persoas con discapacidades múltiples. Pode ser empregado mediante un switch, un rato ou co teclado. Pode ser configurada ampliamente permitindo unha importante personalización dependendo das necesidades do usuario.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPáxina especialmente deseñada para persoas de fala checa que queiran achegarse ao castelán.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarNesta ligazón poderemos atopar referencias e situacións reais para traballar en titorías ou na clase ordinaria a diversidade étnica e cultural, o racismo, a xenofobia, a tolerancia, a integración... e a convivencia en xeral. Os personaxes son adolescentes e xente nova de diferentes países que viven en España.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarEsta guía foi elaborada polo Comité Español de la Campaña Europea de la Juventud contra el Racismo, la Xenofobia, el Antisemitismo y la Intolerancia, co obxectivo de ofrecerlles aos educadores, ONG e ao movemento asociativo en xeral unha ferramenta útil para o desenvolvemento do seu traballo.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPretende ser un punto de encontro en lingua española sobre “Intervención educativa e discapacidade visual
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarLigazón en que poderemos atopar bastantes programas para descargar e poder traballar con motóricos, persoas con deficiencias auditivas, programas de lectura, etc.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarSoftware gratuíto especialmente deseñado para motóricos por Antonio Sacco. Posto a disposición de calquera usuario, o autor solicita comentarios e suxestións sobre o seu funcionamento e posibles melloras.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarExercicios interesantes de percepción visual. Moi ameno e intuitivo. Especialmente indicado para persoas con atraso intelectual e como exercicios de estimulación.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarPáxina de axuda e orientación para nais e pais con fillos en idade escolar. Os recursos a que se pode acceder son: saúde corporal, desenvolvemento psicolóxico, apoio á aprendizaxe, educar en valores, Internet, TV, videoxogos e convivencia na escola.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarGuía completa das titulacións universitarias. Información de 134 carreiras oficiais de centros públicos e privados coa súa descrición e as principais saídas profesionais.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarAcceso ás titulacións que se imparten nos campus universitarios da Coruña e de Ferrol. Información das diferentes carreiras, das súas saídas profesionais, das materias que se imparten en cada curso, e sobre o acceso a outras titulacións unha vez superado o 1º ciclo.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarWebquest de axuda para a elección da carreira que queres estudar o ano que ven. A túa vida é coma unha viaxe en que debes tomar importantes decisións, unha delas elixir unha carreira.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarAcceso ás titulacións que se imparten na Universidade de Santiago de Compostela. Información sobre as materias que se imparten en cada curso, requisitos para a admisión e acceso a outros estudos posteriores.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarGuía de titulacións da Universidade de Vigo. Relación de carreiras e, en cada unha delas, información sobre as materias impartidas por cursos.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarA webquest pretende que coñezas o tabaco, as sustancias que conten e o que pode producir no noso corpo para que sexas ti o que decidas. Teredes que traballar en grupos de cinco o seis e realizar un cómic ou unha mensaxe publicitaria sobre os efectos negativos do tabaco.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarA actividade que se propón consiste en investigar diversos aspectos das profesións que máis nos interesan. Na webquest hai que elaborar un profesiograma, gráfico ou ficha na que se describen as principais características dunha profesión: a titulación que se require, os estudos necesarios, as condicións de traballo, etc.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarA webquest pretende cambiar os conceptos de “Beber a tope” por “Vivir a tope”. Coa realización desta actividade poderás coñecer distintos tipos de diversión e reflexionar sobre os efectos do consumo de alcohol. Terás que elaborar un cadro sinóptico sobre as vantaxes e inconvenientes do consumo de alcohol.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarRecurso pedagóxico de educación para a saúde, información sobre sexualidade, diversión, afectividade e como coidarse. En cada unha das seccións podes poñer a proba os teus coñecementos coas distintas actividades presentadas. Test de actitudes sexuais, test para avaliar o teu estado de ánimo actual, test para avaliar o teu nivel de ansiedade... Xogos e actividades, vive unha noite de marcha cos teus amigos.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarEl mundo de Ana y Mía. Ana é o nome que moitas anoréxicas lle dan á anorexia nerviosa e considéranse mozas “pro-ANA”. Mía é o nome que lle dan á bulimia nerviosa, e son mozas “pro_MIA”. A verdade dun mundo perigoso, información sobre quen son Ana e Mía.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarA páxina forma parte da campaña “Tú eres más que una imagen”, deseñada pola ONG PROTÉGELES. Ofrece información sobre a anorexia nerviosa e a bulimia nerviosa, causas das mesmas, manifestacións biolóxicas e condutuais.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarLinguanet Europa é un centro multlilingüe para a aprendizaxe de idiomas. Na sección portuguesa podemos atopar dende test de nivel ata materiais de aprendizaxe ou ligazóns a chats onde conversar con outros estudantes de portugués lingua estranxeira.
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarTecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega. Páxina dun grupo de profesionais da nosa comunidade que, de xeito gratuíto, ofrece asesoramento sobre cuestións relativas á atención á diversidade e tecnoloxías da información e da comunicación (lexislación, recursos educativos, necesidades específicas e de apoio educativo de calquera tipo...). A páxina consta de seccións como: bitácoras, foros, unha relación das 40 mellores páxinas seleccionadas sobre recursos educativos, accesibilidade web, discapacidade...
Orixe: Ligazón Externa
ver imaxe -
valorarConxunto de fichas para descargar coas que podemos realizar exercicios de audición e linguaxe para alumnado de primaria e do primeiro ciclo de secundaria.
Orixe: Ligazón Externa