![]() | ||
|
||
UTILIDADES |
| IMAXE | NOME DO RECURSO | ORIXE |
![]() | Diccionario Salamanca Dicionario da lingua española. | ![]() |
![]() | Tradutor Apertium Servizo web gratuíto de tradución automática español-galego e galego-español do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo. Serve para obter traducións de documentos TXT, RTF ou HTML; traducir automaticamente o texto escrito na pantalla ou mesmo navegar en tempo real pola web con tradución automática instantánea das páxinas visitadas. Como con calquera outro sistema automático de tradución, cómpre revisar o resultado ofrecido pola aplicación para evitar erros. | ![]() |
![]() | Galizionario Dicionario de galego. Ademais de buscar palabras para saber o seu significado, podemos contribuír ao desenvolvemento do proxecto creando novas entradas e ampliando ou corrixindo as existentes. Ver proposta didáctica en Opcións > Profesorado. | ![]() |
![]() | Diccionario Clave SM Dicionario da lingua española. | ![]() |
![]() | DRAE Dicionario da Real Academia Española. | ![]() |
![]() | Dicionario CLUVI Inglés-Galego Trátase dun dicionario baseado na colección de textos ingleses traducidos ao galego que forma parte do Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI). Nesta versión 1.0 do CLIG, formada por 5.324 entradas e 7.998 traducións, introducíronse no dicionario as equivalencias inglés-galego máis frecuentes na sección consultada do CLUVI. | ![]() |
![]() | Großes Wörterbuch Englisch-Spanisch-Deutsch Completo dicionario alemán-inglés-castelán, sinxelo de usar e con posibilidade de traducir frases feitas. | ![]() |
![]() | Dix - Diccionario Alemán - Español Dicionario bilingüe castelán-alemán moi amplo. Traduce tamén expresións coloquiais e frases feitas. | ![]() |
![]() | Dicionario Richmond Dicionario bilingüe inglés-español/español-inglés. | ![]() |
![]() | OpenTrad Sistema de tradución automática que permite trasladar páxinas web, textos e documentos en formatos TXT, RTF e HTML do castelán ao galego, catalán e vasco e dende o galego e o catalán ao castelán | ![]() |
![]() | Servicio de traducción automática Tradutor do Instituto Cervantes que nos permite trasladar textos e páxinas web do castelán ao catalán, galego, portugués, inglés e francés e viceversa. | ![]() |
![]() | Xerador de papel para partituras Mediante esta sinxela aplicación en liña pode xerar distintos tipos de papel para partituras. Escolla entre as opcións e xere un PDF que pode gravar e imprimir as veces que desexe. | ![]() |
![]() | Xerador de papel milimetrado/pautado Moi útil para xerar papeis milimetrados, pautados, con grella isométrica, etc. para uso na aula. Funciona completamente en liña e unha vez escollidas as opcións (tipo de grella, tamaño) xera un ficheiro PDF que podemos gardar e imprimir as veces que queiramos. | ![]() |
![]() | OrtoGal Primeiro servizo web de corrección ortográfica do galego, ofertado gratuítamente polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo. | ![]() |
![]() | Xerador de Mapas de National Xeographic Os estupendos mapas de National Geographic, listos para descargar en PDF, imprimir e traballar con eles. Mapas en branco ou detallados da terra, dos continentes e por países individuais. | ![]() |
![]() | VOLG Vocabulario ortográfico da lingua galega. Dende a páxina da Real Academia pódese consultar esta lista de palabras normativas que permitirá aclarar dúbidas sobre terminacións, ortografía, xénero, etc. Atención ao código de cores que nos permitirá distinguir as solucións correctas das toleradas e das recomendadas. | ![]() |
![]() | Wordreference Dicionarios gratuítos en liña: español de definicións e de sinónimos e mais bilingües español-inglés/francés/portugués, inglés-español/francés/italiano, francés-español/inglés e italiano-inglés. | ![]() |
![]() | Dicionario de Galego Dicionario de galego normativo que incorpora as etimoloxías das palabras e a tradución ao portugués, ao castelán e ao inglés, idiomas nos que tamén se poden facer as buscas para atopar a equivalencia galega. | ![]() |