Imaxe co logotipo de Contidos Educativos
INICIO | imprimir

VIDEOTECA

Estes vídeos constitúen un conxunto de recursos visuais que a Consellería de Educación pon a disposición da comunidade educativa galega. O seu contido está destinado a uso didáctico e non comercial, polo que as accións, utilidades e produtos derivados da súa utilización non poderán xerar ningún tipo de lucro. Para uso educativo, o seu emprego é universal, aberto e gratuíto. O uso dos vídeos que aquí se conteñen supón a aceptación destas condicións.

Os vídeos poden verse en tempo real e sen esperas, directamente dende os nosos servidores. Para iso necesitará o REAL PLAYER 10 ou superior (PODE INSTALALO DENDE AQUÍ). Tamén poden descargarse no seu ordenador na version orixinal, normalmente .avi ou .wmv (son arquivos pesados, de entre 20 e 200 Mb, que poden tardar varios minutos en descargarse).

Atopáronse 12 rexistros.

A cova de ceza

ver imaxe - valorar
Vídeo didáctico en formato Flash no marco dunha exploración espeleolóxica a unha cova de tipo cárstico. Nel explícanse as precaucións que se deben tomar cando se entra nunha cova destas características, o material, a orixe da cova e os tipos de formacións calcáreas que se poden atopar.
Orixe:
Descargar o vídeo orixinal ao seu ordenador

A volta do xogo popular

ver imaxe - valorar
Vídeo en formato Flash que pretende recuperar a práctica dos xogos populares nos recreos, reivindicando o seu valor pedagóxico e cultural.
Orixe:
Descargar o vídeo orixinal ao seu ordenador

Educación viaria

ver imaxe - valorar
Vídeo sobre educación vial. Dispoñible en streaming (para Real Player) e para descargar en formato avi (Tamaño 30 Mb)
Orixe: Premios Siega
Descargar o vídeo orixinal ao seu ordenador

A forza do vento

ver imaxe - valorar
Vídeo de introdución á enerxía eólica. Dispoñible en streaming para Real Player e para descargar en formato .avi (16 Mb).
Orixe: Premios Siega
Descargar o vídeo orixinal ao seu ordenador

Xogos cooperativos

ver imaxe - valorar
Vídeo no que se explica a diferenza entre xogos cooperativos e competitivos e no que se fai un repaso de diferentes tipos de xogos cooperativos. Dispoñible en streaming para Real Player e en versión .avi para descargar (82 Mb).
Orixe: Premios Siega
Descargar o vídeo orixinal ao seu ordenador

Enerxía solar

ver imaxe - valorar
Vídeo dispoñible en streaming para Real Player e en versión .wmv para descargar (24 Mb).
Orixe: Premios Siega
Descargar o vídeo orixinal ao seu ordenador

Montaxe dun PC

ver imaxe - valorar
Colección de pequenos vídeos en streaming que amosan os compoñentes dun ordenador e o proceso de montaxe.
Orixe: Premios Siega
Descargar o vídeo orixinal ao seu ordenador

Breve introducción á serigrafía

ver imaxe - valorar
Vídeo que explica o proceso completo de realización dunha serigrafía, desde a creación da máscara, a produción das copias, etc, ata a reciclaxe final da máscara. Debido ao tamaño do vídeo orixinal, ofrecemos para descarga a versión comprimida en formato Real Player (15 Mb).
Orixe: Premios Siega
Descargar o vídeo orixinal ao seu ordenador

Nico

ver imaxe - valorar
Curtametraxe do IES Porto do Son que aborda o tema do acoso escolar. Recibiu o primeiro premio de Innovación Educativa, modalidade A, no ano 2006.
Orixe:
Descargar o vídeo orixinal ao seu ordenador

Proxecto Educativo: E por que?

ver imaxe - valorar
Unidades didácticas que atenden á educación infantil para a saúde presentando os perigos da vida doméstica con divertidos vídeos.
Orixe:
Descargar o vídeo orixinal ao seu ordenador

El Balance del Siglo. Cien años de economía española

ver imaxe - valorar
Serie de 8 documentais de visión directa en Internet sobre a historia de España nos últimos cen anos, centrada nos aspectos económicos. Dirixida por Iñaki Iriarte Goñi e producida por TVE, permítese a súa difusión con finalidade educativa. Necesita da última versión de Windows Media Player.
Orixe: Ligazón Externa
Descargar o vídeo orixinal ao seu ordenador

YouTube e as matemáticas

ver imaxe - valorar
Selección de vídeos educativos en Youtube de interese para Matemáticas e debuxo técnico
Orixe: Ligazón Externa
Descargar o vídeo orixinal ao seu ordenador