Imaxe co logotipo de Contidos Educativos
INICIO | imprimir

RECUNCHO DOS XOGOS

Atopáronse 15 rexistros.

Rato Paco

ver imaxe - valorar
As actividades e xogos do Rato Paco, que podes ver nesta páxina, son desenvolvidas polo Equipo de Novas Tecnoloxías do CEIP de Palmeira mediante unha aplicación totalmete gratuíta que permite crealas sen coñecemento ningún de programación, html, etc. A aplicación chámase Ardora e podes atopala neste mesmo portal en Opcións>Ferramentas, ou ben directamente en www.webardora.net.
Orixe: Premios Siega

Xogos-Ceip Manuel Fraga Iribarne

ver imaxe - valorar
Xogos propostos na páxina web do Ceip Manuel Fraga Iribarne, de Cariño.
Orixe: Premios Siega

O aforcado

ver imaxe - valorar
Xogo do aforcado co que podemos practicar léxico e ortografía dun xeito divertido.
Orixe: Dirección Xeral de Politica Lingüistica

O Preguntoiro

ver imaxe - valorar
Test visualmente atractivo con preguntas de arte, bioloxía, etnografía, historia, lingua, literatura, refráns e xeografía. Pódese xogar en solitario ou contra un, dous ou tres compañeiros.
Orixe: Dirección Xeral de Politica Lingüistica

Os quebracabezas da lingua

ver imaxe - valorar
Pulsa na imaxe para empezar a compoñer o quebracabezas. Se necesitas axuda preme no botón de para ver a imaxe que debes reconstruír ou fíxate nas imaxes de arriba.
Orixe: Dirección Xeral de Politica Lingüistica

Desfachicabola

ver imaxe - valorar
Simplemente tes que mover a pa da dereita (co rato ou coas teclas [arriba] e [abaixo]) de arriba a abaixo para que as bombas que andan pola pantalla non saian pola dereita.
Orixe: Dirección Xeral de Politica Lingüistica

Zumo de neuronas

ver imaxe - valorar
Simulador Java de xogos clásicos (4 en raia, cubo de Rubik...).
Orixe: Ligazón Externa

Crebacabezas Xaponeses

ver imaxe - valorar
Xoga en liña a xogos matemáticos tan adictivos coma o Sudoku ou tan imaxinativos coma o Edel. Non tes que ser un Einstein para quedares enganchado.
Orixe: Ligazón Externa

Xogos en liña de Greenpeace

ver imaxe - valorar
Xoga en liña a salvar os elefantes en perigo de África Central ou as baleas e peixes do Océano Pacífico ameazados polo tráfico de submarinos e a pesca salvaxe. No primeiro terás que transportar co helicóptero os elefantes perdidos á zona de reserva onde estarán seguros. No segundo terás que facer pompas coa balea azul e mais pulsar espazo para ser a balea rosa e emitir ondas que boten os submarinos fóra do mar.
Orixe: Ligazón Externa

octopuzzle

ver imaxe - valorar
Crebacabezas xeométrico baseado en triángulos que permite desenvolver a creatividade.
Orixe: Ligazón Externa

Learning Vocabulary can be fun

ver imaxe - valorar
Aprender vocabulario de inglés pode resultar moi divertido con estes xogos educativos. Palabras cruzadas, encrucillados, o aforcado...
Orixe: Ligazón Externa

Cubo de Rubik

ver imaxe - valorar
Miniaplicación que simula o cubo de Rubik, un dos pasatempos matemáticos máis populares e retadores dos últimos anos.
Orixe: Ligazón Externa

Construíndo casas (building houses)

ver imaxe - valorar
Estupendo xogo 3D para densevolver a visión espacial. Propón unha serie de creabacabezas que nos ofrecen planta, alzado e perfil dunha peza que hai que construír a base do mínimo número de cubos. Advertencia: parece doado, pero non o é!!
Orixe: Ligazón Externa

Logic 3D

ver imaxe - valorar
Xogo moi entretido que consiste en unir os puntos de igual cor sen que os camiños se crucen. Moi sinxelo de xogar, pero precisa da lóxica para ir completando niveis.
Orixe: Ligazón Externa

Xogo de cálculo mental

ver imaxe - valorar
Xoga contra o reloxo para resolver o maior número de multiplicacións posible. Este programa axudarache a mellorar a túa capacidade de cálculo
Orixe: Ligazón Externa Descargar o vídeo orixinal ao seu ordenador